Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Luns, 23 de febreiro de 1998 Páx. 1.867

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Empresa Pereira, S.L.

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo para a empresa Empresa Pereira, S.L., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 3-2-1998, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo delegado de persoal, o 28-1-1998. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia

Vigo, 5 de febreiro de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Acta

Asistentes:

José Agustín Pereira Fernández, xerente de Empresa Pereira, S.L.

Manuel Cores Santiago, delegado de persoal (UGT).

En Vilagarcía de Arousa, ás 10 horas do día 28 de xaneiro de 1998, reúnense nos locais de Empresa Pereira, S.L., sitos na rúa Santa Eulalia, 17, de Vilagarcía de Arousa, o representante dos traballadores e a dirección da empresa, para proceder á revisión do convenio colectivo para a dita empresa.

Aberta a sesión, as partes dan a coñece-las súas respectivas representacións. Pola empresa, José Agustín Pereira Fernández, xerente desta e, polos traballadores, Manuel Cores Santiago, delegado de persoal por UGT.

De acorde co artigo 4 do convenio colectivo para a dita empresa, en vigor, procede incrementar para 1998 tódolos conceptos salariais nunha porcentaxe igual ó IPC real do ano 1997. Como esta foi do 2%, modifícanse os artigos 9, 10 e 12 do texto, así como a táboa salarial. Xúntanse os novos textos e a táboa salarial.

E, non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión, ás once horas do día e no lugar arriba indicados, do que as partes dan fe.

Asdo. José Agustín Pereira Fernández

Xerente de Empresa Pereira, S.L.

Asdo. Manuel Cores Santiago

Delegado de persoal UGT

Artigo 8º.-Plus de quebranto de moeda.

O conductor-perceptor, o día que realice un mínimo de dúas horas da súa xornada laboral as funcións de conductor e cobrador, percibirá un plus de 105 pesetas en concepto de quebranto de moeda.

Artigo 10º.-Plus de transporte ou asistencia.

Como compensación, dos gastos que o persoal da empresa ten que efectuar para trasladarse ó centro de traballo, establécese un plus de transporte ou asistencia para tódalas categorías profesionais, de 158 pesetas por cada día efectivo traballado.

Artigo 12º.-Traballo en domingos e festivos.

Os domingos e festivos que, por necesidades do servicio, sexan traballados e o descanso se produza

outro día da semana, aboaranse coa cantidade de 1.836 pesetas a cada traballador, independentemente da súa antigüidade e categoría profesional.

No caso de que excepcionalmente non puidese desfrutarse este descanso, en cómputo mensual cobrarase co incremento do 140%.

Táboa salarial (1 de xaneiro de 1998)

Xefe de personal117.315 ptas./mes955 ptas./hora
Xefe de tráfico117.315 ptas./mes955 ptas./hora
Administrativo107.025 ptas./mes882 ptas./hora
Auxiliar administrativo94.140 ptas./mes790 ptas./hora
Inspector3.206 ptas./día870 ptas./hora
Conductor3.177 ptas./día830 ptas./hora
Conductor-perceptor3.177 ptas./día830 ptas./hora
Cobrador2.742 ptas./día789 ptas./hora
Mecánico oficial 1ª3.206 ptas./día870 ptas./hora
Mecánico oficial 2ª2.892 ptas./día789 ptas./hora
Mozo2.754 ptas./día789 ptas./hora
Engraxador/lavacoches2.754 ptas./día789 ptas./hora