Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 26 de febreiro de 1998 Páx. 1.991

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/10-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Enderezo social: Marqués de Valladares, 23-2º, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. Grixó 2.

Situación: Salvaterra do Miño.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 756 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón e metálicos, desde a L.M.T. Alxán G-Grixó 1, ata o C.T. que se proxecta en Grixó 2, concello de Salvaterra de Miño. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 26 de xaneiro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra