Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 03 de marzo de 1998 Páx. 2.125

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (284/1997).

María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela e o seu partido,

Fago saber que no xuízo executivo de referencia se dictou a sentencia que no encabezamento e parte dispositiva ten o teor literal seguinte:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o dous de febreiro de mil novecentos noventa e oito.

José Gómez Rey, maxistrado-xuíz de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela e o seu partido, despois de ve-los presentes autos de xuízo executivo seguidos ante este xulgado, entre partes, dunha, como demandante, Banco Bilbao Vizcaya, S.A., representado polo procurador Ricardo García Piccoli Atanes e baixo a dirección do letrado Fernando Torres Álvarez, e da outra, como demandados, José Antonio Espiñeira Gómez e Margarita Canedo Souto, que figuran declarados en rebeldía, en reclamación de cantidade, e,

Decido que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada contra José Antonio Espiñeira Gómez e Margarita Canedo Souto ata facer remate dos bens embargados e co seu importe íntegro pagamento a Banco Bilbao Vizcaya, S.A. da cantidade dun millón cento corenta e oito mil novecentos setenta e seis de principal e os xuros correspondentes e custas causadas e que se causen, nas cales expresamente condeno os ditos demandados. Así, por esta miña sentencia, que pola rebeldía dos demandados se lles notificará no propio xulgado, e no BOP, no caso de non se solicita-la súa notificación persoal, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que sirva de notificación de sentencia ós demandados José Antonio Espiñeira Gómez e Margarita Canedo Souto, expídese este edicto, que se inserirá no BOP e taboleiro de anuncios deste xulgado.

En Santiago de Compostela o seis de febreiro de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado