Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Luns, 23 de febreiro de 1998 Páx. 1.865

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial da empresa Fomento de Construcciones y Contratas, S.A.

Visto o expediente da revisión salarial para a empresa Fomento de Construcciones y Contratas, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 30-1-1998, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa o 20-1-1998. De conformidade co disposto no artigo 19.2º do convenio colectivo e artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial e a notificación a representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 4 de febreiro de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Acta

En Vigo, ás 12 horas do día 20 de xaneiro de 1998, reúnese a comisión negociadora do convenio colectivo da empresa Fomento de Construcciones y Contratas, S.A., para o seu persoal adscrito ós servicios de recollida de residuos sólidos e limpeza viaria da cidade de Vigo, co obxecto de aproba-la táboa salarial aplicable, revisada segundo o estipulado no artigo 19.2º do convenio citado, e cifrada esta revisión nun 3% sobre a táboa salarial vixente no ano 1997.

Así mesmo, procederase ó asinamento dos cadros horarios para o presente ano 1998.

Seguidamente, procédese a dar lectura ós documentos citados, acordando a comision negociadora asinar e dárlle-la súa conformidade.

Acórdase remiti-los ditos documentos á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, para efectos do seu rexistro e posterior publicación.

A seguir, procédese a dar lectura e revisar na súa cantidade os artigos do convenio seguintes:

1. Artigo 18º.-Axudas de custo.

-Axuda de custo completa: 7.488 pesetas.

-Media axuda de custo: 3.330 pesetas.

2. Artigo 26º.-Póliza de accidentes.

a) En caso de falecemento por accidente laboral ou enfermidade profesional: 2.575.000 pesetas.

b) En caso de invalidez absoluta ou gran invalidez, derivadas de accidente laboral ou enfermidade profesional: 3.015.000 pesetas.

3. Artigo 41º.-Axuda familiar.

Queda establecida para 1998 en: 6.963 pesetas.

4. Artigo 47º.-Créditos persoais.

Queda establecido para 1998 en: 5.200.000 pesetas.

Sen máis puntos que tratar, levántase a sesión ás 13.30 horas, asinando tódolos compoñentes da mesa negociadora en proba de conformidade.

ANEXO II

Fomento de Construcciones y Contratas, S.A.

Delegación Galicia-Medio Ambiente

Servicio de Recollida de Lixo e Limpeza Viaria de Vigo

Cadro horario para o ano 1998

1. Servicio de R.L.U.:

* Luns a sábado:

-Mañá de 6 a 13 horas.

-Tarde de 14 a 21 horas.

-Noite de 23 a 6 horas.

2. Servicio de L. Viaria:

* Luns a sábado:

-Mañá de 6.30 a 13.30 horas.

-Tarde de 13.45 a 20.45 horas.

-Noite de 23.15 a 6.15 horas.

3. Servicio de talleres:

* Luns a sábado:

-Mañá de 6 a 13 horas.

-Mañá de 7.30 a 14.30 horas.

-Noite de 23 a 6 horas.

4. Servicio de almacén:

* Luns a venres:

-Mañá de 9 a 14 horas.

-Tarde de 16 a 18 horas.

5. Oficinas centrais:

a) Horario de inverno: (do 1 de xaneiro a 31 de maio).

* Luns a xoves:

-Mañá de 9 a 14 horas.

-Tarde de 16 a 18.30 horas.

* Venres:

-Mañá de 9 a 14 horas.

b) Horario de verán: (do 1 de xuño a 30 de setembro).

* Luns a venres:

-Mañá de 8 a 15 horas.

c) Horario de inverno: (do 1 de outubro a 31 de decembro).

* Luns a xoves:

-Mañá de 9 a 14 horas.

-Tarde de 16 a 18.30 horas.

* Venres:

-Mañá de 9 a 14 horas.

d) Festivos locais:

-Día 28 de marzo (sábado).

-Día 17 de agosto (luns).

e) Festivos segundo artigo 48 convenio:

-Día 3 de novembro (martes).

f) Por reaxuste horas/ano:

-Día 24 de decembro (xoves).

-Día 31 de decembro (xoves).

6. Festivos locais:

-Día 28 de marzo (sábado).

-Día 17 de agosto (luns).

7. Festivos segundo artigo 48 convenio:

-Día 3 de novembro (martes).