Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 26 de febreiro de 1998 Páx. 1.992

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da iniciación dos expedientes sancionadores de caza C-45/97 e dous máis, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós denunciados cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación, as iniciacións dos correspondentes expedientes sancionadores por infracción da Lei de caza do 4-4-1970 (BOE do 6), Decreto 506/1971, do 25 de marzo, polo que se aproba o Regulamento para execución da Lei 1/1970, de caza e da Lei 4/1997, do 25 de xuño (DOG 11), de caza de Galicia.

Noméase instructora do procedemento a Paloma Quiroga López e secretaria a Mª Consuelo Núñez Castro, funcionarias da Xunta de Galicia. A resolución será acordada polo delegado provincial desta

consellería (Decreto 482/1997, do 30 de decembro, DOG do 8-1-1998, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente).

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita na Ronda da Muralla, 70, e presenta-las alegacións e documentos que considere convenientes na súa defensa. Así como para a recusación das persoas designadas como instructora e secretaria en calquera momento da tramitación do procedemento.

O pago voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial.

ANEXO

Expediente: C-45/97.

Denunciado: José Luis Cabana Ramil.

DNI: 33.321.638.

Enderezo: rúa Trapero Pardo 15-1º-Lugo.

Feitos imputados: ser sorprendido dedicándose á caza de paspallás, sen estar en posesión do preceptivo permiso no terreo sometido a réxime cinexético especial, así como carecer da guía sanitaria expedida polo veterinario titular da zona de onde proceden os exemplares de paspallás que levaba, carecendo da mesma maneira da autorización de solta de caza viva expedida pola Delegación de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo, o día 14-5-1997, no couto LU-10.039, dentro da zona sinalada como caza permanente-Guntín.

Preceptos infrinxidos: 48.1.8, 48.1.23, 48.2.14 do Decreto 506/1971, do 25 de marzo (BOE do 30), polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei de caza do 4-4-1970 (BOE do 6), en relación co artigo 6 da orde de vedas do 26-8-1997 (DOG do 3-9-1997) e 48.2.22 en concordancia co artigo 34.3º.

Cualificación infracción: grave.

Sanción: 5.000 ptas.

Expediente: C-100/97.

Denunciado: Ángel Rivas Fernández.

DNI: 33.846.448.

Enderezo: r/ Miguel de Cervantes, 26-3º D-Lugo.

Feitos imputados: estar en posesión en época de veda de seis coellos mortos de monte autóctono dos que non pode xustificar suficientemente a súa procedencia. Feitos constatados o 22-10-1997 na estrada C-640-Muxa-Lugo.

Preceptos infrinxidos: 57.34º da Lei 4/1997.

Cualificación infracción: leve.

Sanción: 10.000 ptas.

Expediente: C-155/97.

Denunciado: Manuel Vázquez Duro.

DNI: 76.486.393.

Último enderezo coñecido: rúa Fenir, 2, Santiago de Compostela, A Coruña.

Feitos imputados: cazar en terreos sometidos a réxime cinexético especial, sen cobrar peza ningunha, non estando en posesión do preceptivo permiso de couto. Feitos constatados o día 23-11-1997 no couto de Santa Mariña-LU-10034-Antas de Ulla-Lugo.

Preceptos infrinxidos: 58.27º da Lei 4/1997.

Cualificación infracción: grave.

Sanción: 100.001 ptas.

Inhabilitación: para obte-la licencia de caza durante un ano e un día.

Lugo, 30 de xaneiro de 1998.

Luis Vázquez González

Delegado provincial de Lugo