Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 02 de marzo de 1998 Páx. 2.082

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE RIBEIRA

EDICTO (22/1997).

Marina Pilar García de Evan, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Ribeira,

CERTIFICO:

Que nos autos que máis adiante se dirá recaeu sentencia que no encabezamento e parte dispositiva dí:

«Sentencia.-En Ribeira o 4 de xullo de mil novecentos noventa e sete. Celia Carmen Rodríguez

Arias, xuíza de provisión temporal do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres dos desta localidade, dictou a presente resolución no xuízo de faltas nº 22/1997. Foi citado o Ministerio Fiscal, que estivo representado polo fiscal da Audiencia Provincial da Coruña. Foron igualmente citados en legal forma o denunciante Juan Pablo García Domínguez e o denunciado Basilio Rodríguez Tilve. Parte dispositiva.-Debo condenar e condeno a Basilio Rodríguez Tilve, como autor dunha falta de lesións, tipificada no Art. 617-1º do Código Penal, á pena dun mes de multa a razón de 1.000 pesetas día-multa, e a que indemnice a Juan Pablo García Domínguez na cantidade de 10.000 pesetas polos cinco días de curación e 273 pesetas polos gastos farmacéuticos. Con imposición das custas procesuais ó denunciado condenado. Así, por esta miña sentencia, que se notificará coas prevencións contidas no Art. 248-4º da Lei orgánica do poder xudicial, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación a Basilio Rodríguez Tilve expido e asino este edicto.

Ribeira, tres de febreiro de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado