Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Luns, 23 de febreiro de 1998 Páx. 1.846

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa DIK MGI-COUTIER, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa DIK MGI-COUTIER, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 26-12-1997, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, con data do 16-12-1997. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 12 de xaneiro de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Vigo (Pontevedra)

Convenio colectivo da empresa DIK MGI-COUTIER, S.A. para os anos 1998-1999 e 2000

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio, que se subscribe entre a representación da dirección da empresa e a representación do comité de empresa de DIK MGI-COURIER, S.A., regulará as condicións mínimas a que se deberán axusta-las relacións laborais e económicas que se rexen pola normativa contida no vixente Estatuto dos traballadores e as súas disposicións de desenvolvemento, dos traballadores actuais e futuros que presten os seus servicios na empresa DIK MGI-COURIER, S.A., no ámbito territorial da provincia de Pontevedra.

Artigo 2º.-Vixencia e denuncia do convenio.

O presente convenio terá unha vixencia de tres anos, entrará en vigor a partir do día 1 de xaneiro do ano 1998 e rematará a súa vixencia o día 31 de decembro do ano 2000.

De conformidade coa lexislación vixente, o convenio darase por denunciado tres meses antes da data do seu remate, comprometéndose ámbalas partes a comeza-los trámites de negociación para un novo convenio a partir da dita data.

Artigo 3º.-Xornada de traballo.

Durante a vixencia deste convenio a xornada laboral será de 40 horas semanais de traballo efectivo equivalentes a 1.784 horas efectivas en cómputo anual como máximo para 1998; 1.780 horas efectivas en cómputo anual como máximo para 1999 e 1.780 horas efectivas en cómputo anual como máximo para o ano 2000.

O réxime de xornada máxima anual que aquí se establece para a vixencia do presente convenio tomarase como referente mínimo para efectos do establecemento da xornada máxima anual na negociación do próximo convenio.

Durante a vixencia do presente convenio consideraranse os días 24 e 31 de decembro como non laborables compensados polo exceso de días do cómputo da xornada, e os restantes días quedan para que se negocien e acorden entre a empresa e o comité de empresa con carácter anual.

A xornada de traballo comezará á hora prevista no cadro horario aprobado entre a empresa e o comité de empresa.

O traballador deberase encontrar en disposición de inicia-la súa actividade no posto de traballo, coa

súa correspondente indumentaria, ó toque de sirena ou sistema de aviso de inicio de xornada que se estableza.

A dita xornada normal será computada en consideración ó inicio do labor no posto de traballo e remate desta, e non polo concepto de entrada e saída da factoría.

A fixación do horario de traballo será facultade da dirección da empresa, razoando o seu establecemento co comité de empresa, prevalecendo o criterio que supoña unha reducción de custos, aumento de vendas ou ben favoreza as necesidades estacionais da producción.

A xornada laboral distribuirase de luns a venres, mediante acordo co comité de empresa, a xornada poderá variarse cando necesidades de producción ou de atención ós clientes da empresa así o requiran. Tamén poderá variarse mediante pactos individuais con ocasión de novos contratos que se realicen.

Artigo 4º.-Vacacións.

As vacacións serán de 30 días naturais ininterrompidos, e desfrutaranse entre o 15 de xuño e o 15 de setembro, se ben, mediando acordo co comité de empresa, poderá pactarse o desfrute das vacacións en réxime partido e total ou parcialmente fóra do dito período cando necesidades de producción e/ou de atención ós clientes da empresa así o requiran. Tamén poderá establecerse outro réxime de vacacións mediante pactos individuais con ocasión de novos contratos que se realicen.

Así mesmo, se por causas conxunturais ou outras circunstancias excepcionais, a empresa se vise obrigada a paraliza-la súa producción, en tal caso a empresa poderá determinar outra data para o período de vacacións, logo de acordo co comité de empresa.

O calendario de vacacións fixarase con dous meses de antelación ó comezo do seu desfrute, para o coñecemento dos traballadores, agás o suposto excepcional anteriormente mencionado.

Todo o persoal que antes ou durante o período de vacacións estea en situación de incapacidade temporal terá dereito ó desfrute destas ou da parte pendente, sempre que cause alta antes do remate do ano natural.

A empresa poderá excluír como período vacacional aquel que coincida coa maior actividade productiva estacional da empresa, logo de consulta ó comité de empresa.

Artigo 5º.-Festivos.

Durante a vixencia do presente convenio rexerán como non laborables os días festivos que con carácter nacional, autonómico e local fixen anualmente no BOE, DOG e BOP as autoridades competentes.

Artigo 6º.-Seguridade e hixiene no traballo: saúde laboral.

A empresa comprométese ó estricto cumprimento da normativa que en materia de seguridade e hixiene e prevención de riscos laborais se contén na Lei 31/1995, do 8 de novembro, Lei de prevención de riscos laborais, o Regulamento de servicios de prevención de riscos laborais, Real decreto 39/1997, así como a ordenanza xeral de seguridade e hixiene no traballo, e demais normativa vixente de desenvolvemento.

Para tales efectos, manterase coas funcións que lle son propias no seo da empresa o comité de seguridade e saúde, composto por unha representación dos traballadores e un número similar de representantes da empresa, comité ó que corresponderán as funcións establecidas na normativa anteriormente citada.

Artigo 7º.-Recoñecemento médico.

A empresa facilitará á totalidade do persoal integrante do cadro, un recoñecemento médico con carácter anual como mínimo, o cal será levado a cabo nun centro asistencial debidamente homologado para o efecto.

Todo o tempo empregado no recoñecemento médico será aboado pola empresa, a cal facilitará ademais o medio de transporte necesario para acudir ó dito recoñecemento.

A empresa, en colaboración co comité de seguridade e saúde, comprométese a solicitar da mutua correspondente a elaboración dunhas cartillas personalizadas para cada traballador nas cales se recollerán os resultados das revisións periódicas ou calquera outro tipo de probas que se realicen na dita mutua, co fin de que cada traballador teña en cada momento un resumo do seu historial médico. O dito historial, reflectido na mencionada cartilla, será entregado pola mutua a cada persoa e actualizado na revisión anual correspondente.

A empresa efectuará un recoñecemento médico a todo o persoal de nova incorporación a ela.

Artigo 8º.-Licencias.

O traballador, logo de aviso e xustificación, terá dereito a permisos con dereito a remuneración durante o tempo e os supostos seguintes:

1. Dezaseis días naturais en caso de matrimonio do traballador/a.

2. Tres días laborables en caso de nacemento de fillo.

3. Cinco días naturais no suposto de falecemento de cónxuxe, pais, fillos e pais políticos.

4. Tres días naturais no suposto de falecemento de irmáns, netos, avós, fillos políticos e irmáns políticos.

5. Dous días naturais en caso de enfermidade grave de cónxuxe, pais, fillos, avós, irmáns, netos e pais políticos, circunstancias que deberán ser xustificadas de maneira que faga fe.

6. Un día natural no suposto de traslado de domicilio.

7. 0 tempo necesario nos casos de asistencia a consulta médica de especialistas da Seguridade Social, cando coincidindo o horario de consulta co de traballo se prescriba a dita consulta polo facultativo de medicina xeral, debendo presentarlle o traballador ó empresario o volante xustificativo da referida prescrición médica. Nos demais casos, ata o límite de 22 horas ó ano.

8. As traballadoras, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. A muller, pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha reducción da xornada nunha hora coa mesma finalidade.

9. Polo tempo indispensable, para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, aplicarase o que esta dispoña en canto a duración da ausencia e á súa compensación económica.

10. Un día natural en caso de matrimonio de fillos ou irmáns.

Nos supostos 4 e 5, se o traballador necesitase facer un desprazamento fóra da provincia, concederánselle dous días naturais máis.

No suposto 3, se o traballador precisase desprazarse a unha distancia superior a 50 quilómetros, concederánselle dous días naturais máis.

En caso de necesidade, logo de aviso e xustificación, a empresa deberá conceder un permiso sen retribuír ata un período de 10 días naturais por razón de desprazamento en caso de enfermidade grave de parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

Todo o anteriormente exposto neste artigo, será tamén de aplicación para as parellas de feito debidamente acreditadas.

Artigo 9º.-Roupa de traballo.

A empresa dotará ó seu persoal da adecuada roupa de traballo.

O persoal obreiro percibirá dúas fundas ou outro tipo de peza de roupa similar cada ano, e se fose necesario, logo de xustificación, seralle proporcionado un terceiro. As indicadas dúas fundas serán entregadas dunha soa vez dentro dos dous primeiros meses de cada ano natural.

En relación co calzado, a empresa dotará ó traballador dun par de botas ou outro calzado de seguridade como mínimo, que o protexan dos riscos que

a súa actividade pode provocar, e sempre que tal actividade requira estas pezas de protección.

O persoal administrativo e técnico, que así o solicite, percibirá cada ano unha bata que lle protexa a súa propia roupa. Exercido este dereito polo empregado, a dita peza de roupa será de uso obrigatorio durante a xornada laboral. No caso de ter que realizar algún labor nos talleres, o empregado será provisto de roupa adecuada (funda, botas de seguridade, casco, etc.) que o protexa dos riscos inherentes a eses lugares de fabricación.

Proverase de roupa e calzado impermeable ó persoal que teña que realizar labores continuos á intemperie en réxime de chuvias frecuentes, así como tamén ós que tivesen que actuar en lugares notablemente encharcados ou lamacentos. En contactos con ácido daráselle ó traballador a roupa adecuada.

Ó traballador que realice o seu labor con lentes graduados, o empresario terá que proporcionarlle uns, sempre que en razón do traballo que realice sufrisen deterioración.

Se o traballador necesitase cristais correctores, proporcionaránselle lentes protectores coa adecuada graduación óptica ou outros que poidan ser superpostos ós graduados do propio interesado.

Artigo 10º.-Capacidade diminuída.

Todos aqueles traballadores que por accidente de traballo, enfermidade profesional, ou común de longa duración, con reducción das súas facultades físicas ou intelectuais, sufran unha capacidade diminuída, terán preferencia para ocupa-los postos máis aptos en relación coas condicións que existan na empresa, sempre que teñan aptitude ou idoneidade para o novo posto.

Artigo 11º.-Pagamento de nóminas.

O pagamento de nóminas realizarase de forma mensual. Non obstante, o persoal poderá solicitar coa debida antelación anticipos a conta dos seus haberes devengados.

En canto á forma de pagamento, a empresa comprométese a realizalo antes do último día de cada mes, excepto que fose festivo ou fin de semana, neste caso, o pagamento será o día inmediatamente anterior.

Para todo o persoal, tanto de taller como de oficina, considéranse as mensualidades de 30 días.

Artigo 12º.-Organización do traballo.

1. Será facultade e responsabilidade da empresa a dirección, organización e control do traballo, con respecto en todo momento ó establecido na lexislación vixente e no presente convenio colectivo. Ó comité de empresa corresponderalle a función de presentar perante a dirección da empresa as propostas e informes que cuide oportunos en relación coa organización do traballo no seo da empresa.

2. 0 comité de empresa será informado pola dirección da empresa das decisións que esta adopte en todo o relativo á organización do traballo, de conformidade coas facultades e competencias que a lei atribúe ó comité de empresa nesta materia.

3. En materia de incentivos, mantense na súa integridade o contido do acordo subscrito entre a dirección da empresa e o comité, do 22 de marzo de 1993 sobre incentivos, tempos e rendementos, ó contido do cal se fai remisión expresa, xuntándose ó presente convenio copia del e as táboas actualizadas a 1998.

4. Para efectos de clasificación profesional, mantense durante a vixencia desta convenio a clasificación ata a data vixente no seo da empresa, coa delimitación e denominación de categorías que se recolle na táboa salarial anexa ó presente convenio, e extraída da clasificación profesional que se contiña na ordenanza laboral siderometalúrxica.

Sen prexuízo do cal, as partes asinantes do presente convenio, propóñense estudiar durante a vixencia desta e de cara á súa posible inclusión nun próximo convenio, un novo sistema de clasificación profesional máis acorde coa situación actual, tomando como referencia os acordos alcanzados entre patronal e sindicatos a este respecto.

Artigo 13º.-Plus por traballos especiais.

Os postos de traballo que impliquen penosidade, toxicidade ou perigosidade dan dereito á correspondente bonificación. A determinación ou cualificación do traballo como penoso, tóxico ou perigoso farase por acordo entre o empresario e a representación legal dos traballadores. En caso de desacordo, decidirá a autoridade laboral.

A expresada bonificación establécese así:

-Cando se produce un só suposto: 58 ptas/hora.

-Se se producisen dous ou máis supostos: 90 ptas/hora.

Ó persoal que con anterioridade viñese percibindo cantidades superiores ás aquí pactadas por estes mesmos conceptos, seranlles respectadas.

En calquera caso, a empresa comprométese a ir adoptando progresivamente as medidas necesarias, dentro das súas posibilidades económicas e técnicas, para ir eliminando calquera situación de penosidade, perigosidade ou toxicidade que no futuro puidese apreciarse nun posto de traballo.

Artigo 14º.-Plus por traballos nocturnos.

Considerarase traballo nocturno o abranguido entre as 22 horas e as 6 horas da mañá.

Tódolos traballadores que teñan dereito a percibir un suplemento de nocturnidade percibirán unha bonificación do 25% sobre o seu salario base. Estes suplementos serán independentes das bonificacións que en concepto de horas extras e traballos excep

cionalmente penosos, tóxicos e perigosos, que corresponda.

Artigo 15º.-Plus de xefe de equipo.

É xefe de equipo o traballador procedente da categoría de profesionais ou de oficio que efectuando traballo manual asume o control de traballo dun grupo de oficiais, especialistas, etc. en número non inferior a tres nin superior a oito.

O xefe de equipo non poderá ter baixo as súas ordes a persoal de superior categoría cá súa. Cando o xefe de equipo desempeñe as súas funcións durante un período dun ano consecutivo ou de tres anos en períodos alternos, se logo cesa na súa función, manteráselle a súa retribución específica ata que polo seu ascenso a superior categoría quede aquela superada. O 20% figurará como concepto en nómina como plus de xefe de equipo.

O plus que percibirá o xefe de equipo consistirá nun 20% sobre o salario base da súa categoría, a non ser que fose tido en conta dentro do factor mando na valoración do posto de traballo.

Artigo 16º.-Salarios.

1. Para 1998, o salario aboarase conforme os importes que para os conceptos de salario base e antigüidade se recollen por categorías na táboa salarial anexa ó presente convenio; e para as primas ou calquera outro concepto retributivo, conforme os importes fixados nos seus artigos respectivos e anexos ó presente convenio.

2. Para o ano 1999, o incremento salarial será o IPC previsto polo Goberno para o dito ano, máis unha cantidade fixa, que será de igual importe para tódalas categorías. Esta cantidade fixa (denominada incremento lineal fixo) determinarase aplicando ó salario base correspondente á categoría de especialista (antes de aplicárselle o IPC) unha porcentaxe do 1,50 por cento. A cantidade resultante será aplicada a tódalas categorías.

* Exemplo de revisión para calquera categoría. Ano 1999

SBRR = SB categoría 98 + incremento IPC + ILF

SBRR = salario base resultante da revisión

SB = salario base da categoría correspondente

Incremento IPC = salario base ano 98 x X/100. Sendo X o IPC previsto polo Goberno para o ano 1999.

ILF = incremento lineal fixo = SB categoría especialista ano 98 x 1,5/100

3. Para o ano 2000, o incremento salarial será o IPC previsto polo Goberno para o dito ano, máis unha cantidade fixa, que será de igual importe para tódalas categorías. Esta cantidade fixa determinarase aplicando ó salario base correspondente á categoría de especialista (antes de aplicárselle o IPC)

unha porcentaxe do 1,25 por cento. A cantidade resultante será aplicada a tódalas categorías.

* Exemplo de revisión para calquera categoría. Ano 2000

SBRR = SB categoría 99 + incremento IPC + ILF

SBRR = salario base resultante da revisión

SB = salario base da categoría correspondente

Incremento IPC = salario base ano 99 x X/100. Sendo X o IPC previsto polo Goberno para o ano 2000.

ILF = incremento lineal fixo = SB categoría especialista ano 99 x 1,25/100

4. Nos anos 1999 e 2000, a antigüidade de cada categoría manterá a mesma relación porcentual respecto do importe do salario base da dita categoría, que o que resulta das táboas do ano 1998 anexas a este convenio e que así figura como RP.

* Exemplo do incremento de antigüidade para a categoría de especialista.

Ano 1998: salario base categoría especialista 100.268 pesetas.

Antigüidade 1998 categoría especialista 4.107 pesetas

RP = relación porcentual que mantén a antigüidade co salario base = 4,10%

Ano 1999 = SBRR categoría especialista para 1999 x RP

Ano 2000 = SBRR categoría especialista para 2000 x RP

Por outra parte e para aqueles traballadores provenientes do cadro de persoal da empresa Plásticos DIK, S.A., que veñan percibindo o concepto salarial denominado complemento persoal consolidado de antigüidade, seguiranse levando a cabo os incrementos actuais sobre este concepto nos termos establecidos no acordo de integración destes traballadores subscrito con data do 28 de outubro de 1991 (incremento anual conforme o 50 por canto do IPC correspondente ó exercicio anterior).

5. No caso das primas de producción, axudas de custo e calquera outro concepto económico recollido neste convenio, agás aqueles conceptos para os que se estableza outro incremento (complemento persoal consolidado de antigüidade, póliza de seguros, etc.), os incrementos anuais que se aplicarán serán:

Ano 1999. Sumarase ás cantidades fixadas neste convenio para o ano 1998, un importe resultante de aplicarlles a tales cantidades unha porcentaxe que será: o IPC previsto polo Goberno para 1999 máis o 1,5 por cento. Isto sen prexuízo dos efectos que teña sobre estas conceptos a cláusula de revisión salarial que se regula no apartado 16º.8 deste artigo.

Ano 2000. Sumarase ás cantidades fixadas neste convenio para o ano 1999, un importe resultante de aplicarlle a tales cantidades unha porcentaxe que será: o IPC previsto polo Goberno para o 2000 máis o 1,25 por cento. Isto sen prexuízo dos efectos que teñan sobre estes conceptos a cláusula de revisión salarial que se regula no apartado 16º.8 deste artigo.

6. As condicións salariais e económicas que se establecen neste convenio absorberán, compensarán e substituirán na súa totalidade e en cómputo anual ás que anteriormente rexesen por imperativos legais, xudiciais, convenios ou pactos de calquera clase.

7. Respectaranse as condicións económicas derivadas das condicións persoais do traballador.

8. Revisión salarial: se o IPC real do ano 1998 superase o 2,5 por 100, a diferencia resultante será tida en conta para determina-la base do cálculo dos incrementos salariais para o ano 1999, se ben non devengarán pagamento de atrasos. Se ten lugar a aplicación desta revisión, tamén se terá en canto o salario base resultante da categoría de especialista, para a determinación do incremento lineal fixo establecido no apartado segundo deste artigo.

Se o IPC real do ano 1999 superase o IPC previsto polo Goberno estatal para o dito ano 1999 en máis de catro décimas, procederase a unha revisión salarial e para tal efecto, a diferencia resultante será tida en conta para determina-la base do cálculo dos incrementos salariais para o ano 2001, se ben, non devengará pagamento de atrasos. Se ten lugar a aplicación desta revisión, tamén se terá en conta o salario base resultante da categoría de especialista, para a determinación do incremento lineal fixo establecido no apartado terceiro deste artigo.

Se o IPC real do ano 2000 superase o IPC previsto polo Goberno estatal para o dito ano 2000 en máis de catro décimas, procederase a unha revisión salarial e para tal efecto, a diferencia resultante será tida en conta para determina-la base do cálculo dos incrementos salariais para o ano 2000, se ben, non devengará pagamento de atrasos.

Artigo 17º.-Cláusula de desvinculación.

Os compromisos en materia salarial contidos no presente convenio non serán de aplicación no caso de que a empresa acredite descensos, en termos reais, da facturación ou resultado negativo no último exercicio, correspondendo en tal suposto o mantemento retributivo do ano anterior.

Para tales efectos, as partes acordan someterse ás seguintes normas de procedemento:

1. A dirección da empresa deberá comunicar por escrito ó comité de empresa, a vontade de acollarse á cláusula de desvinculaeión, antes do transcurso dos primeiros trinta días do ano no que pretende que xa non se aplique o incremento salarial previsto, en execución da presente cláusula de desvinculación; en tal caso, e nun novo prazo máximo de quince días naturais seguintes á comunicación anterior, a

dirección da empresa entregaralle ó comité de empresa a documentación seguinte:

-Memoria explicativa das causas que motivan a solicitude.

-Balance e conta de resultados do anterior exercicio económico.

2. Á vista da documentación achegada, o comité de empresa emitirá o informe correspondente, que poderá ser de aceptación da dita decisión, ou non autorizando un acordo sobre ela, neste caso remitiráselle á comisión paritaria do convenio a indicada documentación.

3. Se a comisión paritaria non dicta resolución ou non alcanzase acordo no prazo de dous días seguintes, procederase conforme o previsto no sistema de arbitraxe AGA 1 do 4 de marzo de 1992, asumindo as partes asinantes o sometemento expreso ó dito sistema, polo simple feito da indicada remisión, sen necesidade de ulterior sometemento ou aprobación.

No caso de que por aplicación desta cláusula se acorde finalmente non aplica-la revisión salarial prevista nun ano determinado, se finalmente nese exercicio a empresa obtivese beneficios que pola súa contía superen nun 400 por 100 o custo do incremento salarial non aplicado, en tal suposto para o ano seguinte aplicarase non só o incremento salarial xa previsto para o novo exercicio, senón tamén o incremento non aplicado no exercicio anterior, aboándose as diferencias salariais correspondentes ó exercicio anterior.

Artigo 18º.-Horas extraordinarias.

Ante a grave situación de paro existente, e co obxecto de favorece-la creación de emprego, as partes asinantes do presente convenio, acordan a conveniencia de reducir ó mínimo indispensable as horas extraordinarias, de acordo cos seguintes criterios:

Horas extraordinarias habituais: supresión.

Horas extraordinarias motivadas por forza maior, entendendo como tales as que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros e outros danos extraordinarios e urxentes, así como no caso de risco de perda de materias primas: realización.

Horas extraordinarias extructurais: mantemento. Co fin de clarifica-lo concepto de horas extraordinarias estructurais, entenderanse como tales as necesarias por períodos de punta de producción, pedidos imprevistos, cambios de quenda, ausencias imprevistas ou outras circunstancias de carácter estructural derivadas da natureza da actividade de que se trate, ou mantemento. Todo isto, sempre que non poidan ser substituídas por contratacións temporais ou a tempo parcial previstas na lei.

A dirección da empresa informará periodicamente ó comite de empresa sobre o número de horas extraordinarias realizadas, especificando as causas e, se

é o caso, a distribución por seccións. Así mesmo, en función desta información e os criterios sinalados anteriormente, a empresa e os representantes legais dos traballadores determinarán o carácter e natureza das horas extraordinarias.

A realización de horas extraordinarias, conforme establece o artigo 35.5º do ET, rexistrarase día a día e totalizarase semanalmente, entregando copia do resumo semanal ó traballador no parte correspondente.

As horas extraordinarias motivadas por causa de forza maior e as estructurais, non terán a recarga nas cotizacións á Seguridade Social, a que se refiren os reais decretos 1858/1981, do 20 de agosto, e 1/1985, do 5 de xaneiro, así como a normativa que vaia complementando e/ou substituíndo ós decretos citados. Para iso notificaráselle así mensualmente á autoridade laboral, conxuntamente pola empresa e o comité de empresa.

En caso de pagamento, establécese para o cálculo do valor das horas extraordinarias a fórmula seguinte:

HE = valor hora extra P (S+A)

P = número de pagas ó ano.

S = salario convenio mes.

A = antigüidade mes.

H = nº horas efectivas ano.

P (S + A) x1,75

HE = -------------------------- x 1,75

H

As horas extraordinarias que se traballen de dez da noite a seis da mañá aboaranse cun 25% de recarga.

Artigo 19º.-Gratificacións extraordinarias.

O persoal afectado por este convenio colectivo percibirá as gratificacións extraordinarias correspondentes ós meses de xullo e Nadal na contía, cada unha delas, de 30 días do salario base maila antigüidade, se é o caso, calculadas sobre as táboas anexas.

Estas gratificacións serán concedidas en proporción ó tempo traballado, rateándose cada unha delas por semestres naturais do ano en que se outorguen. A paga correspondente ó primeiro semestre aboarase entre os días 10 e 25 de xullo. Polo que respecta á do segundo semestre, será aboada entre o 10 e o 20 de decembro.

Artigo 20º.-Antigüidade.

O persoal abranguido no presente convenio percibirá aumentos periódicos por ano de servicio, consistentes no aboamento de quinquenios na contía da táboa anexa.

Computarase para efectos de antigüidade o tempo prestado dentro da empresa a título de traballo en

prácticas, de formación ou outro tipo de contratos de carácter eventual, sempre que ó remate deste tipo de contratos o traballador continuase na empresa.

Para o persoal de novo ingreso a partir da entrada en vigor deste convenio o tope máximo que se aboará por este concepto será de dous quinquenios.

Artigo 21º.-Axudas de custo e viaxes.

Tódolos traballadores que por necesidade da empresa e por orde dela teñan que efectuar viaxes ou desprazamentos que lle impidan realizar comidas ou durmir no seu lugar habitual ou domicilio, terán dereito, durante o ano 1998, ás seguintes axudas de custo:

Axuda de custo completa: 3.852 pesetas/día

Media axuda de custo: 1.561 pesetas/día

Para os anos 1999 e 2000 aplicaranse as revisións establecidas no artigo 16º.5.

Se por circunstancias especiais os custos orixinados exceden o importe das axudas de custo, o exceso deberá ser aboado pola empresa, logo de coñecemento desta e posterior xustificación do traballador.

Se por necesidade ou conveniencia da empresa o traballador ten que se desprazar a presta-lo seu labor noutros centros de traballo, o tempo investido no desprazamento deberá caer dentro da xornada establecida.

Se como consecuencia do desprazamento tivera que iniciarse a viaxe antes de dar comezo a súa xornada, ou se como consecuencia do regreso ó seu punto de partida este se producise unha vez excedida a hora oficial de remate da xornada, o traballador percibirá o tempo de exceso de xornada como horas extraordinarias ou compensación equivalente.

Cando o traballador, por necesidades da empresa e a requirimento desta e aceptación voluntaria daquel, tivese que desprazarse utilizando o seu propio vehículo, aboaráselle a cantidade de 30 pesetas por quilómetro percorrido para o ano 1998, aplicándose para os anos 1999 e 2000 as revisións establecidas no artigo 16º.5 do presente convenio.

Artigo 22º.-Gastos mínimos de locomoción.

Todo o persoal afectado polo presente convenio percibirá por día efectivamente traballado e en concepto de gastos de locomoción, a cantidade de 542 pesetas durante o ano 1998. Para os anos 1999 e 2000 aplicaranse as revisións establecidas no artigo 16º.5 do presente convenio.

Artigo 23º.-Pluriemprego.

As partes asinantes do presente convenio consideran conveniente contribuír á erradicación do pluriemprego, como regra xeral.

Para estas efectos, considérase necesario que se apliquen co máximo rigor as sancións previstas na

lexislación vixente nos casos de traballadores non dados de alta na Seguridade Social por estalo xa neutra empresa.

A empresa comprométese polo presente convenio a non contratar, en réxime de pluriemprego ou xornada reducida, a aqueles traballadores que dispoñan doutra ocupación retribuída por xornada completa e non a tempo parcial, agás circunstancias excepcionais que se xustifiquen perante o comité de empresa.

Artigo 24º.-Servicio militar.

O traballador que se incorpore a filas con carácter oficial ou voluntario, polo tempo mínimo de duración deste servicio, terá reservado o seu posto de traballo durante o tempo en que permaneza cumprindo o servicio militar e dous meses máis, computándose todo este tempo para efectos de antigüidade na empresa.

Durante o tempo da súa permanencia no servicio militar o traballador terá dereito a percibi-las gratificacións extraordinarias de xullo e Nadal.

Poderán reintegrarse ó traballo ós licenciados do servicio militar con permiso temporal superior a un mes, sendo potestativo da empresa facelo cos que desfrutan permiso de duración inferior ó sinalado, sempre que en ámbolos casos medie a oportuna autorización militar para poder traballar.

O traballador fixo que ocupe a vacante temporal dun compañeiro en servicio militar, ó regreso desta volverá ó seu antigo posto na empresa.

Se a substitución fose efectuada por un traballador alleo á empresa, no momento de retorno do fixo cesará, sen dereito a ningunha indemnización se se lle notificase co prazo de 8 días de antelación, aboándoselle estas se non se comunicase.

A non reincorporación do traballador fixo en servicio militar dentro do prazo de reserva do seu posto dará lugar á rescisión do seu contrato de traballo.

Para que sexa de aplicación o anteriormente establecido respecto á percepcion das gratificacións extraordinarias no suposto de que un traballador opte pola prestación social substitutoria, serán necesario que polo menos realice unha prestación efectiva de servicios para a empresa de como mínimo os dous tercios da xornada ordinaria, medida en cómputo mensual, para a que estea contratado, compatibilizándose de tal xeito a prestación social substitutoria coa realización de tal xornada parcial. A empresa colaborará en compatibiliza-la dita xornada co servicio na prestación social substitutoria.

Artigo 26º.-Recibo liquidación.

No caso de baixa na empresa entregaráselle ó traballador copia da liquidación con 5 días de antelación ó cesamento.

Nas liquidacións que teñan lugar por remate ou rescisión de contrato ou outras causas, farase constar que o traballador non perderá o dereito a cobra-lo

que a empresa teña que pagar ós traballadores en concepto de revisións, atrasos ou calquera outro tipo de variación na retribución que corresponda no tempo que o traballador que asine a liquidación prestou os seus servicios.

Artigo 26º.-Acción sindical.

Sen prexuízo do disposto na lexislación vixente, os traballadores desfrutarán das seguintes garantías sindicais.

DIK MGI-COUTIER, S.A. dará conta das novas contratacións que se realicen ós representantes legais dos traballadores.

A empresa está obrigada a ter un taboleiro de anuncios para insercións de propaganda sindical. En canto á inserción desta aplicarase o disposto no Estatuto dos traballadores.

Logo de existencia de común acordo entre a empresa e os representantes de cada sindicato no comité de empresa, poderase pacta-la acumulación mensual de horas sindicais nun ou máis representantes de cada sindicato.

Dentro das formalidades previstas nos artigos 77 e seguintes do Estatuto dos traballadores, a empresa facilitará o exercicio de reunións informativas fóra da xornada laboral, e durante dúas horas ó mes.

Cada un dos representantes sindicais poderá dispoñer dun crédito de 20 horas mensuais retribuídas para o exercicio das súas funcións de representación.

Quedarán incluídas neste crédito as horas destinadas a asistir ás convocatorias sindicais que, en todo caso, deberán ser correctamente realizadas.

Artigo 27º.-Excedencias.

Os traballadores cunha antigüidade na empresa de polo menos un ano terán dereito a que se lles recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria por un prazo non menor de dous anos e non maior de cinco. Este dereito só poderá ser exercido outra vez polo mesmo traballador se transcorreron catro anos desde o remate da anterior excedencia.

Os traballadores terán dereito a un período de excedencia, non superior a tres anos, para atende-lo cuidado de cada fillo, contado desde a data do nacemento deste. Os sucesivos fillos darán dereito a un novo período de excedencia que, se é o caso, porán fin ó que viñese desfrutando. Cando o pai e a nai traballen, só un deles poderá exercer este dereito.

Poderán así mesmo solicita-lo seu paso á situación de excedencia na empresa os traballadores que exerzan funcións sindicais de ámbito provincial ou superior mentres dure o exercico do seu cargo representativo.

No non previsto neste artigo aplicarase o que establece o Estatuto dos traballadores (artigo 46).

A petición de excedencia será formulada por escrito e presentada á empresa cun mes de antelación

como mínimo á data na que solicite comezala e a empresa dará recibo da presentación.

A concesión da excedencia por parte da empresa efetuarase tamén en comunicación escrita.

A incorporación ó posto de traballo deberá ser notificada polos traballadores cun mes de antelación á data de remate do desfrute da excedencia. A notificación farase por escrito e a empresa estará obrigada a xustifica-la recepción do escrito.

Notificada a reincorporación nas condicións indicadas será admitido o traballador nas mesmas condicións que rexían no momento da iniciación da excedencia.

Artigo 28º.-Xubilación.

A empresa e os traballadores poderán pactar, logo de existencia de común acordo por ámbalas partes, xubilacións anticipadas ós 64 anos, de conformidade co disposto no Real decreto lei 14/1981, do 20 de agosto e Real decreto 2705/1981, do 19 de outubro, así como a normativa que vaia complementalo e/ou substituíndo os decretos citados, debendo a empresa cubri-las ditas vacantes con traballadores que sexan titulares do dereito de calquera das prestacións económicas por desemprego ou xove demandante de primeiro emprego mediante un contrato que cumpra os requisitos esixidos nas normas citadas.

Artigo 29º.-Contratación eventual e de formación.

Contratos en prácticas. Transcorrido o primeiro ano, DIK MGI-COUTIER, S.A., comunicaralle ó traballador en prácticas a continuidade ou non do contrato. En caso de decidir non continuar poderase rescindi-lo contrato, respectándose os prazos establecidos tanto para proceder á comunicación de aviso previo como para devenga-los haberes e demais percepcións a que teña dereito o traballador. A empresa, neste último caso, poderá formalizar outro contrato en prácticas con traballador distinto.

A retribución do traballador será a do 65% ou o 80% durante o primeiro ou o segundo ano de vixencia do contrato, respectivamente, do salario fixado en convenio para un traballador que desempeñe o mesmo ou equivalente posto de traballo.

Contratos de formación. Poderán formalizarse contratos de formación con mozos con idades comprendidas entre os 16 e 21 anos de idade.

A retribución será do 85% do salario mínimo interprofesional que lle corresponda pola súa idade para o primeiro ano e do 95% do salario mínimo interprofesional que lle corresponda pola súa idade para o segundo ano de contrato.

Naqueloutros contratos de duración determinada por circunstancias do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos, regulados no Real decreto lei 8/1997, do 16 de maio, as partes remítanse expresamente no relativo á duración máxima e período dentro do cal poidan pactarse, ó que para o efecto se estableza no próximo convenio colectivo sectorial

de empresas do sector do metal da provincia de Pontevedra sen convenio propio, o contido normativo do cal, nesta materia concreta, se adhiren; en todo caso, e sempre ó abeiro do que se estableza no dito convenio sectorial, o período máximo dentro do cal se poderán realizar será de dezaoito meses, non podendo supera-la duración do contrato as tres cuartas partes do período de referencia establecido.

Artigo 30º.-Réxime disciplinario.

1. Concepto de infracción e facultade disciplinaria. Son infraccións, as accións e omisións dos traballadores que supoñan un incumprimento dos seus deberes laborais nos termos que se establecen no presente artigo.

A empresa poderá sanciona-las accións ou omisións culpables dos traballadores que supoñan incumprimentos laborais, de acordo coa graduación das faltas e sancións que se establecen nos apartados seguintes.

2. Graduación das faltas. Toda falta cometida polo traballador cualificarase en atención á súa importancia, transcendencia ou intención en leve, grave ou moi grave.

3. Faltas leves. Consideraranse faltas leves as seguintes:

a) Dunha a tres faltas de puntualidade na asistencia ó traballo sen a debida xustificación, no período dun mes.

b) Non notificar con carácter previo ou, se é o caso, dentro das 24 horas seguintes á falta, agás caso de forza maior, a razón da ausencia ó traballo, a non ser que se probe a imposibilidade de facelo.

c) O abandono do servicio ou posto de traballo, sen causa xustificada, aínda por breve tempo, se como consecuencia desta se ocasione prexuízo dalgunha consideración á empresa ou ós seus compañeiros de traballo.

d) Pequenos descoidos na conservación e/ou mantemento dos equipos e material de traballo.

e) Non atender ós clientes ou provedores coa corrección e dilixencia debidas.

f) Non comunicarlle á empresa os cambios de residencia ou domicilio, sempre que poida ocasionar algún tipo de conflicto ou prexuízo a terceiros ou á empresa.

g) Faltar ó traballo un día ó mes sen causa xustificada.

h) Non comunicar coa puntualidade debida os datos experimentados na familia que poidan afectar á Seguridade Social ou que teñan efectos tributarios.

i) As que supoñan incumprimento de prescricións, ordes ou mandatos dun superior no exercicio regular das súas funcións.

j) A falta de asistencia non xustificada ós cursos de formación teórica ou práctica, dentro da xornada ordinaria de traballo.

k) Discutir cos compañeiros ou cos clientes ou provedores dentro da xornada de traballo.

4. Faltas graves. Consideraranse como faltas graves as seguintes:

a) Máis de tres faltas non xustificadas de puntualidade na asistencia ó traballo cometidas no período dun mes.

b) Falta de 2 a 3 días ó traballo durante un período de 30 días sen causa que o xustifique. Abondará unha soa falta canto tivese que relevar a un compañeiro ou cando como consecuencia desta se causase prexuízo dalgunha consideración ó empresario.

c) A falsidade na comunicación dos datos relativos á familia que poidan afectar á Seguridade Social ou á Administración tributaria.

d) Entregarse a xogos durante a xornada de traballo de maneira reiterada e causando, con isto, un prexuízo ó desenvolvemento laboral.

e) A desobediencia ás ordes ou mandatos dos seus superiores no exercico regular das súas funcións, sempre que teña unha transcendencia grave para a empresa.

f) A continuada e habitual falta de aseo e limpeza, de tal índole, que produza queixas xustificadas dos seus compañeiros de traballo.

g) Simular ou suplanta-la presencia doutro ó traballo, asinando ou fichando por el.

h) A neglixencia ou desidia no traballo que afecte á boa marcha deste, tamén terá esta consideración se é causa de accidente grave.

i) Realizar sen o oportuno permiso, traballos particulares durante a xornada, así como o emprego, para usos propios, de ferramentas, de maquinaria, aparellos ou vehículos da empresa.

j) A reincidencia en falta leve (excluída a puntualidade) aínda que sexa de distinta natureza, dentro dun trimestre e mediando sanción que non sexa a de amoestación verbal.

k) Calquera atentado contra a liberdade sexual dos traballadores/as que se manifeste en ofensas de tipo verbal ou físico, falta de respecto á intimidade e/ou dignidade da persoa.

5. Faltas moi graves. Consideraranse como faltas moi graves as seguintes:

a) Máis de dez faltas non xustificadas de puntualidade na asistencia ó traballo cometidas nun período de seis meses, ou de vinte nun ano.

b) As faltas inxustificadas ó traballo durante tres días consecutivos ou cinco alternos nun período dun mes.

c) A fraude, deslealdade ou abuso de confianza nas xestións encomendadas e o furto ou roubo, tanto ós seus compañeiros de traballo como ó empresario ou a calquera outra persoa dentro das dependencias

da empresa ou durante o traballo en calquera outro lugar.

d) A simulación de enfermidade ou accidente. Entenderase sempre que existe falta cando un traballador en baixa por tales motivos realice traballos de calquera índole por conta propia ou allea. Tamén se comprenderá neste apartado toda a manipulación feita para prolonga-la baixa ou enfermidade.

e) O abandono do servicio ou posto de traballo sen causa xustificada aínda por breve tempo, se como consecuencia se ocasiona un prexuízo considerable á empresa ou ós seus compañeiros de traballo, puxese en perigo a seguridade ou fose causa de accidente.

f) A embriaguez e o estado derivado do consumo de drogas, sempre que este supoña algunha alteración nas súas facultades físicas ou psicolóxicas no desempeño das súas funcións.

g) Viola-lo segredo da correspondencia ou revelar datos confidenciais da empresa.

h) Realización de actividades que impliquen competencia desleal á empresa.

i) Os malos tratos de palabra ou obra, abuso de autoridade ou falta grave de respecto e consideración ós seus xefes ou ós seus familiares, así como ós seus compañeiros, subordinados, provedores e clientes da empresa.

j) A diminución voluntaria non xustificada e avaliable no rendemento do traballo.

k) A reincidencia en falta grave, aínda que sexa de distinta natureza, sempre que se cometan no período de dous meses e fosen obxecto de sanción.

l) A desobediencia ás ordes ou mandatos dos seus superiores en calquera materia de traballo, se implicase quebranto manifesto da disciplina ou dela se derivase prexuízo notorio para a empresa ou ós seus compañeiros de traballo. Terán a consideración de abuso de autoridade, os actos arbitrarios realizados con infracción manifesta e deliberada dos preceptos legais e con prexuízo para o traballador, realizados por directivos, xefes ou mandos intermedios.

m) Os atentados contra a liberdade sexual dos traballadores que se produzan prevalecéndose dunha superioridade laboral ou se exerza sobre persoas especialmente vulnerables pola súa situación persoal ou laboral.

6. Réxime de sancións. Correspóndelle á empresa e ós seus representantes, en uso da facultade de dirección, impoñer sancións nos termos estipulados no presente artigo.

A sanción das faltas requirirá comunicación por escrito ó traballador, facendo consta-la data e os feitos que a motivaron.

A empresa dará conta ós representantes legais dos traballadores de toda sanción por falta grave e moi grave que se impoña.

Imposta a sanción, o cumprimento temporal dela poderase dilatar ata un máximo de 60 días despois da data da súa imposición ou da súa firmeza.

7. Sancións. As sancións máximas que poderán impoñerse ós que incorran nas faltas leves, graves ou moi graves serán as seguintes:

a) Por faltas leves.

-Amoestación verbal.

-Amoestación por escrito.

b) Por faltas graves.

-Amoestación por escrito.

-Suspensión de emprego e soldo de dous a vinte días.

c) Por faltas moi graves.

-Amoestación por escrito.

-Suspensión de emprego e soldo de vinte a sesenta días.

-Despedimento.

8. Prescrición. Dependendo da súa graduación, as faltas prescriben ós seguintes días:

a) Faltas leves: 10 días.

b) Faltas graves: 20 días.

c) Faltas moi graves: 60 días.

A prescrición das faltas sinaladas empezará a contar a partir da data en que a empresa tivo coñecemento da súa comisión e, en todo caso, ós seis meses de cometerse.

Artigo 31º.-Seguro colectivo.

A empresa concertará un seguro colectivo de accidentes, con primas íntegras ó seu cargo, mediante póliza que cubra as seguintes indemnizacións para o ano 1998:

A. Accidente laboral ou común con resultado de morte: 3.000.000 de pesetas.

B. Accidente laboral ou común con resultado de invalidez permanente total, invalidez permanente absoluta ou gran invalidez: 5.000.000 de pesetas.

Para os anos 1999 e 2000 estas indemnizacións serán revisadas e aumentadas na mesma proporción que sinale o IPC previsto polo Goberno para cada un dos ditos anos.

A repercusión na cobertura da póliza pola diferencia do incremento que se produce entenderase con efectos a partir de 30 días despois do asinamento do presente convenio. O traballador facilitará o nome do beneficiario.

Para o persoal de nova incorporación, a póliza de seguros establecida no presente artigo deberá concertarse no prazo dun mes a partir da contratación do traballador.

Unha copia da póliza inserirase no taboleiro de anuncios da empresa.

Ademais da cobertura así establecida, acordarase coa compañía de seguros unha cobertura complementaria que incremente as indemnizacións antes establecidas, á que poderán acollerse voluntariamente aqueles traballadores que así o decidan, correndo por conta do traballador o aboamento da diferencia de prima que se derive desta cobertura.

Artigo 32º.-Incapacidade temporal.

A prestación por incapacidade temporal derivada de accidente laboral, ocorrido no centro de traballo ou en desprazamentos a outros centros ou lugares de traballo dentro da xornada laboral, complementarase ó cento por cento desde o primeiro día da baixa.

En caso de hospitalización, o traballador percibirá o cento por cento do seu salario desde o primeiro día.

Para ter dereito a esta mellora o traballador deberá demostrar documental e fidedignamente perante a empresa o internamento nun centro hospitalario.

Artigo 33º.-Comisión paritaria e de vixilancia.

Establécese a comisión mixta e paritaria do convenio como órgano de interpretación, conciliación e vixilancia do seu cumprimento.

A comisión estará integrada pola representación de ámbalas partes negociadoras coa mesma estructura, isto é, composta por un máximo de seis vocais por cada unha das partes.

Ademais das competencias xerais de interpretación, aplicación e seguimento do convenio, e sen prexuízo das normas xerais de procedemento administrativo e procesuais, a comisión mixta paritaria poderá funcionar por instancia de parte como órgano de mediación nos conflictos derivados da aplicación do convenio.

A comisión mixta paritaria reunirase con carácter ordinario polo menos unha vez ó ano, así como sempre que sexa convocada para o efecto por calquera das partes, convocatoria que deberá efectuarse polo menos con setenta e dúas horas de antelación.

Artigo 34º.-Lexislación subsidiaria.

En todo o non expresamente regulado neste convenio, aplicarase o previsto no Estatuto dos traballadores, e nas demais disposicións legais vixentes de desenvolvemento, así como no relativo á clasificación profesional, na ordenanza laboral sideromatalúrxica do 29 de xullo de 1970 que na dita materia sexa aplicable para os citados efectos.

Así mesmo, ámbalas partes comprométense a estudia-la adhesión no ámbito desta empresa ós acordos de cobertura de baleiros que se vaian subscribindo no futuro tanto entre as organizacións sindicais e a confederación patronal do metal -CONFEMETAL-, como entre as organizacións sindicais e as confederacións patronais CEOE-CEPYME, en función das posibilidades de adaptación de tales acordos a este ámbito empresarial. Tan pronto como se publique

un acordo, reunirase no prazo máximo dun mes acomisión paritaria para estudia-la incorporación, se procede, do dito acordo.

Artigo 35º.-Extinción do contrato por causas obxectivas.

1. Cando a empresa queira facer uso do dereito concedido no artigo 52.1º c) do Estatuto dos traballadores e conforme o procedemento previsto no artigo 53 do mesmo texto legal, deberá entregar, ademais da comunicación prevista na norma, e simultaneamente, unha memoria explicativa que faga referencia á causa de extinción, tanto ó traballador ou traballadores afectados como ó representante ou representantes dos traballadores na empresa.

2. Sen prexuízo da eficacia e executividade do acordo extintivo, conforme o procedemento establecido na lei, o comité de empresa emitirá informe motivado sobre a decisión empresarial e a causa extintiva alegada no prazo de catro días hábiles de acordo coa lei vixente.

3. Dos informes ós que se fai referencia no apartado 2 anterior darase traslado á dirección da empresa para a súa unión ó expediente, entendéndose que transcorridos os prazos previstos para a súa emisión sen facelo se desiste de tal dereito.

4. O procedemento previsto no presente artigo non suspenderá nin interromperá os prazos previstos no artigo 53.1º c) do Estatuto dos traballadores.

5. A presente cláusula considerarase para tódolos efectos de carácter obrigacional.

Artigo 36º.-Persoal de novo ingreso e regulación do cesamento voluntario.

1. Ó persoal de novo ingreso faráselle un contrato de traballo por escrito, debendo quedar no seu poder unha copia del. Os períodos de proba para o persoal de novo ingreso serán de:

-6 meses para os técnicos titulados.

-2 meses para o resto do persoal.

2. A empresa entregaralle ó comite de empresa unha copia básica de tódolos contratos que deban celebrarse por escrito, de acordo co Real decreto lei 1/1995, do 24 de marzo, nos seus artigos 8.3º y 64.

3. A empresa notificaralle ó comité de empresa as prórrogas dos contratos de traballo das que foi entregada a copia básica, así como as denuncias correspondentes a eles.

4. No caso do cesamento voluntario do traballador, deberá mediar un aviso previo mínimo de quince días, agás no caso do persoal administrativo que será dun mes e persoal con mando, persoal técnico e persoal titulado medio ou superior; neste caso, o aviso previo deberá ser dun mínimo de dous meses ou do que se fixase en contrato individual co dito

persoal. Este pacto rexerá tanto para as novas contratacións como para as actualmente vixentes.

Artigo 37º.-Formación profesional.

A empresa colaborará coas organizacións empresariais e sindicatos para a realización de cursos de formación para os traballadores, segundo o acordo de formación continua, sendo as organizacións empresariais e os sindicatos os órganos autorizados e con competencias para desenvolve-lo dito labor con carácter sectorial.

O anteriormente exposto non minguará a facultade da empresa para promover cantas acción formativas e plans de formación dentro da empresa se consideren oportunos; de todo isto e como sinala o acordo de formación continua para o ámbito empresarial, informarase ó comité de empresa e solicitará o informe correspondente desta.

Os traballadores que participen en cursos de formación continua teránselles en conta estas para efectos de promoción interna e o acceso a categorías superiores.

Artigo 38º.-Préstamos ó persoal.

A empresa constituirá pola súa conta unha bolsa por un importe máximo de ata cinco millóns cen mil pesetas; a súa finalidade será a concesión de préstamos ó persoal con relación laboral indefinida que o solicite e xustifique a súa necesidade, que non poderán superar un importe por traballador de 300.000 pesetas, un prazo máximo de amortización de 15 meses, e sen aplicación de ningún xuro. Nun regulamento específico estableceranse as causas que motivarán o dereito a tales préstamos, as condicións e forma da súa devolución, así como as demais circunstancias relacionadas con tales préstamos.

Artigo 39º.-Dereitos da muller traballadora.

A muller traballadora terá a mesma equiparación có home nos aspectos salariais e de xornada, de maneira que a igual traballo, a muller teña igual retribución e desfrute do mesmo sistema de formación e promoción.

Nas categorías profesionais non se fará distinción entre categorías femininas e masculinas. A muller traballadora terá no seo da empresa as mesmas oportunidades có home nos casos de ascensos e funcións de maior responsabilidade.

Disposicións adicionais

Primeira.-Pacto de paz social.

Durante a vixencia deste convenio, a representación dos traballadores comprométese expresamente a non facer uso do dereito de folga con ocasión do proposta ou resolución de cantas diferencias e conflictos de carácter colectivo xurdan coa dirección da empresa, acudindo para a súa resolución ás decisións que se adopten no seo da comisión paritaria, ou, de non alcanzarse acordo, acudirase a canles

de mediación, arbitraxe e conciliación que se conveñan de mutuo acordo polas partes.

Queda condicionado o anterior compromiso, a que pola súa vez a empresa non aplique medidas de carácter colectivo, sen ter esgotado previamente tódalas canles de diálogo co comité de empresa, ou, a falta de acordo con este, tódalas canles de mediación, arbitraxe e conciliación que conveñan de mutuo acordo as partes.

Segunda.-Compromiso de productividade e competitividade.

A necesidade de que DIK MGI-COUTIER, S.A. sexa competitiva nun mercado mundial cada vez máis esixente, abríganos a continua-los esforzos de mellora continua de tódolos parámetros que afectan á productividade e á reducción dos custos finais dos productos, para responder a esa necesidade e a demanda dos nosos clientes.

A representación dos traballadores, tendo en consideración o esforzo que para a empresa supón o incremento salarial pactado no presente convenio e resto de condicións económicas e sociais establecidas, comprométese, xunto coa dirección da empresa, a impulsa-los plans de mellora continuada da productividade, economía dos procesos de producción, calidade, seguridade e reducción do absentismo, así como ó seguimento dos obxectivos no seo dos grupos de traballo existentes o nas comisións que puidesen ser creadas para o efecto.

Terceira.-Actualización salarial.

Co fin de posibilita-la adecuada actualización das táboas do exercicio 1998 e o aboamento dos importes salariais actualizados, acórdase fixa-lo día 28 de febreiro como prazo máximo para tal fin, sen prexuízo dos efectos do presente convenio desde o día 1 de xaneiro de 1998.

Cuarta.-Salvagarda de validez do convenio.

No caso de que por calquera causa a autoridade laboral ou a xurisdicción competente declarase a nulidade de calquera dos artigos, disposicións adicionais e cláusulas do presente convenio, isto non implicará a nulidade do resto do seu contido, asumindo as partes a abriga de substituí-lo artigo que resultase anulado por un novo acorde na materia específica da que se trate.

Cláusula derrogatoria

Dado que o presente convenio substitúe o convenio do anterior ámbito, convenio de empresas da provincia de Pontevedra do sector do metal sen convenio propio, as partes asinantes declaran, no que se refire a esta empresa, como totalmente derrogadas e inaplicables para os traballadores desta empresa, as disposicións e articulado contido no convenio do metal que estivese vixente ata o 31-12-1997, as cales xa non serán aplicables a ningún efecto ó persoal con relación laboral con DIK MGI-COUTIER ou que se contrate no futuro.

Cláusula derradeira

O presente convenio é subscrito polas persoas que se citan a seguir en representación de cada unha das partes negociadoras:

-Pola representación da empresa:

Bartolomé Campins Traspuesto.

Francisco Domínguez Rego.

Luis Angel Salas Manrique.

Amador de Prado Sierra.

-Pola representación do comité de empresa:

Ramiro Álvarez García.

M. Ángel Carbajo Sanjuan.

Mª Carmen Comesaña Comesaña.

Pilar Feijoo Cea.

Gabino González Gómez.

Antonio Pena Hevia.

Táboa salarial para o ano 1998

CategoríasSalario baseAntigüidadeR.P.

Técnicos titulados:
Enxeñeiros e licenciados202.9778.4454,16%
Peritos con responsabilidade183.4607.6304,16%
Enxeñeiros e técnicos industriais174.8467.0884.05%
Graduados sociais137.6695.5294,02%
Mestres industriais135.3384.7763,53%
Practicantes114.9664.5783,98%

Técnicos de taller:
Xefe de taller148.7846.1804,15%
Mestres de taller133.2865.5354,15%
Contramestre133.2865.5354,15%
Encargado121.8165.0494,14%
Capataz de especialistas104.1554.3204,15%
Capataz de peóns ordinarios99.9424.1374,11%

Técnicos de laboratorio:
Xefe de primeira155.3166.4504,15%
Xefe de segunda133.2865.5354,15%
Analista primeira121.8165.0494,14%
Analista segunda104.9954.3474,14%

Auxiliar95.4833.9004,08%

CategoríasSalario baseAntigüidadeR.P.

Técnicos de oficina:
Delineante proxectista140.1726.1134,36%
Delineante de primeira116.2634.8234,15%
Delineante de segunda106.3414.4114,15%
Auxiliar95.4833.9004.08%

Organización científica do traballo:
Xefe de primeira148.1706.1814,17%
Xefe de segunda137.7595.7194,15%
Técnico organización primeira119.7854.9684,15%
Técnico organización segunda107.1794.4494,15%
Auxiliar95.4833.9004,08%

Administrativos
Xefe de primeira148.7706.1804,15%
Xefe de segunda137.7595.7194,15%
Oficial de primeira119.7824.9684,15%
Oficial de segunda107.1794.4494,15%
Viaxante119.7827.9684,15%
Axiliar95.4833.9004,08%

Persoal subalterno:
Chofer camión104.9574.3484,14%
Chofer turismo102.7324.2584,14%
Chofer motocicleta96.0593.9784,14%
Listeiro101.5964.2104,14%
Almaceneiro98.2744.0744,15%
Pesador báscula96.0593.9784,14%
Vixilante93.8353.8864,14%
Porteiro ordenanza91.6203.7924,14%

Operarios de taller:
Oficial de primeira112.5484.6774,16%
Oficial de segunda107.8774.3944,07%
Oficial de terceira103.1804.2464,12%
Especialista100.2684.1074,10%
Peón95.4833.9004,08%

Menores de 18 anos:
De 17 a 18 anos62.297
De 16 a 17 anos62.297

Plus traballos especiais:
Un só posto ptas./hora58
Dous ou máis supostos ptas./hora90

Axuda de custo:
Axuda de custo completa ptas./día3.852
Media axuda de custo ptas./día1.561

Plus transporte:
Por día traballado... ptas.542

Acordo sobre incentivos, tempos e rendementos

Primeiro.-A partir do día 1 de abril de 1993, os traballadores a quenda rotativa da empresa, procedentes do antigo cadro de persoal de Industrial DIK, S.A. -taller do metal-, realizarán o seu traballo en xornada continuada, a duración concretarase no calendario laboral, debendo toma-lo bocadillo sobre a marcha no seu propio posto de traballo, sen abandono desta, e sen computarse este tempo como de descanso, coa consiguinte non obriga da súa recuperac1ón.

Este acordo plasmarase debidamente no calendario laboral para o ano 1993, que se subscribirá na empresa SIK MGI-COUTIER, S.A.

Segundo.-Acordo sobre incentivos, tempos e rendementos: o convenio que sobre tal materia se encontra actualmente en vigor entre a dirección da empresa e o persoal procedente do antigo cedro de Plásticos DIK, S.A., será obxecto:

A) De modificación, redactándose o seu artigo 8º na seguinte forma: «Táboa de rendementos para

1993 e sucesivos: a actual táboa de rendementos en vigor desde o 1 de xaneiro de 1992, sufrirá un incremento a partir da data de asinamento do presente documento segundo a táboa de rendementos que se xunta, de tal xeito que para o rendemento do kb 1.33 lle correspondan para 168 horas de traballo cronometrados o 25 por 100 do salario base segundo o convenio colectivo en vigor. Subscríbese entre ámbalas representacións, táboa anexa de rendementos para o exercicio 1993 e sucesivos, antes citada, a cal será revisada incrementándose linealmente cos incrementos salariais que se acorden na negociación do próximo convenio colectivo para as empresas siderometalúrxicas da provincia de Pontevedra para 1993 e sucesivos, dada a non negociación do dito convenio nesta data».

B) De extensión ó persoal de producción procedente do antigo cadro de persoal de Industrial DIK, S.A., -taller de metal-, desde a data de asinamento do presente documento e coas seguintes condicións:

1. No taller de metal o compromiso de productividade a nivel individual contido no artigo 7 do

convenio de incentivos, tempos e rendementos, aplicarase co seguinte réxime transitorio:

-O compromiso mínimo individual para os tres primeiros meses, contados desde a data de asinamento do presente documento, será unha actividade mínima equivalente ó kb 1.00; pero o dito kb 1.00 deberá ser alcanzado despois dun período de 30 días.

-A partir dos tres meses, a actividade mínima será o kb 1.17.

-A partir dun ano desde a data destes acordos, o compromiso pasará a se-lo establecido no acordo vixente, é dicir, a actividade mínima do kb 1.25.

2. Condicións particulares para os prazos de entrada en vigor dos compromisos de productividade para a sección de prensas do taller de metal (incluídos os postos de soldadura).

A entrada en vigor dos prazos sinalados de tres meses para alcanza-la actividade mínima do kb 1.17 e de doce meses para alcanza-la actividade mínima do kb 1.25, no caso particular da sección de prensas (incluídos os postos de soldadura), quedan supeditados ás seguintes condicións:

2.1. No transcurso desta período transitorio por parte da empresa adoptaranse as medidas e accións necesarias para a reducción de operacións actualmente sen cronometrar e reducción de dificultades de proceso, nos casos que sexa técnica e economicamente posible, de xeito que poidan alcanzarse os seguintes obxectivos nos prazos que se sinalan a seguir:

Indicadora 3 meses a 12 meses

-Porcentaxe tempos sen cronometrar

sobre o total de tempos 27% 12%

-Porcentaxe de dificultades de proceso

sobre tempos sen cronometrar 15% 15%

O documento base de partida será o documento resumo xeral de operacións sen cronometrar do 29 de febreiro de 1993 que se xunta no anexo II.

2.2. A empresa presentará ó remata-los ditas períodos un informe á comisión paritaria prevista no artigo 2º.7 do convenio I.T.R. sobre o cumprimento dos obxectivos previstos no apartado 1 anterior.

A comisión paritaria emitirá o seu informe sobre o cumprimento dos ditas obxectivos nun prazo máximo de 7 días.

2.3. Á vista do informe da comisión paritaria:

a) De alcanzarse os obxectivos sinalados, os compromisos de productividade na sección de prensas entrarán en vigor plena e definitivamente nos prazos sinalados para eles, notificándoselle ó comité de empresa.

b) De non se alcanza-los obxectivos sinalados, producirase unha moratoria no prazo de entrada en vigor dos compromisos de productividade na sección de prensas, sinalándose un novo prazo de tres meses como máximo, durante o cal a empresa poderá presentar un novo informe de cumprimento de obxectivos á comisión paritaria.

No caso de discrepancias no seo da comisión paritaria, sobre o cumprimento dos obxectivos previstos, e de non chegarse a un acordo entre ámbalas partes, as partes conveñen en somete-lo informe presentado pola empresa á decisión arbitral de tres peritos con titulación de enxeñería industrial técnica ou superior, designados un por cada parte e o terceiro de mutuo acordo a adoptar polos outros peritos ou, no seu defecto, por outra canles que para tal fin se conveña; tales peritos emitirán dictame no prazo dun mes desde a súa designación, no que decidirán de forma vinculante para as partes.

Este condicionado, o contido do presente apartado B).2 só se aplicará á sección de prensas; ben entendido que no caso de que un traballador viñese desenvolvendo o seu traballo en tal sección, se é destinado pola dirección a outro posto de traballo alleo a ela, quedará desde tal modificación de posto de traballo suxeito ós rendementos aplicables ou en vigor nese novo posto de traballo, tralo período de aprendizaxe previsto no convenio de I.T.R. en vigor.

Unha vez transcurrido un ano de réxime transitorio no taller de metal, a actuación da dirección da empresa será similar respecto de todo o persoal da empresa.

3. Condicións particulares para o persoal pertencente ás seccións comúns da fábrica.

Os traballadores pertencentes ó antigo cadro de Plásticos DIK, S.A., que estean traballando nas seccións comúns da fábrica ligadas á producción (almacéns e calidade/laboratorio), artigo 6.10, parágrafo 2º do convenio I.T.R., que na data do asinamento desta acordo viñesen percibindo a prima de posto en función do kb medio do taller de plásticos, continuarán percibindo durante o período transitorio dun ano a prima de posto en función do kb medio do taller de plásticos.

O final desta período transitorio, a prima de posto pasará a percibirse polo kb medio de fábrica, de acordo co artigo 6.10, parágrafo 2º do convenio I.T.R.

Terceiro.-Os presentes acordos polo que ós seus efectos económicos se refire, táboa de rendementos para 1993, artigo 2º a) deste documento, aplicaranse con carácter retroactivo ó 1 de xaneiro de 1993.

Aboaráselle a cada traballador a diferencia que lle corresponda entre a retribución xa percibida por prima de producción (clave 11 da nómina) e a resultante da aplicación da nova táboa de rendementos acordada. Igualmente aboarase a diferencia resultante ós traballadores que perciban unha prima de posto (clave 12 da nómina).

Cuarto.-Dadas as modificacións que os anteriores acordos supoñen para o convenio de incentivos, tempos e rendementos, vixente na empresa, ata esta data tan só respecto do persoal procedente de Plásticos DIK, S.A., ámbalas partes aproban neste acto un texto refundido no que se recollen e refunden tódolos acordos vixentes na empresa sobre esta materia (convenio de incentivos, tempos e rendementos da empresa Plásticos DIK, S.A., do 27 de maio de 1983; acordos de modificación parcial subscritos no ámbito de tal empresa con data 28 de outubro de 1991); sen prexuízo de que as partes aproveiten

para introducir no texto de tal convenio, as modificacións técnicas ou doutro tipo que nel se plasman e subscriben entre as partes.

Dos presentes acordos daráselle traslado para os efectos legáis procedentes, á autoridade laboral competente.

O que así conveñen e subscriben os comparecentes, no lugar e data que no inicio se citan.

-Pola empresa DIK MGI-COUTIER, S.A.

-Membros do comité de empresa DIK MGI-COUTIER, S.A.

ANEXO II

DIK MGI COUTIER, S.A.(taller metal)

Réxime xeral de operacións sen cronometrar

Período 16-1 ó 10-2 ano 1998

SecciónMinutosHorasTotal presencia%

140.570,00676,161.730,91 39,06
513.978,00232,961.317,75 17,67
8106.435,001.773,911.908,58 92,94
Totais160.983,002.683,034.957,24 54,12

Texto refundido do convenio de incentivos, tempos e rendementos de DIK MGI-COUTIER, S.A., do 22 de marzo de 1993

Incentivos, tempos e rendementos.

Unha vez acordado entre a empresa e os traballadores o sistema de incentivos, a empresa establecerá a súa implantación os diferentes postos de producción dunha forma progresiva e en función das circunstancias e tipo de traballo dos postos correspondentes.

O sistema de incentivos rexerá na empresa sempre que exista carga de traballo suficiente e a empresa sinalará os topes da producción que se va realizar.

O sistema de tempos e rendementos rexerase polos artigos que se desenvolven a seguir:

Artigo 1º.-Tempos.

1. Os tempos serán determinados polos procedementos de cronometraxe e valoración polos servicios técnicos da empresa, sendo estas: estimados, provisionais e definitivos.

2. Ó poñerse en marcha unha nova operación ou unha modificación de postos de traballo e ata que sexa posible realiza-la primeira cronometraxe, aplicaranse tempos estimados que serán obtidos por apreciación por persoa capacitada, práctica e profesionalmente.

3. Considérase como tempo provisional o obtido na primeira cronometraxe dun traballo novo ou modificado que se producise unha vez que os servicios técnicos consideren unha garantía na estabilización do método e práctica do operario.

4. Considerarase tempo definido o que se asigne a cada traballo na segunda cronometraxe que se realizará en canto as condicións mecánicas e operatorias se encontren totalmente estabilizadas.

Artigo 2º.-Revisión de tempos.

1. Os tempos definitivos non poderán ser modificados excepto nos casos seguintes:

a) Por modificación dos medios, máquinas, equipos, ferramentas, etc.

b) Por mellora do proceso operatorio calquera que sexa a orixe da mellora.

c) Cando se incorrese de modo manifesto ou indubitado en erro de cálculo ou medición comprobable en gamas ou follas de análise.

d) Se no traballo houbese cambio no número de traballadores ou algunha outra modificación nas condicións daquel.

e) Nos postos considerados como tempos variables por circunstancias alleas a eles, como recuperacións, etc. Nestes postos os tempos serán revisados periódica e sistematicamente sen alcanzar nunca a consideración de definitivos, só estes nunca xenericamente.

f) Por variación das frecuencias dos traballos ou fases irregulares que consten na follas de análise.

g) Nos casos de discrepancia individual e para tales efectos, as partes acordan que se constituirá unha comisión paritaria, formada por catro membros, dous deles designados pola dirección da empresa, e os dous restantes polo comité de empresa, a cal se reunirá sempre que o solicite calquera das partes, ou cando se produza unha reclamación individual dun traballador. A reunión deberá celebrarse dentro dun prazo de 15 días contados desde a data en que se presente tal reclamación individual ou o requira a dirección ou o comité, e trala reunión emitirase nun novo prazo de 48 horas, un informe escrito sobre as cuestións debatidas e acordos alcanzados, ou opinións discrepantes, se é o caso. A emisión do dictame pola comisión paritaria establécese como requisito previo á formulación, se é o caso, de reclamación perante a autoridade laboral ou vía xurisdiccional competente.

Artigo 3º.-Aplicación de tempos.

1. Adoptarase o sistema de prima individual ou por grupos en tódolos casos que tecnicamente sexa posible e mentres a organización do traballo non aconselle o contrario.

2. Cando un operario deba pasar dun posto productivo a outro productivo non parecido, facilitaráselle o que no novo posto consiga o seu kb habitual mediante compensacións de aprendizaxe.

Se traballa a prima individual, a compensación de aprendizaxe consistirá en aboarlle de 1 a 3 das, que serán determinados polos servicios técnicos en función do traballo que se va realizar, co valor medio da prima que obteña a súa producción no dito posto ata alcanza-lo rendemento establecido.

3. Ós traballadores que estean nun posto cronometrado e pasen a un posto sen cronometrar ou viceversa dentro da mesma xornada de traballo aboaráselle-la prima de producción da seguinte forma:

-O período de tempo que permanezan en traballos cronometrados aboarase ó kb alcanzado nel.

-O período de tempo que permanezan en traballos non cronometrados aboarase a kb 1.17.

Como excepción, en determinados casos concretos e xustificados (por exemplo: realización polo propio traballador ou coa súa participación activa, dun cambio de utensilios, regraxe de máquinas ou situacións semellantes) que se produzan durante un período de tempo dentro da xornada de traballo, e que figuren na súa folla de traballo co visto e prace do seu mando directo; o traballador poderá recibir unha compensación de kb, que será determinada polos servicios técnicos.

4. Todo traballador deberá coñece-lo tempo cronometrado individual ou de grupo que se empregue para calcula-la súa prima unha vez que estea completamente establecida.

5. Para acha-lo rendemento, cada operario cubrirá diariamente unha folla de traballo anotando descrición do traballo realizado, referencia, número de máquina, orde de fabricación, cantidade de pezas, etc.

Artigo 4º.-Rendementos.

1. De acordo co disposto no Decreto do 17-8-1973, de ordenación de salario e Orde do 22 de novembro de 1973, referente á ineptitude do traballador, establécese que o rendemento mínimo será o chamado kb-1 equivalente a 60 minutos hora, e o máximo ó kb-1.33 equivalente a 80 minutos hora, sen que se poida baixar en ningún caso do kb-1 que se establece como mínimo.

2. Establécese como rendemento normal ou habitual dun traballador, o que este estivese obtendo en precedentes períodos de tempo, e poderá considerarse como período para determina-lo dito rendemento normal o que viñese obtendo de modo habitual e ordinario durante un mínimo dun mes. Para os postos colectivos, cadeas, grupos funcionais, etc., este período de tempo redúcese a 15 días.

3. Cando non exista medio de comparación propia dun posto de traballo, considerarase como rendemento normal o que obtivesen outros traballadores no mesmo posto ou similar.

4. O período de tempo para determinar que existe continuidade no baixo rendemento a que se refire o artigo 54.2º e) do Real decreto lei 8/1980, do 10 de marzo, será diferente segundo que se trate dun traballador ou ben afecte a un grupo de traballadores máximo e como consecuencia disto se derivase escándalo ou se producise indisciplina ou incitación a outros productores a secundar tal actitude.

No que se refire a traballadores que ocupen postos non cronometrados e unicamente cando se trate dun caso illado, será necesario para considerar continuidade suficiente no baixo rendemento que este se producise no período dun mes despois de ser apercibido.

Artigo 5º.-Calidade.

1. Tódolos rendementos citados anteriormente están condicionados a que os traballos o estean dentro das condicións das pezas modelo, gamas de con

trol ou dos útiles de verficación, pois en caso contrario, as pezas que fosen mal elaboradas por neglixencia do traballador, estas non se terán en conta para acha-lo rendemento.

A recuperación das ditas pezas, se é levada a cabo polo mesmo operario considerarase como tempo improductivo, independentemente da responsabilidade que houbese por neglixencia.

Artigo 6º.-Retribucións económicas.

1. A retribución do persoal de produción componse de salario convenio e prima de producción (nos casos establecidos) e prima de posto (nos casos establecidos).

2. O salario que con carácter de mínimo corresponde a cada categoría será o establecido no acordo ou convenio correspondente.

3. A prima de producción establécese de acordo coa táboa de rendemento que se detalla no anexo I, segundo o kb medio alcanzado mensualmente.

4. Para echa-lo rendemento, cada operario cubrirá diariamente unha folla de traballo anotando descrición do traballo realizado, referencia, número de máquina, orde de fabricación, cantidade de pezas, etc.

5. Os valores establecidos na táboa de rendementos será revisado de acordo coa porcentaxe de aumento de salarios segundo acordo, convenio ou disposición legal que afecte a esta empresa.

6. A paga por vacacións retribuirase polo medio obtido polo traballador nos tres últimos meses anteriores ó seu desfrute, en concepto de salarios, primas e antigüidade.

7. Ós pinches e aprendices retribuiráselle-lo 40% da prima media realizada polo persoal dos postos ós cales se encontrasen asignados.

8. O persoal obreiro de nova entrada se ocupa postos sen cronometrar pagaráselle o salario convenio.

9. Se por causas non imputables á empresa, ben por falta de materiais de traballo, falta de pedidos dos nosos clientes, falta de fluído eléctrico ou calquera outra avaría ou sinistro, o traballador teña que permanecer inactivo, percibirá a retribución que lle corresponda segundo o salario convenio.

Prima de posto.

10. Establécese unha prima de posto para o persoal que ocupe un posto non cronometrado pertencente a unha sección ligada a producción (sección de utensilios, mantemento e manutención, etc.) en relación cos minutos de presencia de acordo co kb medio do taller en que habitualmente traballen.

O persoal pertencente a seccións comúns de fábrica ligadas a producción (almacéns e calidade/laboratorio) percibirán prima de posto en relación cos minutos de presencia de acordo co kb medio de fábrica no seu conxunto.

Pero se a producción media da empresa baixase por debaixo do kb 1,25 os ditos importes poderían ser reconsiderados.

Individualmente poderá modificarse a prima de posto de traballo no caso dunha manifesta diminución da productividade dalgún traballador, logo de apercibimento ó interesado.

a) Esta prima de posto de traballo deixarase de percibir no momento en que o persoal que a ten asignada pase a ocupar postos de traballo cronometrado, xa que na dita circunstancia pasaría a percibi-la prima correspondente da táboa de rendementos.

b) O persoal de prima de posto que perciba por concesión voluntaria da empresa cantidades supe

riores ó kb 1,17 considerarase absorbido o kb dentro destas gratificacións.

Artigo 7º.-Compromiso de mellora de productividade.

Todo o persoal da empresa comprométese a nivel individual a alcanzar unha actividade mínima equivalente ó kb 1,25 despois de supera-lo período de aprendizaxe establecido.

Para efectos deste compromiso de rendementos individuais terase en conta a situación legal daquelas persoas afectadas por unha declaración de incapacidade ou invalidez, con resolución firme da xurisdicción competente.

Artigo 8º.-Táboa de rendementos: anexo I.