Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 02 de marzo de 1998 Páx. 2.081

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DE VIGO

EDICTO de notificación de sentencia (502/1997).

Vigo, vintenove de setembro de mil novecentos noventa e sete.

Tralos autos de xuízo de desafiuzamento número 502/1997, seguidos por instancia da Comunidade de Bens San Andrés, con domicilio en Camiño do Caramuxo número 37-39 (Vigo), representada pola procuradora Rosa Seijo Novoa e asistida polo avogado Alberto Alonso Feliú, fronte a Julia Romero Salazar, con DNI 52.440.186 domiciliada en Avda. Ricardo Mella número 29, interior, baixo (Vigo), Emilio Jiménez Silva, con DNI número 36.012.068 domiciliado en Avda. Ricardo Mella número 29 interior, baixo (Vigo), Avelino Romero Salazar, con domicilio en Avda. Ricardo Mella número 31, interior, baixo (Vigo), Ana María Gabarri Borja, con domicilio en Avda. Ricardo Mella número 31 interior, baixo (Vigo), José Antonio Jiménez Romero, con domicilio en Avda. Ricardo Mella número 33,

interior, baixo (Vigo) e María Isabel Barrul Romero, con domicilio en Avda. Ricardo Mella número 33, interior, baixo (Vigo), seren vistos por Franciso Javier Romero Costas, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dez de Vigo.

Antecedentes de feito.

Primeiro: a parte actora presentou demanda de desafiuzamento fronte a Julio Romero Salazar, Emilio Jiménez Silva, Avelino Romero Salazar, Ana María Gabarri Borja, José Antonio Jiménez Romero e María Isabel Barrul Romero, na cal despois de expo-los feitos e os fundamentos de dereito, rematou suplicando «dicte sentencia estimatoria da demanda e declare que os demandados ocupan en concepto de precario os inmobles descritos e condenándoos a estar e pasar pola dita declaración e igualmente a abandonar, deixándoos libres e á enteira disposición do meu principal os inmobles escritos, apercibíndoos de que de non verificalo no prazo de lei procederase ó seu lanzamento xudicial, e se impoñan custas ós demandados».

Segundo: tras se-la demanda admitida a trámite convocándose ás partes a xuízo, comparecendo a parte actora e non facéndoo os demandados; os cales foron, por esta causa citados por segunda vez baixo o apercibimento a que atinxe o artigo 1577 da Lei de axuizamento civil, sen que tampouco comparecesen nesta segunda citación, e no acto do xuízo, a parte demandante reproduciu a súa papeleta inicial solicitando que se dictase sentencia declarando que o desafiuzamento procede.

terceiro: na tramitación deste procedemento observáronse tódalas prescricións legais.

Fundamentos de dereito.

Primeiro: que por mor da incomparecencia dos demandados, e por aplicación do artigo 1578 da Lei de axuizamento civil, cómpre estima-la demanda declarando procedente o desafiuzamento pola causa experesada na demanda.

Segundo: que as custas son de imposición legal á parte demandada, a teor do disposto nos artigos 523 e 1582 da Lei de axuizamento civil.

Tras seren vistos os devanditos artigos, ademais doutros de aplicación ó caso decido que estimando a demanda formulada pola procuradora Rosa Seijo Novoa en nome e representación da Comunidade de Bienes San Andrés, fronte a Julia Romero Salazar, Emilio Jiménez Silva, Avelino Romero Salazar, Ana María Gabarri Borja, José Antonio Jiménez Romero e María Isabel Barrul Romero, é mester declarar e de feito declároo que os ditos demandados ocupan en concepto de precario os terreos situados en Vigo entre o Camiño do Caramuxo e a Avenida Ricardo Mella e as vivendas situadas na Avenida Ricardo Mella número 29, interior, baixo, nº 31 interior, baixo e 33 interior, baixo, obxecto de litis, condenándoos a que os desaloxen dentro do prazo legal, con apercibimento de seren lanzados de non o facer, e impóndolles as custas deste xuízo.

Deste xeito, por esta sentencia miña, que será firme de non se interpor recurso de apelación fronte a ela dentro dos tres días seguintes ó da súa notificación, perante este órgano xudicial, mediante escrito no cal se terán que expo-las alegacións en que a impugnación se sustente, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Rubricado