Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Martes, 17 de febreiro de 1998 Páx. 1.644

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 2 de febreiro de 1998 pola que se lle outorga permiso de actividade para a instalación dunha estación depuradora e centro de expedición, no lugar de Tragove-Cambados (Pontevedra), a Benito Fernández e Hijos, S.A.

Visto o expediente iniciado a instancia de Benito Fernández Ambros, actuando en nome e representación de Benito Fernández e Hijos, S.A., con NIF A-36.043.476, no que solicita concesión e permiso

de actividade para a instalación dunha depuradora e centro de expedición, no lugar de Tragove-Corbillón-Cambados.

Tendo en conta que a súa tramitación se realizou de acordo coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia; Decreto 193/1993, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares situados na zona terrestre; Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas e o Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral para o desenvolvemento e execución da citada Lei 22/1988.

Tendo en conta que con data do 6-6-1990 a Dirección Xeral de Portos e Costas outorga a concesión de ocupación de dominio público marítimo-terrestre con destino a tuberías de toma e desaugadoiro relativas á instalación desta depuradora.

Tendo en conta a documentación e os informes que constan no expediente, así como a proposta da Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura do 22-10-1997, logo do informe do Servicio Técnico-Xurídico, esta consellería,

ACORDA:

Outorgarlle a Benito Fernández e Hijos, S.A., con NIF A-36.043.476, concesión e permiso de actividade para a posta en funcionamento e explotación do seguinte establecemento:

Establecemento auxiliar de acuicultura integrado por:

-Estación depuradora de moluscos.

-Centro de expedición.

-Situación: Tragove-Corbillón-Cambados (Pontevedra).

-Dominio público: 260 m para toma de auga de mar e desaugadoiro.

-Dominio privado: nave de 851 m.

-4 Piscinas interiores de 74 m.

-2 Piscinas interiores de 31 m.

-Total superficie depuración: 358 m.

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-A vixencia do permiso de actividade e concesión rematará o 6-6-2000, de conformidade coa autorización da Dirección Xeral de Portos e Costas.

O prazo de vixencia dos títulos habilitantes así como das prórrogas que no seu día se puidesen outorgar, o permiso de actividade e concesión de ocupación do dominio público, deberán ser coincidentes.

Segunda.-A situación e as obras da instalación do establecemento axustaranse ós planos e proxectos presentados. As obras deberán quedar finalizadas no prazo máximo de seis (6) meses; o seu remate deberá comunicarse inescusablemente á Delegación Territorial desta consellería en Vigo para os efectos de practica-la inspección delas, da que se emitirá o correspondente informe.

Terceira.-O titular contrae a obriga de manter en bo estado o dominio público, obras e instalacións. Estas e o establecemento a que fai referencia esta concesión e permiso de actividade non poderán alugarse nin ser destinadas a usos distintos dos autorizados. Baixo ningún concepto poderán modifica-la instalacións, agás que medie permiso expreso desta consellería.

Cuarta.-Sen prexuízo da caducidade da concesión ó amparo do disposto na resolución Dirección Xeral de Portos e Costas, do 6-6-1990, o permiso de actividade ó que se refire este outorgamento, extinguirase por incumprimento dalgunha das condicións desta orde e nos casos previstos no artigo 72 da Lei 6/1993, de pesca de Galicia, e no artigo 6 do Decreto 193/1993, do 5 de xuño.

Quinta.-O establecemento debe cumpri-lo disposto na Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, así como no Real decreto 308/1993, do 26 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento técnico-sanitario que fixa as normas aplicables á comercialización dos moluscos bivalvos vivos e demais concordantes que lle sexan de aplicación.

Sexta.-O outorgamento desta concesión e permiso de actividade non exime o seu titular da obtención doutras licencias, permisos e autorizacións legalmente procedentes.

Sétima.-O titular xustificará o pagamento á Facenda Pública do imposto que grava as concesións e autorizacións administratiavs (transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados) ou acreditará a declaración de non estar suxeito o acto ó dito imposto, feita pola Delegación de Facenda ou oficina liquidadora correspondente.

Contra a presente orde, que é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous (2) meses, que se contarán a partir do día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, despois de comunicarllo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 1998.

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura