Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 02 de marzo de 1998 Páx. 2.082

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ORDES

EDICTO de poxa(15/1997).

Eu, Carmen Veiras Suárez, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Ordes e o seu partido, fago saber que nos autos de procedemento xudicial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria, que se seguen neste xulgado co nº 00015/1997, por instancia do Banco Pastor, S.A., representado polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, contra José Fernando Suárez Botana e María Amparo Suárez Pazos, se acordou sacar á venda en poxa pública, por termo de vinte días, os predios que se describen ó final e dos cales o remate terá lugar nas datas e baixo as condicións seguintes:

Sinalamentos das poxas:

A primeira poxa terá lugar o día 3 de abril de 1998, ás 11.30 horas.

A segunda poxa terá lugar o día 30 de abril de 1998, ás 11.30 horas.

A terceira poxa terá lugar o día 26 de maio de 1998 ás 11.30 horas.

Condicións das poxas:

1ª Os autos e a certificación do Rexistro da Propiedade están de manifesto na secretaría deste xulgado.

2ª Entenderase que todo licitador acepta como suficiente a titulación, e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do demandante, continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles, sen que se estime para a súa extinción o prezo de remate.

3ª Para tomar parte na primeira poxa tódolos licitadores deberán consignar previamente na conta de depósitos e consignacións xudiciais deste xulgado no Banco de Bilbao Vizcaya, unha cantidade igual, polo menos, ó 20% do tipo pactado na escritura de constitución da hipoteca. O acredor demandante poderá concorrer como licitador a tódalas poxas e non precisará consignar ningunha cantidade para tomar parte na licitación. Non se admitirá ningunha oferta que sexa inferior ó devandito tipo.

4ª As ofertas poderanse facer en calidade de cederlle o remate a un terceiro.

5ª En tódalas poxas, desde o anuncio ata que teñan lugar, poderanse facer ofertas por escrito en prego pechado, achegando o xustificante de ter ingresado na conta de depósitos e consignacións deste xulgado o 20% do tipo. Os pregos conservaranse pechados e serán abertos no acto da licitación, o se publica-las ofertas, e producirán os mesmos efectos cás que se realicen no devandito acto.

6ª En prevención de que non houbese licitador na primeira, convócase unha segunda poxa coa rebaixa do 25% do tipo da primeira, coas condicións desta, debendo os licitadores consignar previamente na conta de depósitos e consignacións xudiciais deste xulgado unha cantidade igual, polo menos, ó 20% do devandito tipo, para que poidan participar nela.

7ª A terceira poxa, se é o caso, convócase sen suxeición a tipo, nas mesmas condicións cás anteriores debendo consigna-los licitadores, para poderen participar nela, unha cantidade igual, polo menos, ó 20% do tipo da segunda.

Predio/s que se poxan e o seu tipo:

1. Concello de Ordes. Parroquia de Vilamaior. Lugar de Ameixeiras. Monte Tarandeira de diante, de 26 áreas, 98 centiáreas que segundo media recente deu 28 áreas, 26 centiáreas. Linda: norte, terreo que colonea Ramón Suárez Viqueira, hoxe propiedade de José Suárez Núñez; sur, colonea Manuel García Bascoy, hoxe propiedade dos herdeiros de Ramón Gende Ferreiro, leste, autoestrada e oeste muro propio e camiño a Adina. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ordes, tomo 593, libro 147, folio 176, predio 10.983. Tipo da poxa: 2.982.000 pesetas.

E para que así conste e para a súa publicación no taboleiro de anuncios deste xulgado e no Diario Oficial de Galicia, expido e asino o presente edicto en Ordes o un de febreiro de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado