Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 26 de febreiro de 1998 Páx. 1.986

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (73/1996).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas 73/1996, por instancia de Enrique Becares Fuentes e Manuel Boo Romero, contra Jaime Castellnou Franco, nas actuacións do cal a Audiencia Provincial da Coruña dictou sentencia que no encabezamento e parte dispositiva ten o teor literal seguinte:

«Número 95. O maxistrado Agustín Pedro Lobejón Martínez, como tribunal unipersoal da Sección Tercira da Audiencia Provincial da Coruña, pronunciou en nome del El-Rei a seguinte sentencia:

Na Coruña, o vintenove de setembro de mil novecentos noventa e sete.

No recurso de apelación interposto contra a sentencia dictada polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela, en xuízo de faltas nº 73/96, seguido por falta de furto e lesións, figurando como apelante Jaime Castellnou Franco e como apelados o Ministerio Fiscal, Manuel Boo Romero e Enrique Becares Fuentes.

Decido que desestimando o recurso de apelación interposto por Jaime Castellnou Franco contra a sentencia dictada con data 6 de xuño de 1996 polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela no xuízo de faltas nº 73/1996, debo confirmar e confirmo no esencial a expresada resolución, coa única excepción de substituír en virtude do novo Código Penal as penas impostas de 3 días e 10 días de arresto menor, por dúas multas dun mes, conforme o anterior fundamento cuarto, impóndolle ó apelante as custas desta alzada. A presente sentencia é firme e contra ela non cabe ningún recurso ordinario. Líbrese ó xulgado expresado certificación desta resolución, con devolución das dilixencias que remitiu para a súa execución. Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación a Jaime Castellnou Franco, expido e asino este edicto en Santiago de Compostela o vinteseis de xaneiro de mil novecentos noventa e oito.

Rubricado