Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Venres, 20 de febreiro de 1998 Páx. 1.829

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se convoca para o levantamento de actas previas á ocupación dos predios afectados pola construcción do proxecto de instalacións de Gasificación do Noroeste: rede de Ourense-Addenda II.

Procedemento: expropiatorio por vía de urxencia.

Entidade beneficiaria: Enagás, S.A.

Con data do 4 de febreiro de 1998 foi autorizado, pola Dirección Xeral de Industria da Xunta de Galicia, o proxecto de instalacións de gasificación do noroeste: rede de Ourense-Addenda II. A dita aprobación, de acordo co disposto no artigo 13 da Lei 10/1987, do 15 de xuño, de disposicións básias para un desenvolvemento coordinado de actuacións en materia de combustibles gasosos, leva implícita a declaración de necesidade de ocupación dos bens afectados. Así mesmo, a declarción de utilidade pública e urxencia na ocupación vén determinada no artigo 10 da citada lei.

Polo tanto, en aplicación do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa (LEF), do 16 de decembro de 1954,

RESOLVO:

Convoca-los titulares de bens e dereitos afectados na Casa do Concello onde radican, para, de conformidade co procedemento que establece o citado artigo 52 da LEF, realiza-lo levantamento das actas previas á ocupación.

Data, lugar e hora da convocatoria:

Día 5 de marzo de 1998, na Casa do Concello de Ourense, a partir das 9.30 horas.

A orde de levantamento de actas comunicaráselle a cada interesado mediante a oportuna cédula de citación.

Tódolos interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos e intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada, e achega-los documentos acreditativos da súa titularidade e o último recibo da contribución e podéndose acompañar, se o estiman oportuno, dos seus peritos e un notarioo pola súa conta.

Esta publicación realizase, igualmente, para os efectos establecidos no artigo 59.4º da Lei 30/1992,

do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de notificación do presente acordo ós titulares descoñecidos e a aquelas de domicilio ignorado, que corresponden ós predios que se describen no anexo.

Ourense, 11 de febreiro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

Relación que se cita con expresión do número de predio, titular,

datos catastrais (polígono e parcela) e natureza

T. M. Ourense

Predio nºTitular e domicilioAfecciónCatastroNaturezaCitación

Lonxitude

(m)

O. Temp.

(m)

PolígonoParcelaMesDíaHora

OR-OR-394/2 VDescoñecido8403384007ViñaMarzo510.30

OR-OR-399/2 VDescoñecido291453384027Terra de laborMarzo512