Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Venres, 27 de febreiro de 1998 Páx. 2.039

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ORDES

EDICTO de poxa (85/1997).

Carmen Veiras Suárez, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Ordes e o seu partido,

Fago saber que nos autos do procedemento xudicial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria, que se seguen neste xulgado co número 85/1997, por instancia de Caixa de Aforros de Galicia, representado polo procurador Ricardo García-Piccoli Atanes, contra Eduardo González Pena e María del Carmen Pena López, acordouse sacar á venda en poxa pública, polo termo de vinte días, o predio que se describe ó final; o remate terá lugar nas datas e baixo as condicións seguintes:

Datas e horas para as poxas:

Primeira poxa, celebrarase o día 3 de abril de 1998 ás 11 horas.

Segunda poxa, celebrarase o día 30 de abril de 1998 ás 11 horas.

Terceira poxa, celebrarase o día 26 de maio de 1998, ás 11 horas.

Condicións das poxas:

1ª. Os autos e a certificación do Rexistro da Propiedade están á vista na secretaría deste xulgado.

2ª. Entenderase que todo licitador acepta como basante a titulación e que as cargas ou gravames anteriores e os preferenes, se os houber, ó crédito do demandante continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

3ª. Para tomaren parte na primeira poxa, tódolos ofertantes deberán consignar previamente na conta de depósitos e consignacións xudiciais deste xulgado no Banco Bilbao Vizcaya, unha cantidade igual, polo menos, ó 20 por 100 do tipo pactado na escritura de constitución da hipoteca. O acredor demandante poderá concorrer como ofertante a tódalas poxas e non precisará consignar cantidade ningunha para tomar parte na licitación. Non se admitirá oferta que sexa inferior ó dito tipo.

4ª. As ofertas poderanse facer en calidade de cede-lo remate a un terceiro.

5ª. En tódalas poxas, desde o anuncio ata a súa celebración, poderanse facer ofertas por escrito en prego cerrado, xuntando resgardo acreditativo do ingreso na conta de depósitos e consignacións deste xulgado do 20 por 100 do tipo. Os pregos conservaranse cerrados e serán abertos no acto da licitación, ó publicarse as ofertas, e producirán os mesmos efectos que as que se realicen no dito acto.

6ª. En prevención de que non houbese licitador na primeira, convócase unha segunda poxa con

rebaixa do vintecinco por cento do tipo da primeira, baixo as mesmas condicións que esta; os licitadores deberán consignar previamente na conta de depósitos e consignacións xudiciais deste xulgado unha cantidade igual, polo menos, ó 20 por 100 do dito tipo para poderen participar nela.

7ª. A terceira poxa, se for o caso, convócase sen suxeición a tipo, nas mesmas condicións que as anteriores, e os licitadores, para poderen participar, deben consignar nela unha cantidade igual, polo menos, ó 20 por 100 do tipo da segunda.

Predio que se vai poxar e tipo.

1. Concello do Val do Dubra. Parroquia de Portomouro, lugar de Entrepontes, 76. Predio número cinco, piso esquerda ou letra B, sitúase en parte da planta de alzada, destinado a vivenda, ocupa unha superficie útil duns 60 m. Limita: fronte (sur), co piso dereita, caixa e descanso de escaleiras; espalda (norte), coa parcela de Manuel Alvite Herrero e esposa; dereita (leste), con estrada de Cacharoza a Santiago de Compostela e caixa de escaleiras; esquerda (oeste), descanso de escaleiras e voo sobre o terreo a modo de terraza, anexo ó predio número un (semisoto do mesmo edificio). Ten como anexo o rocho, situado sobre o seu propio teito, no faiado, sinalado co número un, dunha superficie duns 60 m. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ordes, tomo 514, libro 70 do Val do Dubra, folio 202, predio nº 12.173. Tipo de poxa: 8.820.000 pesetas.

E para que así conste e para a súa publicación no taboleiro de anuncios deste xulgado, no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado, expido e asino o presente edicto en Ordes o un de febreiro de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado