Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 26 de febreiro de 1998 Páx. 1.986

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (75/1994).

María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, fago saber que en virtude do acordado en autos de xuízo executivo nº 75/1994, sobre reclamación de cantidade, sendo demandante Banco Central Hispanoamericano e demandado Vicente Moreira Sobrido, e a contía do asunto a de 258.295 pesetas de principal máis 125.000 pesetas calculadas para xuros, gastos e custas cítase de remate o demandado Vicente Moreira Sobrido para que no prazo de nove días hábiles a partir da publicación se poida opor á execución, comparecendo nos autos por medio de procurador e apercebíndoo de que, de non o efectuar, será declarado en rebeldía e seguirá o xuízo o seu curso sen volvelo citar nin facerlle outras notificacións que as que determine a lei. Notifícaselle o embargo dos seguintes bens:

Cantidades que en concepto de desemprego perciba do INEM.

Faise constar que se realizou o embargo sobre o ben do demandado, sen requirimento previo de pagamento por descoñecerse o seu domicilio.

E para que conste e sirva de notificación ó demandante Vicente Moreira Sobrido, expido este edicto en Santiago de Compostela o 27 de xaneiro de 1998.

O secretario

Rubricado