Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 02 de marzo de 1998 Páx. 2.080

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 1998 de corrección de erros da do 29 de xullo de 1997 pola que se convoca concurso público para a provisión de diversas prazas de corpos docentes universitarios (Diario Oficial de Galicia número 165, do 28 de agosto).

Detectado erro na publicación da Resolución do 29 de xullo de 1997 (Diario Oficial de Galicia nº 165, do 28 de agosto) da universidade de Vigo, pola que se convoca concurso público para a provisión de diversas prazas de corpos docentes universitarios

e de conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

Este rectorado,

RESOLVE:

Primeiro.-Corrixi-lo erro padecido e así:

*Páx. 8.312-praza 61/1997.

-Onde di: actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en materias da área.

-Debe dicir: actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en materias audiovisuais.

Segundo.-Conceder un novo prazo de vinte días hábiles a partir do día seguinte a aquel no que teña lugar a publicación desta corrección de erros no BOE para a admisión de novas solicitudes respectándose os dereitos adquiridos dos xa admitidos.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no BOE.

Vigo, 10 de febreiro de 1998.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo