Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 26 de febreiro de 1998 Páx. 1.991

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 1998 pola que se convoca a contratación, mediante concurso aberto, da explotación en réxime de concesión do servicio de hostalería no edificio do antigo parador de Portomarín (Lugo).

Esta consellería unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes resolveu anuncia-la convocatoria da contratación mediante concurso aberto da explotación en réxime de concesión do servicio que se cita:

1. Obxecto: contratación da explotación, en réxime de concesión, do servicio de hostalería no edificio do antigo Parador de Portomarín (Lugo).

2. Prazo da concesión: dez (10) anos.

3. Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderase retirar na Dirección Xeral de Turismo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, sita na Praza de Mazarelos 15, Santiago de Compostela.

4. Fianza provisional: 1.000.000 de pesetas.

5. Fianza definitiva: 10.000.000 de pesetas.

6. Modelo de proposición: o que figura como anexo 2 ó prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado, indistintamente, no rexistro da Direcciín Xeral de Turismo situado na Praza de Mazarelos nº 15, Santiago de Compostela, no da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, situado na planta segunda do edificio administrativo San Caetano, blo

que 3, Santiago de Compostela, ou no rexistro Xeral da Xunta de Galicia, situado na planta baixa do edificio central do complexo administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratción do Estado. O prazo de admisión rematará ás catorce horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.

No exterior dos sobres expresarase o seguinte texto proposición para tomar parte no concurso convocado pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia para a contratación da explotación do servicio de hostalería do parador de Portomarín, que presenta... en nome (propio ou da entidade que representa).

8. Apertura de proposicións: en acto público, na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, edificio administrativo San Caetano, bloque 3, Santiago de Compostela, ás 10 horas do día 16 de marzo de 1998.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario, que o deberá aboar con antelación ó asinamento do contrato.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 1998.

P.D. (Orde 15-12-1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo