Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 03 de marzo de 1998 Páx. 2.126

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 1998 pola que se anuncia o concurso de anteproxectos arquitectónicos para a construcción dun auditorio en Cangas (Pontevedra).

Obxecto: selección dun anteproxecto conforme o que se realice o correspondente proxecto básico e

de execución para a construcción do devandito auditorio.

Concursantes: os sinalados no prego de bases do concurso.

Inscrición: formalizada en escrito dirixido ó director xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, debendo presentalo no rexistro xeral de tal consellería en Santiago de Compostela, antes das 12 horas do vixésimo

día contado desde o seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Relación de admitidos: acordada pola mesa de contratación, divulgarase o décimo quinto día contado a partir da terminación do prazo de presentación de solicitudes.

Retirada de documentación: inmediatamente despois da divulgación da relación de admitidos, recolléndoa a Dirección Xeral de Urbanismo (Santiago de Compostela).

Prazo de presentación de anteproxectos: ata as 12 horas do sesaxésimo día natural a partir da data de publicación da resolución da mesa de contratación.

Decisión do xurado: antes de transcorridos trinta días desde o remate do prazo de presentación dos anteproxectos.

Bases: poderán recollerse na Dirección Xeral de Urbanismo na citada consellería, que ten as súas dependencias sitas no edificio San Caetano, na cidade de Santiago de Compostela, inmediatamente despois da publicación deste anuncio.

Premios: un primeiro dun millón de pesetas (1.000.000 de pesetas), xuntamente co encargo do desenvolvemento do proxecto e/ou proxectos de execución e dirección das obras, tendo a consideración de pagamento a conta dos honorarios de tales proxectos; un segundo premio de cincocentas mil pesetas (500.000 pesetas), e dous accésits, a xuízo do xurado, por duascentas cincuenta mil pesetas (250.000 pesetas) cada un.

Importe dos anuncios: o importe dos inseridos no Diario Oficial de Galicia e, se fora o caso, nun xornal de ampla difusión de Galicia, será por conta dos concursantes premiados.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 1998.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda