Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Venres, 20 de febreiro de 1998 Páx. 1.794

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 12 de febreiro de 1998 pola que se convocan subvencións a particulares, asociacións e institucións culturais para a realización de actividades culturais.

A orde da Consellería de Economía e Facenda do 2 de xuño de 1986 regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto e dispón no seu artigo 1.2 que, entre outros, os expedientes de gasto imputables ós capítulos IV e VII poderán iniciarse «no período de prórroga dos presupostos xerais da comunidade, sempre que exista crédito adecuado e suficiente no proxecto de presupostos definitivos para o citado exercicio, unha vez que ese proxecto de presupostos estea aprobado polo Consello da Xunta, cando os gastos se vaian materializar no mesmo exercicio».

A aplicación deste precepto supón un paso moi importante na axilización do proceso de execución orzamentaria coas conseguintes vantaxes para os administrados e sen mingua de soberanía do Parlamento, en función de disposto no artigo 3.2º da orde de referencia, xa que non se poderán conceder efectivamente as subvencións ata a aprobación do crédito que vaia ampara-lo gasto.

O asociacionismo cultural goza dun forte enraizamento en Galicia. As múltiples asociacións existentes veñen realizando un labor de creación e potenciación cotiá da cultura nos seus máis variados campos, así como actividades de recuperación da memoria histórica cultural no ámbito territorial onde están asentadas, contribuíndo coas súas actuacións ó acceso á cultura da poboación galega.

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo quere contribuír á promoción e desenvolvemento das actividades culturais de especial relevancia e difusión, así como unha continuidade no tempo que realicen as entidades culturais galegas. Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Finalidade e obxecto.

Convócanse subvencións a particulares, asociacións e institucións culturais de Galicia, destinadas á realización de actividades nos campos de promoción e cooperación cultural, e da difusión e animación sociocultural que contribúan á difusión e promoción da cultura galega.

Artigo 2º.-Imputación orzamentaria e contía.

2.1. A convocatoria realízase con cargo á aplicación orzamentaria 10.02.353.B.481.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1998.

2.2. A contía de cada subvención non poderá supera-la cantidade de cinco millóns (5.000.000) de pesetas.

Artigo 3º.-Beneficiarios.

3.1. Poderán optar a estas subvencións os particulares, as asociacións e institucións culturais legalmente constituídas, sen ánimo de lucro, con domicilio social en Galicia, así como que realicen as súas actividades culturais, de interese xeral, na Comunidade Autónoma de Galicia, e sexan de especial relevancia cultural e cunha repercusión no ámbito autonómico ou provincial así como unha continuidade no tempo.

3.2. Quedan excluídas aquelas que anteriormente recibisen algunha outra subvención da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e non xustificasen o seu investimento.

Artigo 4º.-Presentación de solicitude, prazo e documentación.

4.1. Os que desexen acollerse á presente orde deberán presenta-la correspondente solicitude no prazo de 30 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, mediante instancia dirixida ó conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo segundo o modelo que figura como anexo desta orde, e presentaranna no rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, nos rexistros das súas delegacións provinciais ou por calquera dos outros medios previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

4.2. A solicitude irá acompañada da documentación seguinte:

-Fotocopia da tarxeta de identificación fiscal da entidade.

-Memoria explicativa do programa de actividades que se pretenden realizar indicando o seu ámbito territorial e social.

-Orzamento de ingresos e gastos da actividade con expresión das axudas solicitadas ou concedidas por parte doutros organismos públicos ou privados.

-Memoria na que se indiquen as actividades realizadas ata o ano 1997 polo solicitante, así como a traxectoria cultural dela.

Artigo 5º.-Valoración e resolución.

5.1. Recibidas as solicitudes de subvención e demais documentación, serán analizadas e valoradas polos servicios competentes da Dirección Xeral de Promoción Cultural, segundo os criterios de valoración que se detallan a seguir:

a) Importancia e interese cultural das actividades propostas no proxecto presentado, con especial valoración dos proxectos que contribúan á difusión da cultura galega.

b) Ámbito territorial e social do proxecto.

c) Carácter continuado e non ocasional do proxecto, así como a súa proxección social.

5.2. Unha vez analizadas e valoradas as solicitudes, o director xeral de Promoción Cultural elevará proposta ó conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo que resolverá, dentro das dispoñibilidades orzamentarias.

Artigo 6º.-Pagos e xustificación.

6.1. Unha vez concedida a subvención e aceptada por escrito, polo beneficiario, librarase a cantidade adxudicada, de acordo co establecido na normativa orzamentaria que sexa de aplicación.

6.2. Os beneficiarios da subvención quedarán obrigados a xustifica-las subvencións concedidas, no prazo dos quince días naturais posteriores á realización das actividades e, en todo caso, antes do 1 de novembro do ano 1998, mediante a aportación dos xustificantes acreditativos, o orixinal e dúas foto

copias de que a actividade foi realizada, acompañados de relación detallada deles, así como memoria das actividades desenvolvidas en relación coa finalidade da axuda concedida.

Artigo 7º.-Obrigas dos beneficiarios.

7.1. Os beneficiarios das subvencións, unha vez aceptadas estas por escrito, quedarán obrigados a destina-los fondos percibidos ó obxecto concreto para o que foron concedidos, debendo comunicar á Dirección Xeral de Promoción Cultural lugar, día e hora da actividade subvencionada, así como comunicar calquera modificación da actividade. A Dirección Xeral de Promoción Cultural poderá comprobar, cando o considere conveniente, a execución dos proxectos.

7.2. Os beneficiarios da subvención farán constar en toda a publicidade xerada pola actividade subvencionada que recibiron unha subvención da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo-Dirección Xeral de Promoción Cultural utilizando a normativa da imaxe corporativa da Xunta de Galicia, cumprindo coa normativa vixente esixida o depósito legal.

Artigo 8º.-Anulación e reintegro da exuda.

No caso de que o beneficiario da exuda incumprise algunha das condicións ou abrigas estipuladas, a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, instruirá expediente sancionador, conforme

o previsto na vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e, se procede, anulará os beneficios concedidos e solicitará a devolución das cantidades percibidas, se as houber, segundo o procedemento que establece o Regulamento xeral de recadación.

Artigo 9º.-Desestimación.

De non notificarse resolución favorable no prazo de tres meses a partir do remate do prazo de presentación de solicitudes, entenderase desestimada a petición correspondente, e poderá o solicitante, a partir desta data, retira-la documentación presentada nos 30 días seguintes. Transcorrido este prazo, arquivarase sen máis trámite.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Promoción Cultural para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 1998.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo

Director xeral de Promoción Cultural