Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Mércores, 25 de febreiro de 1998 Páx. 1.949

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (91/1997).

Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño:

De que neste xulgado se seguen autos de xuízo de faltas número 91/97, por danos, que no encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«En Santiago de Compostela o dous de xaneiro de mil novecentos noventa e sete. José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia

e Instrucción número seis deste partido, pronuncio a seguinte sentencia. Vistos os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 91/97, seguidos neste xulgado sobre danos, nos que son partes, ademais do Ministerio Fiscal en representación da acción popular, o denunciado Thomas Benedict Thompson e como prexudicado o representante legal de Onix-Regasa, S.A. Decido: que debo condenar e condeno a Thomas Benedict Thompson como autor dunha falta de danos á pena de vinte días de multa, fixando o importe da cota diaria da pena de multa na contía de cincocentas pesetas e sinalando a responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas. Así mesmo, condénoo a indemnizar a Onix Regasa, S.A. en concepto de responsabilidade civil na cantidade de 5.000 pesetas e ó pagamento das custas procesuais.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado perante a audiencia provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación ós autos, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que así conste e sirva de notificación a Thomas Benedict Thompson, en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o nove de xaneiro de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado