Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 03 de marzo de 1998 Páx. 2.125

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (470/1997).

En autos de xuízo de cognición seguidos co número 470/1997, por instancia do Banco Central Hispanoamericano, S.A., contra Viajes Franqueira, S.L., sobre cognición, dictouse a resolución do teor literal seguinte:

Proposta de resolución. Secretaria María Begoña Arroyo Martín.

En Santiago de Compostela o cinco de febreiro de mil novecentos noventa e oito.

O anterior escrito presentado polo procurador García-Piccoli Atanes únase ós autos da súa razón. E como nel se solicita, sendo descoñecido o domicilio da demandada Viajes Franqueira, S.L., emprácese

mediante edictos que se publicarán no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado, co fin de que o prazo de nove días improrrogables compareza en autos.

O despacho do interesado entregaráselle á parte demandante para que coide da súa dilixenciación.

O que así se propón e asina. Dou fe.

E como consecuencia do ignorado paradoiro da demandada Viajes Franqueira, S.L., expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación e emprazamento en Santiago de Compostela o cinco de febreiro de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado