Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Venres, 27 de febreiro de 1998 Páx. 2.041

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (167/1997).

En providencia da data, dictada polo maxistrado-xuíz deste xulgado, no xuízo verbal de faltas número 167/1997, que se segue por lesións en agresión, cítase a Teresa Marchán de Dios e Mª Josefa Ferreira Domínguez para que o vindeiro día seis de marzo, ás 11 horas, comparezan perante a sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa Viena s/n, polígono das Fontiñas desta cidade, co obxecto de asistiren á celebración do dito xuízo, en calidade de denunciante e denunciada respectivamente, baixo apercibimento de que se non o verifican nin alegan xusta causa para deixar de facelo, poderán ser multadas conforme a lei e recaer sobre elas os prexuízos ós que houbese lugar en dereito, podendo, se son parte, ser asistidas por avogado e debendo acudir ó xuízo coas probas das que tenten valerse. E para que así conste e lles sirva de citación en forma a Teresa Marchán de Dios e Mª Josefa Ferreira Domínguez, en paradoiro descoñecido, expido a presente cédula en Santiago de Compostela o dez de febreiro

de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado