Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Venres, 20 de febreiro de 1998 Páx. 1.826

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/16-2, 4893 A.T.).

Ós efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. San Xurxo e Mazaira.

Situación: Bóveda.

Descricións técnicas: dúas L.M.T. aéreas de 20 kV en apoios de formigón e en conductor LA-56 de 248 m de lonxitude. Dous C.T. aéreos con relación de transformación de 20.000/380-220 V. Dúas R.B.T. de 380/220 V en R.Z. de lonxitude 2.435 m.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de 30 días.

Lugo, 19 de xaneiro de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo