Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 26 de febreiro de 1998 Páx. 1.993

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifican as resolucións dos expedientes P-30/97 e catro máis incoados por infracción a Lei de pesca fluvial, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, as resolucións dos ditos expedientes, por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre pesca fluvial.

Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Medio Ambiente (Decreto 482/1997, do 30 de decembro, DOG do 8-1-1998, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente).

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

O importe da sanción, así como o da indemnización, farase efectivo dentro do prazo dun mes contado desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 311-152-115/8 da Caixa de Galicia (2091) oficina principal de Lugo (152). De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobro pola vía de constrinximento.

Para proceder ó aboamento da sanción, deberá utiliza-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial de Lugo, Ronda da Muralla, 70.

ANEXO

-Expediente Nº: P-30/97.

Denunciado: Miguel A. Vázquez González.

DNI: 34.565.675.

Enderezo: rúa Camiño Caneiro, 51-Ourense.

Feito denunciado: practica-lo deporte da pesca con cana en época de veda (150 m augas arriba da desembocadura do río Lama), infrinxindo a orde de vedas do 16-2-1996 (DOG do 29-2-1996) pola que se fixan as normas especiais de pesca en zonas vedadas do río Miño, o día 9-3-1997 no río Miño-Chantada-Lugo.

Precepto sancionador: artigo 34.8 da Lei 7/1992.

Cualificación: menos grave.

Sanción: 50.001 ptas. de multa.

Inhabilitación: durante un ano para obte-la licencia de pesca.

Artes comisadas: devolución logo do aboamento da sanción, para o cal se lle facilitará un escrito nesta delegación.

-Expediente Nº: P-45/97.

Denunciado: José Luis Varandela Blanco.

DNI: 34.533.763.

Domicilio: r/ Portugal 45-7-Ourense.

Feito denunciado: pescar en época de veda. Feitos constatados o día 15-3-1997, no río Miño, encoro de Belesar-desembocadura do río Lama, Pedrafita, Chantada, Lugo.

Precepto sancionador: artigo 33.9 da Lei 7/1992.

Cualificación: leve.

Sanción: 15.000 ptas. de multa.

Artes comisadas: para a devolución das mesmas facilitaráselle un escrito nesta delegación provincial.

-Expediente: P-145/97.

Denunciado: Rafael Queipo Díaz.

DNI: 76.567.640.

Último enderezo coñecido: San Miguel, 13-Ribadeo-Lugo.

Feitos imputados: non respecta-las limitacións de tamaño, infrinxindo o disposto na orde de vedas do 17-2-1997 (DOG do 26-2-1997) fixada pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes ó ter capturadas 10 troitas de tamaño inferior ó regulamentario, feitos constatados o día 16-5-1997, no río Veiga de Logares, Carballido-A Fonsagrada.

Precepto sancionador: 33.9 da Lei 7/1992.

Cualificación da infracción: leve.

Sanción: 10.000 ptas. de multa e 12.000 ptas. de indemnización por danos e perdas segundo valoración do Servicio de Medio Ambiente Natural.

-Expediente Nº: P-181/97.

Denunciado: Mario A. Platas Ferreiro.

DNI: 33.320.753.

Enderezo: río Navia-1-3º-Lugo.

Feito denunciado: practica-lo deporte da pesca con cana nun tramo de pesca sen morte do río Neira, marxe dereita, empregando cebo de uso prohibido (3 arponciños), non sendo titular da preceptiva licencia de pesca e sen estar en posesión do permiso

de couto regulamentario. Feitos constatados o 3-6-1997.

Precepto sancionador: artigo 34.1, 34.10 e 34.14 da Lei 7/1992.

Cualificación: menos grave.

Sanción: 75.000 ptas. de multa.

Inhabilitación: durante un ano para obtene-la licencia de pesca.

Artes comisadas: devolución logo de aboamento da sanción, para o cal se lle facilitará un escrito nesta delegación.

-Expediente Nº: P-190/97.

Denunciado: Faustino Lombardero Fernández.

DNI: 71.850.606.

Enderezo: r/ Pagazaurtundua, 12-2º D-Santurtzi-Biscaia.

Feito denunciado: practica-lo deporte da pesca empregando cebo de uso prohibido (cebo natural miñoca), infrinxindo o disposto no anexo V da orde de vedas do 17-2-1997 (DOG do 26-2-1997), o día 4-7-1997, no río Navia, tramo compartido, A Fonsagrada.

Precepto sancionador: artigo 34.14 da Lei 7/1992.

Cualificación: menos grave.

Sanción: 50.001 ptas. de multa.

Inhabilitación: durante un ano para obte-la licencia de pesca.

Lugo, 30 de xaneiro de 1998.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo