Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Mércores, 25 de febreiro de 1998 Páx. 1.950

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 1998, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se anuncia concurso público aberto para a contratación dunha asistencia técnica para o desenvolvemento de novas aplicacións informáticos con destino ó Centro de Proceso de Datos.

A Consellería de Ecomonía e Facenda anuncia o concurso público, polo procedemento aberto para a contratación dunha asistencia técnica para o desenvolvemento de novas aplicacións informáticas

con destino ó Centro de Proceso de Datos. As características básicas da contratación son as seguintes:

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Economía e Facenda. Secretaría Xeral e do Patrimonio. San Caetano s/n, 15704 Santiago de Compostela. Tlf.: 54 41 34, expediente 7/98.

2. Obxecto do contrato: contratación dunha asistencia técnica para o desenvolvemento de novas aplicacións informáticas con destino ó Centro de Proceso de Datos.

3. Prazo de execución: será ata o 31 de decembro de 1998 (prestación de 495 xornadas que se realizarán desde a data de formalización do contrato ata o 31 de decembro de 1998).

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

A) Tramitación: ordinaria.

B) Procedemento: aberto.

C) Forma de adxudicación: concurso público.

5. Clasificción esixida: grupo III, subgrupo 3, categoría B.

6. Orzamento base de licitación: vintenove millóns seiscentas catorce mil pesetas (29.614.000) IVE incluído.

7. Garantía provisional: 2% do orzamento base de licitación, equivalente a cincocentas noventa e dous mil duascentas oitenta pesetas (592.280).

8. Obtención de documentación e información: nas dependencias de Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, no edificio administrativo de San Caetano s/n, CP 15704 Santiago de Compostela. Tlf.: 54 41 34, fax: 54 41 25.

A data límite de obtención da documentación e información será a fixada para o prazo de presentación das proposicións.

9. Presentación de ofertas: as proposicións presentaranse no prazo de 26 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e elaboraranse segundo o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares. Tódolos documentos esixidos no prego de cláusulas administrativas particulares deberanse presentar no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda, ou por correo na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, dirixidos á Consellería de Economía e Facenda, Secretaría Xeral e do Patrimonio, edificio administrativo San Caetano, s/n, CP 15704 Santiago de Compostela.

10. Apertura das ofertas: a mesa de contratación procederá á apertura das proposicións económicas en acto público ó que poderán asisti-los licitadores ou os seus representantes, nas dependencias da

Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, en San Caetano (Santiago de Compostela) ás 10 horas do quinto día natural, que non coincida en sábado, seguinte ó da finalización do prazo de presentación das proposicións.

O importe do anuncio de licitación será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 1998.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda