Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 26 de febreiro de 1998 Páx. 1.986

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (81/1997).

Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dou fe de que nos

autos de que se fai mención se dictou a sentencia que no encabezamento e parte dispositiva di.

«Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela. En Santiago de Compostela o vintecinco de outubro de mil novecentos noventa e sete. En nome de S.M. el Rei. Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres desta cidade, pronunciou a seguinte: sentencia. No xuízo de faltas número 81/87, dimanante do procedemento seguido por furto no que foron parte, ademais do Ministerio Fiscal, José Álvarez Penín, denunciante, con domicilio en r/ Montero Ríos nº 33, Simago, Santiago, Noemí Franco Beldedes, denunciada, con domicilio descoñecido. Decido que debo absolver e absolvo do feito orixe destas actuacións a denunciada, Noemí Franco Beldedes, e declaro de oficio as custas desta alzada.

Así, por esta miña sentencia, que será notificada ás partes coa advertencia de que contra ela poderán interpor recuro de apelación ante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de cinco días, qudando as actuacións durante este período en secretaría».

Rubricado