Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 26 de febreiro de 1998 Páx. 1.985

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (434/1997).

Gonzalo-Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela. Certifico que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís figura a recaída nos autos de xuízo executivo nº 434/1997, que ten o encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia. Na cidade de Santiago de Compostela, o dezanove de xaneiro de mil novecentos noventa e oito Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos desta capital, viu os presentes autos de xuízo executivo seguidos ante este xulgado co número 434/97, promovidos por Banco de Asturias, S.A., con domicilio en r/ Fruela 5 e 7 de Oviedo, representado polo procurador García-Piccoli e dirixido polo letrado Sánchez Salgueiro, contra Recauchutados y Cubiertas Maypa, S.L., María Teresa Ramos Vigo, María Concepción, Domingo, Manuel, Lucía, María José, Sandra María e Ángeles

Pájaro Ramos, con domicilio en r/ Angrois número 65 de Santiago, declarados en rebeldía.

Decido que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada ata facer remate dos bens embargados a Recauchutados y Cubeirtas Maypa, S.L., María Teresa Ramos Vigo, María Concepción, Domingo, Manuel, Lucía, María José, Sandra María e Ángeles Pájaro Ramos, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte demandante das responsabilidades por que se despachou a execución, ademais ó pagamento dos xuros de demora e as custas, para o pagamento do cal debo condenar e condeno expresamente a parte demandada.

Constra esta sentencia, por non ser firme, poderase interpor neste xulgado e perante a Audiciencia Provincial da Coruña, recurso de apelación no prazo improrrogable de cinco días, contados desde a súa notificación».

A sentencia inserida arriba foi publicada no mesmo día da súa data polo maxistrado-xuíz que a subscribe e para que conste e sirva de notificación en forma á demandada en situación procesual de rebledía, Recauchutados y Cubiertas Maypa, S.L., expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o vintesete de xaneiro de mil novecentos noventa e oito.

Rubricado