Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Mércores, 25 de febreiro de 1998 Páx. 1.944

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 1998 pola que se nomea funcionaria de carreira da escala auxiliar administrativa da Universidade de Vigo, a María Luisa Pena Rodríguez.

Dictada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sentencia nº 693/1997, parcialmente estimatoria do recurso interposto por Mª Luisa Pena Rodríguez, contra a Resolución do 14 de maio de 1993 (DOG do 20) pola que se nomean funcionarios de carreira da escala auxiliar administrativa da Universidade de Vigo.

Vistas as actuacións seguidas polo tribunal cualificador das probas selectivas en execución da devandita sentencia, e consonte a proposta elevada polo órgano de selección,

Este rectorado, no uso das competencias que lle recoñecen os artigos 3.2 e), 18 e 50 da Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto (BOE do 1 de setembro), de reforma universitaria, resolveu nomear a María Luisa Pena Rodríguez, DNI nº 33.114.311, funcionaria de carreira da escala auxiliar administrativa da Universidade de Vigo, adxudicándolle como destino definitivo un posto de auxiliar administrativo base de nivel de complemento de destino 14 do Servicio de Publicacións (Vicerrectorado de Ordenación Universitaria).

Para adquiri-la condición de funcionario de carreira a agora nomeada deberá xurar ou promete-lo cargo así como tomar posesión na súa escala e destino no prazo máximo dun mes contado desde o día seguinte ó de publicación deste nomeamento no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interporse recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 30 de xaneiro de 1998.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo