Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Venres, 20 de febreiro de 1998 Páx. 1.827

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 1998, da Dirección Xeral de Industria, pola que se aproba a modificación do proxecto de execución e se autoriza a Enagás, S.A., a instalación Gasificación de Galicia: rede de Ourense; addenda II, no termo municipal de Ourense.

Vistos os escritos e documentación presentados pola empresa Enagás, S.A., con enderezo para efectos de notificacións en Avda. de América, nº 38, 28028 Madrid, esta dirección xeral ten en conta os seguintes feitos:

Primeiro.-Con data do 12 de marzo de 1993, a Consellería de Industria e Comercio otorgou a Enagás, S.A. a concesión administrativa para a conducción e subministración de gas natural para usos industriais nos termos municipais de Amoeiro, Ourense e San Cibrao das Viñas.

Segundo.-Con data do 16 de outubro de 1995, esta dirección xeral aprobou o proxecto de execución e autorizou as instalacións contempladas no proxecto Rede de Ourense.

Terceiro.-Con data do 3 de outubro de 1997, a referida empresa solicitou a aprobación da modificación do proxecto de execución denominado Rede de Ourense, Addenda II, e a autorización das instalacións descritas nel, xuntando á dita solicitude o preceptivo proxecto de instalacións, que foi redactado conforme o esixido polo Regulamento de redes e conexións de combustibles gasosos, aprobado por orde do Ministerio de Industria do 18 de novembro de 1974 e modificado por ordes do Ministerio de Industria e Enerxía do 26 de outubro de 1983, do 6 de xullo de 1984 e 9 de marzo de 1994.

As modificacións, que reducen a lonxitude total en 610 m lineais, están comprendidas nos seguintes tramos:

-A primeira variante comeza no vértice V-55 despois do cruzamento co río Miño, ata o nuevo vértice V-55-29, discorrendo a conducción paralela ó citado río, e cruzando o regato Reza, co obxecto de deixar unha saída para futura conexión a Gas Galicia, coa súa correspondente válvula e arqueta.

-A segunda variante desenvólvese dentro da cidade de Ourense, entre os vértices V-55-29 e V-55-67, discorrendo a conducción paralela ó río Barbaña, pasando posteriormente baixo a ponte coa rúa dos Remedios, e deixando un corredor transitable superior a 5 m desde o muro exterior de canalización do río Barbaña.

-A terceira variante tamén dentro da cidade de Ourense, que comeza no remate da rúa Ponte Pelamios (vértice V-55-67) e remata no vértice V-161, discorre pola rúa paralela ó río Barbaña debaixo do seu pavimento a unha distancia entre 2 e 3 m do muro exterior da canalización do río, curzándoo posteriormente en dúas ocasións mediante cruzamento subálveo.

-Así mesmo, elimínanse os tramos comprendidos entre os vértices VH-188-2 e VH-188-21, en entre

os vértices VH-188-15 e VH-188-15-2, antiga conexión á Residencia Sanitaria da Seguridade Social de Ourense.

-Finalmente, desprázase o vértice V-233 en unha distancia de 20 m cara ó suroeste, para eludir unha zona de recheos vertidos sen compactar de gran profundidade, seguindo as indicacións do estudio xeo-técnico de detalle.

O encanamento construirase de aceiro de calidade Gr.B., segundo API 5L, incluíndo parte proporcional de accesorios.

A presión de deseño efectiva é de 16 bar.

O caudal que se transportará para os consumos previsto ascende a 5.640 Nm3/h.

O orzamento do proxecto sofre un incremento de 114.274.950 ptas.

Cuarto.-O citado proxecto someteuse a información pública, xunto coa relación de bens e dereitos afectados, por resolución desta dirección xeral do 4 de novembro de 1997, publicada no Diario Oficial de Galicia do 5 de decembro de 1997, no BOP de Ourense do 24 de novembro de 1997 e no xornal La Región do 20 de novembro de 1997 e exposta igualmente no taboleiro da anuncios da casa do concello de Ourense e no da delegación provincial de Ourense.

Durante o período en que se someteu ó trámite de información pública non se recibiron alegacións.

Quinto.-Así mesmo, solicitouse informe dos organismo e entidades competentes sobre determinados bens públicos e servivios que resultan afectados pola mencionada conducción de gas natural, e recibíronse contestacións deles indicando as condicións en que deben verificarse as afeccións correspondentes.

Sexto.-A solicitude obxecto deste expediente está informada favorablemente pola delegación provincial de Ourense.

Fundamentos de dereito

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polos decretos 140/1991, do 2 de maio, 292/1995, do 3 de novembro e 187/1997, do 3 de xullo, en relación coa Lei 10/1987, do 15 de xuño, de normas básicas pra un desenvolvemento coordinado de actuacións no sector de combustibles gasosos, co Decreto 2913/1973, de 9 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles e co Decreto 1775/1967, do 22 de xuño, e en virtude do establecido no acordo do Consello da Xunta de Galicia do 6 de maio de 1993, polo que se designa a Consellería de Industria e Comercio como órgano por razón da materia para a tramitación da unidade de expediente e resolución única do

procedemento.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumplíronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

-Outorgar a Enagás, S.A. a autorización administrativa e a aprobación da modificación do proxecto de execución das instalacións que se contemplan na addenda II ó proxecto Rede de Ourense, reflectidas no apartado segundo dos antecedentes, correspondentes ó termo municipal de Ourense, de acordo coas seguintes condicións:

Primeira: as instalacións deberán realizarse de acordo co proxecto denominado Gasifiación de Galicia: Rede de Ourense; Addenda II, redactado por técnico competente.

Segunda: Enagás, S.A. procederá a realiza-los cruzamentos e afeccións a organismos públicos de acordo cos condicionados e informes realizados ou, se é o caso, pendentes de realizar.

Terceiro: a esta modificación seranlle de aplicación igualmente as condicións establecidas na resolución desta dirección xeral do 16 de outubro de 1995, xa citada.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, no seu caso, recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes contado desde o día seguinte á publicación ou notificación, conforme o establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 1998. Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria