Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 26 de febreiro de 1998 Páx. 1.992

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a resolución do expediente sancionador 423/97 en materia de espectáculos públicos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que se mencionan a continuación as resolucións dos expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.

Nº de expediente: 423/97.

Denunciado: Agustín Camino Mujico.

DNI: 32.280.259.

Enderezo: rúa Betanzos, 58, baixo, 15704 Santiago de Compostela.

Establecemento: bar Cristela.

Precepto infrinxido: artigo 26 e) da Lei 1/1992.

Precepto sancionador: artigo 28 da Lei 1/1992.

Sanción imposta: 15.000 pesetas.

A competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelles ós delegados provinciais da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, segundo o Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, desenvolvido polo Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución ós órganos da Comunidade Autónoma de Galicia, do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos, en relación co artigo 29.1º d) da LOSC.

A resolución dictouse de acordo cos artigos 137 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e 20 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, e contra ela poderá interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun mes contado a partir da recepción da presente resolución. Advírtese que, de non interpoñe-lo recurso en tempo e forma, deberá aboa-la multa nunha entidade bancaria mediante a utilización do impreso que poderá recoller nas dependencias desta delegación provincial, dentro dos quince días seguintes á data de remate do prazo para recorrer esta resolución, procedéndose en caso contrario á exacción pola vía de constrinximento, nos termos previstos no artigo 3 da orde da Consellería de Economía e Facenda do 22 de maio de 1987.

A Coruña, 27 de xaneiro de 1998.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña