Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Venres, 20 de febreiro de 1998 Páx. 1.796

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Kvaerner Eureka Española, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Kvaener Eureka Española, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 5-8-1997, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polos delegados de persoal, o 2-7-1997. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundidio da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.- Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 27 de xaneiro de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo 1997

Kvaerner Eureka Española, S.A.

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio regulará as condicións a que se deberán axusta-las relacións laborais e económicas que se rexen pola normativa contida no vixente Estatuto dos traballadores, as súas disposicións de desenvolvemento e o propio convenio colectivo ata o momento vixente.

Regula as relacións laborais do persoal de Kvaerner Eureka Española, S.A., aínda que se atope traballando fóra do centro habitual de traballo.

O anexo I reflicte o persoal de dirección que queda excluído deste marco de relacións laborais.

Artigo 2º.-Vixencia. Denuncia.

O presente convenio colectivo terá unha vixencia dun ano, e entrará en vigor a partir do 1 de xaneiro de 1997 e rematará o 31 de decembro de 1997.

De conformidade coa lexislación vixente, o convenio quedará automaticamente denunciado cun mes de antelación á data de remate del, que é a expresada do 31 de decembro de 1997. Igualmente, considerarase prorrogado ata a entrada en vigor do seguinte convenio.

Artigo 3º.-Xornada de traballo.

Durante a vixencia deste convenio a xornada laboral establecerase a razón de 1.792 horas anuais de traballo efectivo. O tempo de descanso (bocadillo) durante a xornada considerarase tempo de traballo efectivo.

O traballador deberase atopar en disposición de inicia-la súa actividade no posto de traballo, coa súa correspondente indumentaria, no momento do toque de sirena ou outro sistema que se estableza.

A xornada normal será computada en consideración á iniciación do labor no posto de traballo e finalización desta, e non polo concepto de entrada e saída da factoría.

A fixación do horario de traballo é facultade da dirección da empresa, de acordo co comité, prevalecendo o criterio que supoña unha reducción de custos, aumento de vendas, ou ben favoreza as necesidades conxunturais de producción. En caso de desacordo aplicaríase o disposto no Estatuto dos traballadores.

A xornada laboral normal distribuirase de luns a venres.

Artigo 4º.-Vacacións.

As vacacións serán de 30 días naturais que se desfrutarán, en xeral, segundo o calendario laboral aprobado. Non obstante, a empresa, co fin de non interrumpe-lo servicio que presta ós seus clientes, podará acordar con algúns traballadores outras datas de vacacións.

Todo o persoal que antes ou durante o período de vacacións estea en situación de incapacidade laboral transitoria ou baixa por accidente, terá dereito ó desfrute delas ou da parte pendente, sempre que a baixa coincida co período de vacacións en cinco días ou máis, e que cause alta antes do termo do ano natural.

A dirección da empresa poderá excluír como período de vacacións aquel que coincida coa maior actividade productiva da empresa, despois de consulta co comité, de acorde co Estatuto dos traballadores (Art. 38 E.T.).

A retribución correspondente ás vacacións comprenderá os seguintes conceptos: salario base, antigüidade, 20 días de retribución voluntaria e o complemento prima media.

Artigo 5º.-Días santos.

Serán os establecidos oficialmente no DOG e no BOE.

As «pontes» con motivo de festivos serán as establecidas no calendario aprobado que se xunta (anexo II) e colocado no taboleiro de anuncios.

Artigo 6º.-Seguridade e hixiene.

A empresa e os traballadores obríganse ó cumprimento das normas de seguridade e hixiene no traballo, de conformidade coa normativa vixente.

Artigo 7º.-Recoñecemento médico.

A empresa solicitará da súa mutua patronal a realización dun recoñecemento anual como mínimo para todo o persoal. O tempo empregado no recoñecemento será aboado pola empresa.

Artigo 8º.-Licencias.

O traballador, logo de aviso e xustificación, terá dereito a permisos retribuídos durante o tempo e os supostos seguintes:

a) Dezaseis días naturais en caso de matrimonio do traballador/a.

b) Tres días laborables en caso de nacemento de fillo.

c) Cinco días naturais no suposto de falecemento de cónxuxe, pais, fillos e pais políticos.

d) Tres días naturais no suposto de falecemento de irmáns, netos, avós, fillos políticos e irmáns políticos, e un día no caso de irmáns dos pais e dos pais do cónxuxe.

e) Dous días naturais en caso de enfermidade grave do cónxuxe, pais, fillos, avós, irmáns, netos e pais políticos, circunstancias que deberán ser xustificadas fidedignamente. Poderase ampliar a tres días máis no caso do cónxuxe, pais e fillos.

f) Un día natural no suposto de traslado de domicilio.

g) O tempo necesario nos casos de asistencia a consulta médica de especialistas da Seguridade Social, cando coincidindo o horario de consulta co de traballo prescriba a dita consulta o facultativo de medicina xeral, debendo presenta-lo traballador ó empresario o volante xustificativo da referida prescrición médica. Nos demais casos ata o límite de 22 horas ó ano.

h) As traballadoras, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. A muller, pola súa vontade, podará substituír este dereito por unha reducción da xornada normal nunha hora coa mesma finalidade.

i) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, rexerá o que dispoña en

canto a duración da ausencia e á súa compensación económica.

j) Un día natural en caso de matrimonio de fillos ou irmáns.

k) O tempo necesario sen retribuír para a realización de exames, cando curse estudios profesionois ou académicos.

Nos supostos d), e) e f) se o traballador necesitase facer un desprazamento fóra da provincia, concederánselle dous días naturais máis.

No suposto c), se o traballador precisase desprazarse a unha distancia superior a 50 quilómetros, concederáselle un día natural máis.

En caso de necesidade, logo de aviso e xustificación, a empresa concederá un permiso «sen retribuír» ata un período de 10 días naturais por razón de desprazamento en caso de enfermidade grave de parentes ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

As referencias ó cónxuxe contidas neste capítulo estenderanse ó compañeiro/a, onde estea garantida a convivencia.

Artigo 9º.-Roupa de traballo.

A empresa dotará o seu persoal das pezas de roupa necesarias para a realización do seu traballo, que entregará durante os meses de xaneiro e febreiro.

O persoal obreiro recibirá dúas fundas cada ano e un par de botas de seguridade e unha toalla cada dous anos como mínimo.

Cando por razóns de traballo o traballador perda visión e teña que usar lentes graduados, así como a súa rotura ou deterioración involuntarias, os ditas lentes serán proporcionados pola empresa.

Artigo 10º.-Organización.

De acordo coa lexislación vixente, correspóndelle á dirección da empresa a organización técnica e práctica do traballo. Esta poderá adopta-los sistemas de organización, racionalización, mecanización e modernización que considere oportunos, creando ou modificando postos de traballo ou funcións, así como a estructura e contido deles.

Tamén lle corresponde á dirección, razoando co comité de empresa, combinar e cambia-los postos de traballo, establecer e modificar quendas, adoptar novos métodos de traballo, utilización de máquinas e motorización de funcións, etc., de maneira que os resultados desta organización se concreten nunha maior productividade, na que tamén están interesados os traballadores, que procurarán colaborar nela. Interpretado segundo o Art. 41 do Estatuto dos traballadores.

Retribucións.

Artigo 11º.-Salarios.

Para 1997 fíxase un incremento de 6.000 ptas./mes a cada empregado (distribuídas nos conceptos sala

riais como segue: 4.000 no salario base, 1.000 en retribución voluntaria e 1.000 en gastos de locomoción.

Os traballadores eventuais rexeranse pola súa regulamentación laboral específica e os incrementos serán sobre os seus conceptos salariais contratados.

Os niveis resultantes deste incremento fíxanse na táboa salarial para 1997 que se xunta (anexo III) na que figuran tódolos conceptos tanto legais coma complementarios.

O pagamento da nómina efectuarase o último día laborable de cada mes.

Artigo 12º.-Valoración da realización do traballo.

A compañía desexa estimula-lo rendemento individual en canto ó esforzo, eficiencia, precisión, consumo de custos e calidade.

Isto será realizado mediante a utilización de diferentes niveis de prima de producción establecidos no anexo III, para os empregados do taller.

A valoración actual será realizada polos grupos de valoración. Un representante elixido polo comité, o xefe de taller correspondente e o director de persoal formarán parte de cada grupo de valoración.

En caso de discrepancia insalvable na valoración dentro do grupo, recorrerase en instancia superior perante o director xerente e o presidente do comité.

Artigo 13º.-Plus xefe de equipo.

Os xefes de equipo percibirán un plus que consistirá nun 20% sobre o salario base da súa categoría, como mínimo.

Artigo 14º.-Quendas de traballo.

Os traballadores que, por necesidades da empresa, teñan que traballar en quenda de tarde rotatoria, percibirán un complemento mínimo de 121 ptas. por hora de traballo efectivo de tarde.

Artigo 15º.-Plus de traballos especiais.

Terán dereito a un plus os traballadores mentres se ocupen en traballos penosos, tóxicos ou perigosos que non son os habituais no noso taller. A cualificación do traballo como penoso, tóxico ou perigoso farase de acordo entre a dirección da empresa e o comité.

O plus establécese como segue:

Cando se produce un só dos supostos: 50 ptas./hora.

Se se producisen dous ou máis supostos: 78 ptas./hora.

Artigo 16º.-Plus de homologacións.

Establécese un plus acumulable polas homologacións dos soldadores a razón de:

Homologación aceiro carbono: 2.120 ptas./mes.

Homologación aceiro inoxidable normal: 2.120 ptas./mes.

Homologación aceiro duplex: 3.180 ptas./mes.

Homologación aceiro 904: 3.180 ptas./mes.

Este plus poderase perder en caso de incumprimento dos requisitos de homologación, erros repetitivos, erros graves ou outros defectos segundo apreciación do xefe de taller.

Artigo 17º.-Horas extraordinarias.

O importe que se percibirá pola realización de horas extraordinarias para cada categoría será o especificado na táboa do anexo III.

A dirección informará mensualmente ó comité de empresa das horas extraordinarias realizadas e, se é o caso, a distribución por seccións.

Artigo 18º.-Gratificacións extraordinarias.

Tódolos traballadores da empresa percibirán as gratificacións extraordinarias semestrais correspondentes ós meses de xullo e decembro, na contía cada unha delas de 30 días do salario base máis antigüidade, máis retribución voluntaria, máis 13.660 ptas. de gastos de locomoción.

Artigo 19º.-Paga de beneficios.

No caso de que a empresa cerre o exercicio sen perdas, aboarase a tódolos empregados 28.000 ptas. brutas a cada un.

O resultado que se considerará será antes de impostos ó 31 de decembro, comprobado e aprobado polos nosos auditores.

O pagamento distribuirase en dous: 14.000 ptas. coa paga extra de xullo e outras 14.000 despois de finaliza-lo ano se non hai perdas.

Artigo 20º.-Actividades culturais e sociais.

A empresa achegará para actividades culturais e sociais de tódolos empregados a cantidade de 1.500.000 ptas./ano.

As actividades poden incluír:

Paquetes de Nadal.

Cea de Nadal.

Excursións.

Premios Kvaerner.

Intercambios entre fiilos.

Formación/cursos.

Axudas para libros.

Contribucións familiares, etc.

Para xestionar este diñeiro establécese unha comisión que estará formada como segue:

Un membro nomeado pola dirección.

Un membro elixido por maioría absoluta polos empregados do taller.

Un membro elixido por maioría absoluta polos empregados da oficina.

A comisión preparará un orzamento para todo o ano, un mes despois do asinamento do convenio.

Este orzamento terá que ser aprobado nunha reunión do comité coa dirección. Despois distribuiráselle a todo o persoal.

A empresa pagará logo de presentación das correspondentes facturas ou orzamentos aprobados pola comisión.

Artigo 21º.-Saídas, axudas de custo e viaxas.

Tódolos traballadores que por necesidade da empresa e por orde recibida teñan que efectuar viaxes ou desprazamentos que lles impidan realizar comidas ou pernoctacións no seu lugar habitual ou domicilio, terán dereito ás axudas de custo que se especifican no anexo IV.

Cando o traballador, por necesidades da empresa e por requirimento desta, tivese que se desprazar utilizando o seu propio vehículo, aboaráselle a cantidade de 30 ptas./km percorrido.

Artigo 22º.-Seguro colectivo.

A póliza de seguro colectivo de accidentes concertada pola empresa cubrirá, como mínimo, as seguintes indemnizacións:

-Accidente laboral ou común con resultado de morte: 1.500.000 ptas.

-Accidente laboral ou común con resultado de invalidez permanente, total, absoluta ou gran invalidez. 2.500.000 ptas.

Para o persoal de nova incorporación, a póliza de seguros establecida no presente artigo deberá concertarse no prazo dun mes a partir da contratación do traballador.

Unha copia da póliza inserirase no taboleiro de anuncios da empresa.

Artigo 23º.-Incapacidade laboral transitoria.

A prestación por incapacidade laboral transitoria derivada de accidente laboral ocorrido no centro de traballo ou en desprazamentos a outros centros ou lugares de traballo dentro da xeira laboral, aboarase ó 100% desde o primeiro día de baixa.

A dotación para o fondo de hospitalización, durante a vixencia deste convenio, será de 100.000 pesetas por ano.

Artigo 24º.-Contraprestación.

Os traballadores, en compensación polas vantaxes económicas e sociais do presente convenio, comprométense a cumpri-lo seu cometido con óptima dilixencia e respecto e lealdade á empresa.

Artigo 25º.-Comisión paritaria e de vixilancia.

Establécese a comisión mixta e paritaria do convenio como órgano de interpretación, conciliación e vixilancia do seu cumprimento.

A comisión estará integrada polos seguintes membros: Walter C. Yaquimenko e José V. Jamardo, pola

representación empresarial e, Juan M. Miguéns Silverio Bouzas, pola representación dos traballadores.

Artigo 26º.-Lexislación subsidiaria.

En todo o non expresamente regulado neste convenio rexerá o disposto no Estatuto dos traballadores na ordenanza laboral siderometalúrxica do 29 de xullo de 1970, que se asume como norma subsidiaria e nas demais disposicións legais vixentes ou que poidan promulgarse durante a vixencia do convenio.

Artigo 27º.-Vinculación á totalidade.

Ámbalas partes acordan formalmente que as súas respectivas vinculacións á totalidade do contido no presente convenio teñen o carácter de compromiso sobre tódolos artigos.

Disposición adicional.-As partes asinantes do presente convenio foron:

-Pola representación empresarial:

Walter C. Yaquimenko, director xeral.

José V. Jamardo, director financeiro.

Carlos Barreiro, director de producción.

José Mª Pérez, director comercial.

-Pola representación dos traballadores:

Juan Manuel Miguens.

Rafael Lorenzo.

Silverio Bouzas.

Vilagarcía de Arousa, 2 de xullo de 1997.

ANEXO I

Director xeral

Director financeiro

Director de producción

Director comercial

Festas autonómicas:

1 de xaneiro: Ano Novo.

6 de xaneiro: Epifanía do Señor.

27 de marzo: Xoves Santo.

28 de marzo: Venres Santo.

1 de maio: Festa do Traballo.

17 de maio: Día das Letras Galegas.

25 de xullo: Santiago Apóstolo/Día Nac. de Galicia.

15 de agosto: Asunción da Virxe.

1 de novembro: Tódolos Santos.

6 de decembro: Día da Constitución Española.

8 de decembro: Inmaculada Concepción.

25 de decembro: Natividade do Señor.

Festas locais:

22 de maio: Santa Rita.

16 de agosto: San Roque.

Autorización:

Autorízase, logo de aviso, o permiso de 1 día ou máis, cun máximo de 5 días laborables para asuntos particulares, que serían recuperados de acorde co

seu xefe correspondente, nos días acordados ou nos primeiros días de vacacións.

Total horas de traballo: 1.792.

Aprobado o 18-1-2-1996.

ANEXO IV

PROCEDEMENTO DE AXUDAS DE CUSTO E GASTOS DE VIAXES

1. A partir do día 21-2-1991, os gastos que se orixinen pola realización de viaxes, por motivos de traballo, dos empregados desta empresa, retribuiranse coas axudas de custo a que teña dereito, de acorde cos grupos que se especifican no anexo I e as contías que se establecen nos anexos II e III, segundo se desempeñen en territorio nacional ou estranxeiro, respectivamente.

Así mesmo, e previamente á realización da viaxe, deberase cubrir a requisición de viaxe segundo anexo IV, a cal deberá presentarse ó xefe de departamento/xerente para a súa aprobación. O dito documento dará unha ampla información do contido da viaxe e situación do persoal.

2. A axuda de custo completa percibirase por día de desprazamento fóra do fogar, e servirá para atende-la manutención do desprazado e pequenos gastos persoais.

3. Os gastos de aloxamento e de locomoción retribuiranse mediante xustificación das facturas, que deberán acompañar á liquidación de gastos de viaxe, que se presentará non máis tarde dunha semana despois da viaxe, para o seu visto e prace polo director do departamento. No caso dos directores, o visto e prace será do director xerente.

4. Os desprazamentos realizados dentro da xornada habitual da empresa non percibirán axuda de custo ningunha. Nesta xornada considerarase tamén o tempo de ida e volta ó traballo. Se como consecuencia do desprazamento tivese que iniciarse a viaxe antes de dar comezo a súa xornada, ou se o regreso se producise unha vez pasada a hora de terminación de xornada, o traballador percibirá o tempo de exceso de xornada como horas extraordinarias.

5. Nos desprazamentos de duración inferior a un día natural non se percibirá axuda de custo, salvo cando a saída sexa anterior ás 14 horas, en que se percibirá o 50% da axuda de custo.

6. Nos desprazamentos con duración menor de vintecatro horas que comprendan parte de dous días naturais poderanse percibir, mediante xustificación, os gastos de alOxamento dunha noite e a axuda de custo segundo as condicións fixadas no seguinte apartado para os días de saída e regreso.

7. Nos desprazamentos con duración menor de vintecatro horas poderanse liquida-los gastos mediante xustificación de facturas sempre que se comprometese así co seu director, antes de inicia-lo desprazamento.

8. Nos desprazamentos con duración superior a vintecatro horas terase en conta:

a) No día de saída poderanse percibir gastos de aloxamento pero non axuda de custo, salvo que a hora de saída sexa anterior ás 14 horas en que se percibirá axuda de custo completa, que se reducirá ó 50% cando a dita hora de saída sexa posterior ás 14 horas pero anterior ás 22 horas.

b) No día de regreso non se poderán percibir gastos de aloxamento nin axuda de custo, salvo que a hora fixada para concluí-la viaxe sexa posterior ás 15 horas; nese caso percibirase o 50% da axuda de custo.

c) Nos días intermedios entre os de saída e regreso percibiranse axudas de custo enteiras.

9. As axudas de custo fixadas para desprazamentos ó estranxeiro devengaranse desde o día en que se pase a fronteira ou se saia do último porto ou aeroporto nacionais e durante o percorrido e estada no estranxeiro, na confía correspondente ó país en que se desempeñe o traballo ou servicio, deixándose de

percibi-lo mesmo día da chegada á fronteira ou primeiro porto ou aeroporto nacionais.

Durante os percorridos por territorio nacional aboaranse as axudas de custo que corresponden a ese territorio de acordo co previsto nos apartados anteriores, aínda que poderían aplicarse as axudas de custo estranxeiras cando se xustifique, mediante a correspondente factura ou recibo, que no día de regreso se realizou o gasto de manutención fóra do territorio nacional.

10. Nas viaxes en que os gastos de aloxamento e/ou manutención sexan aboados por terceiros, non se percibirán os ditos gastos desta empresa.

11. A asistencia a cursos, seminarios, etc., non devengará axudas de custo e liquidarase por xustificación dos gastos realizados.

CLASIFICACIÓN DO PERSOAL (ANEXO I)

Grupo 1º: directores.

Grupo 2º: titulados medios, xefes e outros cargos medios.

Grupo 3º: pesoal de oficina e taller restante.