Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Martes, 17 de febreiro de 1998 Páx. 1.647

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 20 de xaneiro de 1998, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que se fai pública unha relación de notificacións de resolucións dos recursos ordinarios de expedientes sancionadores PO-0339-1996 e catro máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27-11-1992), notifícanselles ás persoas que se citan a continuación, a resolución dos recursos ordinarios dos expedientes instruídos por infraccións da Lei 6/1991, do 15 de maio (Diario Oficial de Galicia do 27 de maio), de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Os ditos interesados dispoñen dun prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da publicación deste edicto, para poderen examina-los expedientes na Delegación Territorial de Pontevedra (Vigo) da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (r/ Palma nº 4-Vigo) e presenta-lo recurso correspondente.

Nº de expediente: PO-0339-1996.

Denunciado: José Manuel Rey Tato.

Enderezo: Avda. de Fernando Conde, 36-5º-A Estrada-Pontevedra.

Precepto infrinxido: 6.13 da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: vintecinco mil unha pesetas (25.001 ptas.).

Recurso ordinario presentado o día: 19 de febreiro de 1997.

Resolución do recurso ordinario: desestimatoria, confirmando a sanción de vintecinco mil unha pesetas (25.001 ptas.).

Nº de expediente: PO-0449-1996.

Denunciada: Victoria Simes Acuña

Enderezo: Francisco Bastarreche, 15-4º A-Marín-Pontevedra.

Precepto infrinxido: 6.12 da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: cincuenta mil pesetas (50.000 ptas.).

Recurso ordinario presentado o día: 15 de maio de 1997.

Resolución do recurso ordinario: desestimatoria, confirmando a sanción de cincuenta mil pesetas (50.000 ptas.).

Nº de expediente: PO-0526-1996.

Denunciado: Benito Fariña Outeda.

Enderezo: Laxes, 18-A Illa de Arousa-Pontevedra.

Precepto infrinxido: 6.7 e 6.9 da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: cincuenta mil dúas pesetas (50.002 ptas.).

Recurso ordinario presentado o día: 14 de febreiro de 1997.

Resolución do recurso ordinario: desestimatoria, confirmando a sanción de cincuenta mil dúas pesetas (50.002 ptas.).

Nº de expediente: PO-0679-1996.

Denunciado: José Benito Camiña Campos.

Enderezo: Catapeixe, 63-Cesantes-Redondela-Pontevedra.

Precepto infrinxido: 6.12 da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: cento cincuenta mil pesetas (150.000 ptas.).

Recurso ordinario presentado o día: 30 de decembro de 1996.

Resolución do recurso ordinario: desestimatoria, confirmando a sanción de cento cincuenta mil pesetas (150.000 ptas.).

Nº de expediente: PO-1068-1996.

Denunciado: Ricardo Varela González.

Enderezo: Vicente Risco, 36-Cambados-Pontevedra.

Precepto infrinxido: 6.1 da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: cincuenta mil pesetas (50.000 ptas.).

Recurso ordinario presentado o día: 1 de marzo de 1997.

Resolución do recurso ordinario: desestimatoria, confirmando a sanción de cincuenta mil pesetas (50.000 ptas.).

De conformidade co previsto na orde de Economía e Facenda do 22 de maio de 1987 (Diario Oficial de Galicia nº 104, do 3 de xuño) as devanditas sancións deberán ser aboadas na Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal de Vigo. Título da conta: Tesouro da Facenda galega. Conta restrinxida da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. Recadación de multas e sancións. Delegación de Vigo (Pontevedra). C/C nº 2091-0501-66-3110000041, nos prazos establecidos no Regulamento xeral de recadación. De non ser abonadas procederase, sen máis trámite, ó seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria.

Vigo, 20 de xaneiro de 1998.

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo (Pontevedra)