Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Venres, 27 de febreiro de 1998 Páx. 2.038

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ORDES

EDICTO de poxa (324/1997).

Carmen Veiras Suárez, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Ordes e o seu partido, fago saber que nos autos do procedemento xudicial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria, que se seguen neste xulgado co número 324/1997, por instancia de Caixa de Aforros de Galicia, representado polo procurador Ricardo García-Piccoli Atanes, contra Manuel Villaronga Castro e Dolores Rivas Iglesias, acordouse sacar á venda en poxa pública, polo termo de vinte días, os predios que se describen ó final; o remate terá lugar nas datas e baixo as condicións seguintes:

Datas e horas para as poxas:

Primeira poxa: celebrarase o día 3 de abril de 1998 ás 10 horas.

Segunda poxa: celebrarase o día 30 de abril de 1998 ás 10 horas.

Terceira poxa: celebrarase o día 26 de maio de 1998, ás 10 horas.

Condicións das poxas:

1ª Os autos e a certificación do Rexistro da Propiedade están á vista na secretaría deste xulgado.

2ª Entenderase que todo licitador acepta como bastante a titulación e que as cargas ou gravamenes anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do demandante continuarán subsistente, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles, sen destinarase á súa extinción o prazo do remate.

3ª Para tomaren parte na poxa, tódolos ofertantes deberán consignar previamente na conta de depósitso e consignacións xudiciais deste xulgado no Banco Bilbao Vizcaya, unha cantidade igual, polo menos, ó 20 por 100 do tipo pactado na escritura de constitución da hipoteca. O acredor demandante poderá concorrer como ofertante a tódolas poxas e non precisará consignar cantidade ningunha para tomar parte na licitación. Non se admitirá oferta que sexa infierior ó dito tipo.

4ª As ofertas poderanse facer en calidade de cede-lo remate a un terceiro.

5ª En tódalas poxas, desde o anuncio ata a súa celebración, poderanse facer ofertas por escrito en prego cerrado, xuntando resgardo acreditativo do ingreso na conta de depósitos e consignacións deste

xulgado do 20 por 100 do tipo. Os pregos conservaranse cerrados e serán abertos no acto da licitación, ó publicarse as ofertas, e producirán os mesmos efectos que as que se realicen no dito acto.

6ª En prevención de que non houbese licitador na primeira, convócase unha segunda poxa con rebaixa do vintecinco por cento do tipo da primeira, baixo as mesmas condicións que esta; os licitadores deberán consignar previamente na conta de depósitos e consignacións xudiciais deste xulgado unha cantidade igual, polo menos, ó 20 por 100 do dito tipo para poderen participar nela.

7ª A terceira poxa, se for o caso, convócase sen suxeición a tipo, nas mesmas condicións que as anteriores, e os licitadores, para poderen participar, deben consignar nela unha cantidade igual, polo menos, ó 20 por 100 do tipo da segunda.

Predio que se vai poxar e tipo:

1. Concello e vila de Ordes. En edificio na Avda. de José Antonio, hoxe sinalado co nº 91 de goberno: urbana. Local nº un. Planta baixa. É un local sen dividir. Superficie útil 268 m con 86 dm. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ordes, tomo 593, libro 147, folio 61, prdio nº 12.534. Tipo da poxa: 21.268.800 pesetas.

2. Concello e vila de Ordes. En edificio na Avda. de José Antonio, hoxe sinalado co nº 91 de goberno: urbana. Local nº tres. Piso primeiro da dereita entrando no edificio. Vivenda tipo A destinada a vivenda. Superficie útil de 122 m con 45 dm. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ordes, tomo 593, libro 147, folio 62, predio nº 12.538. Tipo de poxa: 12.504.500 pesetas.

3. Concello e vila de Ordes. Nos temos do barrio Vista Alegre: rústica. Labradío e monte chamado Quintas, de tres ferrados, tres cuartillos e tres cuartos, correspondendo a labradío un ferrado e vinte cuartillos. Limita: norte, fillos de Jesús Castro del Río: sur, gabia do muro de cerramento en monte Jesusua Cancelada Salgueiro; leste, fillos de Jesús Castro del Río e oeste, Antonio Castro del Río. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ordes, tomo 593, libor 147, folio 63, predio nº 8.865. Tipo de poxa: 3.675.700 pesetas.

4. Concello e vila de Ordes. Soar no lugar de Quintas, de 106 m con 45 dm. Limita: norte, edificio de Manuel Villaronga Castro e outros (nº 91 da Avda. José Antonio); sur, labradío de herdeiros de José Viqueira Martínez; leste, María del Carmen Castro Suárez; e oeste, Dolores Castro del Río. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ordes no tomo 522, libro 130, folio 212, predio nº 19.675. Tipo de poxa 445.000 pesetas.

E para que así conste e para a súa publicación no taboleiro de anuncios deste xulgado, no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado, expdio e asino o presente edicto en Ordes o trinta de xaneiro de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado