Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Mércores, 25 de febreiro de 1998 Páx. 1.945

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 1998 pola que se convoca concurso de méritos para a provisión dun posto de traballo de persoal funcionario de Administración e servicios da Universidade de Vigo.

En cumprimento do disposto nos estatutos desta universidade, aprobados por Resolución do 16 de setembro de 1993 (DOG do 22 de outubro), e co obxecto de atende-las necesidades de persoal de administración e servicios desta universidade.

Este rectorado, en uso das competencias que lle están atribuídas no artigo 18 da Lei 11/1983, do 25 de agosto (BOE do 1 de setembro) de reforma universitaria, en relación co seu artigo 3.2.e), resolve convocar concurso de méritos para cubri-lo posto vacante que se detalla no anexo I desta resolución, consonte as seguintes bases da convocatoria:

1. Requisitos e condicións de participación.

1.1. Poderán tomar parte no presente concurso os funcionarios de carreira ó servicio das administracións públicas que pertenzan a algún dos corpos ou escalas do grupo A de facultativo de arquivo, bibliotecario e arqueólogo ou de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos nos termos que se especifican no anexo I, agás o persoal pertencente ós corpos e escalas nos sectores de docencia, investigación, sanidade, servicios postais e telegráficos, institucións penitenciarias e transporte aéreo e meteoroloxía.

1.2. Poderán participar nesta convocatoria os funcionarios comprendidos no apartado anterior, calquera que sexa a súa situación administrativa agás os suspensos en firme.

Os funcionarios en excedencia voluntaria por interese particular só poderán participar se levan máis de dous anos na devandita situación o día de remate do prazo de presentación de instancias.

1.3. Os funcionarios en activo con destino definitivo só poderán participar se transcorreron dous anos desde a toma de posesión do último destino obtido, agás que se trate de funcionarios destinados na Universidade de Vigo, ou nos supostos previstos no artigo 20.1 e) da Lei 30/1984, do 2 de agosto (BOE do 3), ou no de supresión de posto de traballo.

1.4. A data de referencia para o cumprimento dos requisitos esixidos e posesión dos méritos alegados será o día que remate o prazo de presentación de solicitudes, agás no que se refire ó complemento de destino do posto de traballo ocupado por concurso ou libre designación, en que se tomará como referencia a data de publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

2. Méritos.

2.1. Méritos xerais. A puntuación máxima será de 15 puntos, podendo declararse deserta a vacante se os aspirantes, de acordo co baremo que a continuación se establece, non acadan unha puntuación mínima de 8 puntos.

a) Antigüidade: valorarase ata un máximo de 3 puntos: 0,10 puntos por cada ano completo de servicio na Administración, incluídos os recoñecidos ó abeiro da Lei 70/1978, do 26 de decembro.

b) Titulación: valorarase ata un máximo de 2 puntos:

Doutor: 2 puntos.

Licenciado: 1,80 puntos.

Neste apartado puntuará unha soa titulación. Para os efectos de equivalencia de titulación só se terán en conta as establecidas polo Ministerio de Educación e Ciencia con carácter xeral e válidas para tódolos efectos, debendo cita-la equivalencia e o Boletín Oficial del Estado en que se publica.

c) Cursos oficiais de formación administrativa xeral: valoraranse ata un máximo de 2 puntos.

Perfeccionamento e procedemento administrativo, informática do usuario, documentación, arquivo, etc., impartidos polo INAP, organismos oficiais e centros nacionais ou estranxeiros de recoñecido prestixio que a comisión de valoración considere axeitados e sempre que se expedirá diploma ou certificación de asistencia ou aproveitamento.

-Por asistencia (máximo parcial 0,50 puntos):

0,10 puntos por curso.

0,20 puntos por curso de lingua galega.

-Por aptitude:

0,30 puntos por curso.

0,60 puntos por iniciación á lingua galega.

1 punto por perfeccionamento de lingua galega. De posuí-lo de perfeccionamento non puntuará o de iniciación.

d) Pertenza a grupo de titulación, valorarase ata un máximo de 2 puntos:

Grupo A: 2 puntos.

e) Nivel de complemento de destino do posto singularizado ocupado por concurso ou libre designación, que se desenvolva na data de publicación no Boletín Oficial del Estado desta convocatoria:

A valoración máxima será de 6 puntos:

NivelPuntos

Do 15 ó 203

Do 21 ó 254, 5

Do 26 ó 306

Se o posto tivera a consideración de non singularizado, con independencia do nivel de complemento de destino que teña asignado, a puntuación será dun punto.

2.2. Méritos específicos. A puntuación máxima será de 15 puntos, podendo declararse deserta a vacante ofertada se os aspirantes non acadan a pun

tuación mínima de oito puntos. Os aspirantes deberán presentar en tres pezas separadas:

a) Currículum vitae: polo que se outorgará un máximo de 6 puntos. Valorarase a experiencia profesional tanto na Administración pública como fóra dela, formación técnica e investigadora e a adecuación do candidato ó posto en función dos méritos específicos previstos no anexo I.

b) Memoria pola que se outorgará un máximo de 6 puntos. A memoria non excederá de cinco folios mecanografados a dobre espacio, consistindo na análise das tarefas do posto e dos requisitos, condicións e medios necesarios para o seu desenvolvemento.

c) Realización de publicacións, traballos, impartición de cursos e conferencias relacionados coa dirección e xestión de bibliotecas; ata un máximo de 3 puntos.

A comisión de valoración poderá esixir dos candidatos aclaracións mediante entrevista ou achegas de documentación adicional que considere necesaria para a valoración dos méritos alegados e a súa adecuación ás características do posto de traballo.

3. Documentación que debe presenta-lo aspirante.

3.1. Os requisitos ós que fai referencia a base primeira e os méritos xerais da base segunda deberán ser acreditados mediante certificado axustado ó modelo que figura como anexo III, que deberá ser expedido pola subdirección xeral competente en materia de persoal dos departamentos ministeriais ou polas secretarías xerais ou órganos similares dos organismos autónomos, se se tratase de funcionarios destinados en servicios centrais e polas secretarías xerais das delegacións ou subdelegacións do Goberno, cando se trate de funcionarios destinados nos servicios periféricos de ámbito rexional ou provincial, agás os funcionarios destinados no Ministerio de Defensa.

Respecto do perseal destinado en comunidades autónomas, a dita certificación deberá ser expedida pola Dirección Xeral da Función Pública da comunidade ou organismo similar, ou ben, pola consellería ou departamento correspondente, no caso de corpos ou escalas de carácter departamental.

Por canto se refire a funcionarios destinados en universidades, as certificacións serán expedidas polas respectivas unidades ás que corresponda a xestión de persoal.

No caso de excedencia voluntaria, os certificados serán expedidos pola unidade de persoal do departamento ó que figura adscrito o seu corpo ou escala, ou pola Dirección Xeral da Función Pública se pertence a escala a extinguir do AISS, ou a corpos dependentes da Secretaría de Estado para a Administración pública. No caso das restantes escalas, así mesmo dependentes da Secretaría de Estado, tales certificacións serán expedidas pola unidade de persoal do ministerio ou organismo onde tivese o seu último destino definitivo.

Os concursantes que procedan da situación de suspenso en firme, xuntarán á súa solicitude documentación acreditativa da terminación do seu período de suspensión.

Os excedentes voluntarios por interese particular xuntarán á súa solicitude declaración de non ter sido separados do servicio de calquera Administración pública.

3.2. Os méritos específicos serán acreditados documentalmente polos concursantes mediante certificación, títulos ou xustificantes que consideren pertinentes.

4. Presentación de solicitudes.

4.1. As solicitudes para tomar parte no concurso dirixiranse ó rector magnífico da Universidade de Vigo e presentaranse no rexistro xeral da Universidade (rúa Areal, 46. 36201 Vigo), ou segundo as restantes formas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, (BOE do 27) de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días hábiles, contado desde o seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

As solicitudes axustaranse ó modelo que figura como anexo II desta convocatoria e deberán ir acompañadas dos documentos especificados nos apartados 1 e 2 da base terceira.

4.2. Unha vez transcorrido o prazo de presentación de instancias, as solicitudes formuladas serán vinculantes para o peticionario, non admitíndose solicitudes de renuncia.

5. Comisión de valoración.

A comisión de valoración estará formada polos seguintes membros:

Presidente: Andrés Ramón Trillo García, xerente da Universidade de Vigo.

Vocais:

José Tojo Suárez, vicerrector de investigación da Universidade de Vigo.

Mª del Carmen Pérez País, funcionaria do corpo facultativo de arquiveiros, bibliotecarios e arqueólogos.

Guillermo Sánchez Martínez, director da biblioteca universitaria da Universidade Pública de Navarra, en representación da xunta de persoal.

Concepción Varela Orol, directora da biblioteca universitaria de Santiago de Compostela, en representación da xunta de persoal.

Secretario: Augusto Viso Alonso, xefe do servicio de xestión económica e contratación, que actuará con voz e sen voto.

6. Resolución do concurso e toma de posesión.

6.1. A orde de prioridade para a adxudicación da praza virá dada pola puntuación total obtida de acordo co baremo da base segunda. No caso de igualdade

na puntuación total, darase prioridade ó aspirante con mellor puntuación no apartado de méritos específicos.

6.2. 0 presente concurso resolverase por resolución do rectorado da Universidade de Vigo, nun prazo non superior a dous meses, contados desde o día seguinte ó de remate do prazo de presentación de solicitudes, e publicaranse no Boletín Oficial del Estado.

6.3. 0 destino adxudicado será irrenunciable, agás que antes de finaliza-lo prazo de toma de posesión se obtivese outro destino mediante convocatoria pública, quedando abrigado o interesado, neste caso, a comunicalo ó rectorado da Universidade de Vigo no prazo de tres días.

6.4. 0 prazo para tomar posesión do novo destino obtido será de tres días hábiles, se o funcionario está na mesma localidade, ou dun mes, de estar en localidade distinta. O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes á publicación da resolución do concurso no Boletín Oficial del Estado. Se a resolución comporta reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde a dita publicación.

7. Norma derradeira.

A presente convocatoria e cantos actos administrativos se deriven dela e da actuación do tribunal poderán ser impugnados nos casos e na forma establecidos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Ademais a Universidade de Vigo poderá, se é o caso, proceder á revisión das resolucións do tribunal consonte o previsto na devandita lei.

Vigo, 3 de febreiro de 1998.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

ANEXO I

Localidade: Vigo.

Nº de prazas: 1.

Posto de traballo: director/a da biblioteca universitaria.

Tipo de posto: singularizado.

Nivel: 28.

Adscrición: A1/A4.

Grupo: A.

Corpo: EX 11.

Complemento específico anual: 1.673.520.