Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Mércores, 25 de febreiro de 1998 Páx. 1.949

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (264/1994).

Neste Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela séguense autos de xuízo executivo co número 264/1994, por instancia de Banco Zaragozano, S.A., rspresentado polo procurador Ricardo García Piccoli Atanes, contra José María Puñal Pais e Mª Consuelo Rioboo Lourido, en reclamación de 308.986 pesetas de principal, máis 200.000 pesetas calculadas para xuros, custas e gastos, nas actuacións do cal e por resolución do día da data, se acordou sacar en poxa pública, por primeira vez o día 6 de abril de 1998, ás 10 horas da mañá, na sala de audiencia deste xulgado, e por termo de vinte días, os bens que se dirán máis adiante.

A poxa axustarase ás seguintes regras:

1ª Para tomaren parte na poxa os licitadores deberán consignar na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao Vizcaya, S.A., oficina principal desta cidade, debendo facilita-lo número do expediente ou procedemento seguinte. 1590/17/00264/1994, presentando o resgardo de ingreso, unha cantidade igual, polo menos, ó 20 por 100 efectivo do valor dos bens que sirva de tipo para a poxa; sen este requisito non serán admitidos.

2ª Non se admitirán ofertas que non cubran as dúas terceiras partes do prezo de taxación.

3ª Desde a publicación da poxa ata a súa celebración poderanse facer ofertas por escrito en prego cerrado, acreditándose terse efectuado o depósito previo do 20 por 100 antes indicado.

4ª Só o executante poderá facer ofertas en calidade de cede-lo remate a un terceiro.

5ª As cargas anteriores e preferentes ó crédito do demandante, se existiren, quedarán subsistentes, sen que se dedique á súa extinción o prezo do remate, entendéndose que o rematante as acepta e queda subrogado nas responsabilidades e obrigas que se deriven delas.

6ª Os títulos de propiedade dos bens que se sacan á poxa encóntranse de manifesto na secretaría deste xulgado, para poderen ser examinados por quen desexe tomar parte na poxa, e advírtese ós licitadores que deberán conformarse con eles e que non terán dereito a esixir ningún outro.

7ª No caso de terse que suspender calquera das tres poxas, trasládase a súa celebración á mesma hora do día seguinte hábil dentro da semana en que se sinalase a poxa suspendida.

No suposto de non haber licitadores na primeira poxa, sinálase para a celebración da segunda o 6

de maio de 1998 ás 10 horas da mañá, no mesmo lugar, coa rebaixa do 25 por 100 do tipo de taxación, subsistindo as demais condicións da primeira.

E para o caso de non haber tampouco licitadores na segunda, sinálase para a terceira o día 16 de xuño de 1998 ás 10 horas da mañá, no mesmo lugar que as anteriores, sen suxeición a tipo, e os que desexen tomar parte nela deberán face-lo depósito previo igual ó sinalado para a segunda, persistindo as demais condicións.

Sirva o presente edicto de notificación ós demandados José María Puñal Pais e Mª Consuelo Rioboo Lourido en caso de resultar negativa a dilixencia de notificación persoal.

Bens obxecto de poxa.

1º Predio rústico nº 12744, situado no lugar de Supaso, parroquia de Luaña. Tomo 575, libro 120, folio 93.

Taxada pericialmente na cantidade de 270.000 ptas. (duascentas setenta mil pesetas).

2º Praza de garaxe nº 10, predio rexistral 18.574, situada no bloque II ou do centro, O Milladoiro. Tomo 756, libro 188, folio 109.

Taxada pericialmente na cantidade de 800.000 ptas. (oitocentas mil pesetas).

3ª Piso, predio rexistral número 18.606, situado no bloque II, 2º F, O Milladoiro. Tomo 756, libro 188, folio 141.

Taxada pericialmente na cantidade de 6.690.000 ptas. (seis millóns seiscentas noventa mil pesetas).

Dado en Santiago de Compostela o vinte de xaneiro de mil novecentos noventa e oito.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado