Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Venres, 27 de febreiro de 1998 Páx. 2.040

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ORDES

EDICTO de poxa (322/1997).

Carmen Veiras Suárez, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Ordes e seu partido,

Fago saber que nos autos do procedemento xudicial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria, que se seguen neste xulgado co número 322/1997, por instancia de Caixa de Aforros de Galicia, representado polo procurador Ricardo García Picoli Atanes, contra Jesús Freire Lodeiros e Mª Mercedes Domínguez Ruiz, acordouse sacar á venda en poxa pública, polo termo de vinte días, o predio que se describe ó final;

o remate terá lugar nas datas e baixo as condicións seguintes: Datas e horas para as poxas:

Primeira poxa, celebrarase o día 3 de abril de 1998 ás 10.30 horas.

Segunda poxa, celebrarase o día 30 de abril de 1998 ás 10.30 horas.

Terceira poxa, celebrarase o día 26 de maio de 1998, ás 10.30 horas.

Condicións das poxas:

1ª Os autos e a certificación do Rexistro da Propiedade están á vista na secretaría deste xulgado.

2ª Entenderase que todo licitador acepta como bastante a titulación e que as cargas ou gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do demandante continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles, sen destinarase á súa extinción o prezo de remate.

3ª Para tomaren parte na poxa, tódolos ofertantes deberán consignar previamente na conta de depósitos e consignacións xudiciais deste xulgado no Banco Bilbao Vizcaya, unha cantidade igual, polo menos, ó 20 por 100 do tipo pactado na escritura de constitución da hipoteca. O acredor demandante poderá concorrer como ofertante a tódolas poxas e non precisará consignar cantidade ningunha para tomar parte na licitación. Non se admitirá oferta que sexa inferior ó dito tipo.

4ª As ofertas poderanse facer en calidade de cede-lo remate a un terceiro.

5ª En tódalas poxas, desde o anuncio ata a súa celebración, poderanse facer ofertas por escrito en prego cerrado, xuntando resgardo acreditativo do ingreso na conta de depósitos e consignacións deste xulgado do 20 por 100 do tipo. Os pregos conservaranse cerrados e serán abertos no acto da licitación, ó publicarse as ofertas, e producirán os mesmos efectos que as que se realicen no dito acto.

6ª En prevención de que non houbese licitador na primeira, convócase unha segunda poxa con rebaixa do vintecinco por cento do tipo da primeira, baixo as mesmas condicións que esta, os licitadores deberán consignar previamente na conta de depósitos e consignacións xudiciais deste xulgado unha cantidade igual, polo menos, ó 20 por 100 do dito tipo para poderen participar nela.

7ª A terceira poxa, se for o caso, convócase sen suxeición a tipo, nas mesmas condicións que as anteriores, e os licitadores, para poderen participar, deben consignar nela unha cantidade igual, polo menos, ó 20 por 100 do tipo da segunda.

Predio que se vai poxar e tipo.

Concello de Oroso, parroquia de Barciela, lugar de Sigüeiro. Local número sete. Vivenda letra A), da planta segunda, con acceso polo portal I, ou do

sur. Ten unha superficie aproximada de 75 m: Limita: norte decanso de acceso e vivenda letra B); sur, Rúa do Mediodía; leste, vivendas letras B) e C), e descanso de acceso; e oeste, Rúa de Insua. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ordes, tomo 573, libro 78 de Oroso, folio 125, predio número 8.440. Tipo de poxa: 9.000.000 de pesetas.

E para que así conste e para a súa publicación no taboleiro de anuncios deste xulgado, no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado, expido e asino o presente edicto en Ordes o un de febreiro de mil novecientos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado