Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Venres, 20 de febreiro de 1998 Páx. 1.828

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 1998, da Dirección Xeral de Industria, pola que se aproba a modificación do proxecto de execución e se autoriza a Enagás, S.A. a instalación Gasificación de Galicia: rede O Porriño-Vigo; addenada II, nos termos municipais do Porriño e Vigo.

Vistos os escritos e documentación presentados pola empresa Enagás, S.A. con enderezo para efectos de notificacións en Avda. de América, nº 38, 28028 Madrid, esta dirección xeral ten en conta os seguintes feitos:

Primeiro.-Con data do 12 de marzo de 1993, a Consellería de Industria e Comercio otorgou a Enagás, S.A. a concesión administrativa para a conducción e subministración de gas natural para usos industriais en diversos termos municipais da provincia de Pontevedra, entre eles, O Porriño e Vigo.

Segundo.-Con data do 13 de outubro de 1995, esta dirección xeral aprobou o proxecto de execución e

autorizou as instalacións determinadas no proxecto Rede O Porriño-Vigo.

Terceiro.-Con data do 16 de outubro de 1997, a referida empresa solicitou a aprobación da modificación do proxecto de execución denominado Rede O Porriño-Vigo, addenda II e a autorización das instalacións descritas nel, xuntando á dita solicitude o preceptivo proxecto de instalacións, que foi redactado conforme o esixido polo Regulamento de redes e conexións de combustibles gasosos, aprobado por orde do Ministerio de Industria do 18 de novembro de 1974 e modificado por ordes do Ministerio de Industria e Enerxía do 26 de outubro de 1983, do 6 de xullo de 1984 e 9 de marzo de 1994.

As modificacións, que reducen a lonxitude total en 133 m lineais están comprendidas nos seguintes tramos:

-O Porriño: o trazado orixinal modifícase nas seguintes zonas:

-A primeira sitúase entre os vértices V-P-22 e V-P-27, para evitar un soar edificable, discorrendo o trazado agora pola vía urbana, o que supón un incremento de lonxitude do trazado inicial de 71 m lineais.

-A segunda consiste en despraza-lo vértice V-G-10 ó novo V-G-9-1, para evita-la afección a un soar urbano, o que supón un incremento de lonxitude do trazado inicial de 11 m lineais.

-Finalmente, a terceira sitúase entre os vértices V-S-17-20 e V-S-20, colocando así a traza na beiravía oeste da zona de servidume da estrada, e efectuándose o cruzamento coa mesma por perforación horizontal.

-Vigo: esta modificación do trazado orixinal consta de dúas zonas:

-A primeira, sitúase entre os vértices V-V-27 e V-V-27-2, causada pola futura construcción da autoestrada Vigo-Baiona, que supón un incremento de lonxitude do trazado inicial do 61 m lineais.

A segunda zona, ocasionada con motivo da contrucción da estrada á universidade, consiste en tres pequenas modificacións do trazado:

1. Do vértice V-V-31-31 ó V-V-31-33, diminuíndo a lonxitude do trazado inicial en 16 m lineais.

2. Do vértice V-V-31-36 ó V-V-31-38, diminuíndo a lonxitude do trazado inicial en 24 m lineais.

3. Do vértice V-V-31-59 ó V-V-31-62, diminuíndo a lonxitude do trazado inicial en 30 m lineais.

O encanamento construirase de aceiro de calidade Gr.B., segundo API 5L, incluíndo parte proporcional de accesorios.

A presión de deseño efectiva é de 16 bar.

O caudal que se transportará para os consumos previstos ascende a 5.640 Nm3/h.

O orzamento do proxecto sofre un incremento de 2.137.099 ptas.

Cuarto.-O citado proxecto someteuse á información pública, xunto coa relación de bens e dereitos afectados, por resolución deste dirección xeral do 28 de outubro de 1997, publicada no Diario Oficial de Galicia do 27 de novembro de 1997, no BOP de Pontevedra do 18 de novembro de 1997 e no xornal Atlántico do 8 de novembro de 1997, e exposta igualmente no taboleiro de anuncios das casas do concello do Porriño e Vigo e no da delegación provincial de Pontevedra.

Durante o período en que se someteu ó trámite de información pública non se recibiron alegacións.

Quinto.-Así mesmo, solicitouse informe dos organismos e entidades competentes sobre determinados bens públicos e servicios que resultan afectados pola mencionada conducción de gas natural, e recibíronse contestacións deles indicando as condicións en que deben verificarse as afeccións correspondentes.

Sexto.-A solicitude obxecto deste expediente recibiu informe favorable da Delegación Provincial de Pontevedra.

Fundamentos de dereito

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polos decretos 140/1991, do 2 de maio, 292/1995, do 3 de novembro de 187//1997, do 3 de xullo, en relación coa Lei 10/1987, do 15 de xuño, de normas básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións no sector de combustibles gasosos, co Decreto 2913/1973, do 9 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles e co Decreto 1775/1967, do 22 de xuño, e en virtude do establecido no acordo do Consello da Xunta de Galicia do 6 de maio de 1993, polo que se designa a Consellería de Industria e Comercio como órgano por razón da materia para a tramitación da unidade de expediente e resolución única

do procedemento.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas.

RESOLVE:

-Outorgar a Enagás, S.A. a autorización administrativa e a aprobación da modificación do proxecto de execución das instalacións que se contemplan na addenda II do proxecto Rede O Porriño-Vigo, reflectidas no apartado segundo dos antecedentes, correspondentes ós termos municipais do Porriño e Vigo, de acordo coas seguintes condicións:

Primeira.-As instalacións deberán realizarse de acordo co proxecto denominado Gasificación de Galicia; Rede O Porriño-Vigo; addenda II, redactado por técnico competente.

Segunda.-Enagás, S.A. procederá a realiza-los cruzamentos e afeccións a organismos públicos de acordo cos condicionados e informes realizados ou, se é o caso, pendentes de realizar.

Terceiro.-A esta modificación seranlle de aplicación igualmente as condicións establecidas na resolución desta dirección xeral do 13 de outubro de 1995, xa citada.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, no seu caso, recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes a contar desde o día seguinte á publicación ou notificación, conforme o establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 1998.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria