Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Martes, 17 de febreiro de 1998 Páx. 1.643

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 28 de xaneiro de 1998 pola que se acorda a denegación da prórroga e extinción de diversas concesións administrativas que amparan os parques de cultivo de moluscos da zona do Carril, distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Vistas as peticións de prórroga das concesións que se citan no anexo, resulta:

Antecedentes de feito

1º Por orde do Ministerio de Comercio do 7 de outubro de 1975 (BOE nº 254/75), outórganse 930 concesións administrativas para a instalación doutros tantos parques de cultivo de moluscos na zona do Carril, distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, a precario e por un prazo de 10 anos, prorrogables por petición dos interesados.

Por Orde do 29 de outubro de 1984 (DOG nº 235/84), outórgase concesión administrativa para instalar un parque de cultivo de ameixas e berberechos, no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, a favor de Dolores Ferreiros Muñiz, en precario e por un prazo de 10 anos, prorrogables por petición da interesada.

Por Orde do 29 de outubro de 1984 (DOG nº 232/84), outórgase un parque de cultivo de ameixas e berberechos no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, a favor de María González Bures, en precario e por un prazo de 10 anos, prorrogables por petición da interesada.

Por Orde do 17 de setembro de 1984 (DOG nº 204/84), outórgaselle concesión administrativa a Rolando Vidal Dios para instalar un parque de cultivo de moluscos no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, cunha ocupación de 1552,2 m do dominio público, por un prazo de 10 anos, prorrogables por petición do interesado.

2º Mediante Decreto 158/1991, do 16 de maio, declárase de interese marisqueiro e urxente execución a revisión e reordenación dos citados parques de cultivo, co obxecto de proceder a unha regularización da situación de feito existente, á revisión das circunstancias de titularidade dos parques e á oportuna reordenación que adecúe a súa situación e superficie a unha explotación máis racional dos recursos.

3º Aprobada a fase de revisión do citado proceso por resolución da Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura do 26 de decembro de 1995, cómpre proceder ó inicio da fase de reordenación, da que xurdirán as novas concesións, para o que resulta inescusable desestimar, neste momento do proceso, tales peticións de prórroga.

Fundamentos xurídicos

1º Este órgano é competente para resoler tales peticións de conformidade co disposto no R.D. 3318/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de pesca e na Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia.

2º Tendo en conta que o prazo de vixencia das concesións administrativas que amparan os citados parques expirou, e que de conformidade co disposto no apartado C do artigo 72 da Lei 6/1993, do 11 de maio, as concesións se extinguirán polo vencemento do prazo de outorgamento sen que se solicitase e se concedese prórroga.

Por todo o anterior, esta consellería facendo uso das súas atribucións e competencias, acorda denega-las prórrogas solicitadas e proceder de conformidade co artigo 72 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, á extinción das concesións relacionadas no anexo á presente orde.

A presente orde esgota a vía administrativa e contra ela os interesados poderán interpor o correspondente recurso contencioso-administrativo perante a orde xurisdiccional competente, no prazo de 2 meses contados desde o seguinte á publicación desta orde tal e como establece a Lei de xurisdicción contencioso-administrativa.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 1998.

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

ANEXO

1) Orde do 7 de outubro de 1975 pola que se outorgan 930 concesión administrativas para a instalación doutros tantos parques de cultivo de moluscos na zona do Carril, distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa.

Parcela

Concesionario

m

22José Eugenio González Domínguez728
101Manuel Calvo Cerqueiras136
102Manuel Mollinedo Longo232
104José Moledo López40
124Joaquina Baltar Teijeiro774
134José Núñez Pereira238
138Ramón Iglesias Ramos72
140José Núñez Pereira362
143Carmen Pereira Abelenda112
144Santiago Pereira Abelenda302
147Román Iglesias Ramos80
152Lucas Martínez Canaval134
173Lucas Martínez Canava186
175Laureano Núñez Liñares61

Parcela

Concesionario

m

184Manuel Bóveda Pérez30
201Lucas Martínez Canaval77
203José Núñez Pereira107
211Laureano Núñez Liñares42
221Miguel Piñeiro Acosta224
243Carlos Mollinedo Veloso400
271Manuel Martínez Pereira99
273Dolores Ramos Crespo112
292Román Iglesias Ramos40
302Santiago Pereira Abelenda48
304Ramón Ares Ramos243
307José Núñez Pereira40
313Carmen Meaños Insua26
314Santiago Pereira Abelenda66
317Constantino Silva Ramos139
326Santiago Pereira Abelenda40
327Olivia Diz Meaños e irmáns40
331Marcial González Abelenda40
336Miguel Piñeiro Acosta

Cambio Dominio a favor de Mª Eva Parada

García (DOG nº 1/89)

144
338José Núñez Pereira48
352Constantino Silva Ramos125
353Constantino Silva Ramos154
379Josefa Torrado España37
411Roque Ramos Crespo48
413Carlos Mollinedo Veloso58
422Manuel Bóveda Pérez74
425Carmen e Virtudes Iglesias Ramos48
441José Sánchez Núñez37
477Ramón Ares Ramos219
490Manuel Bóveda Pérez75
496José Sánchez Núñez62
507Elena Melón García165
508José Sánchez Núñez85
509Carlos Rivas Fernández56
517María Bouzada Luna56
524María Bouzada Luna64
560Carlos Rivas Fernández117
590Carlos Mollinedo Veloso178
592Rafael Alonso Nine374
627Carlos Franco Boullosa467
649Elpidio Costa Franco361
654Manuel Calvo Cerqueiras175
690José Abuín González149
701Carmen Mollinedo Saborido288
713Eduardo Cores Romero1602
714J. Mollinedo Rey e A. Farto Antelo850
730Ramón Cores Fernández117
751Rosa Melón Fernández

Cambio dominio a favor de Ricardo Vélez

Silva (DOG nº 60/90)

344
763Luís Iglesias Carballo99
789Josefa Berride Teijeiro

Cambio dominio a favor de Antonio Fer-

nández Oubiña (DOG nº 93/85)

984
800José Augusto Correa79
801Peregrina Antelo Romero296
807Luís Mollinedo Saborido221
816Ramón Rey Torrado216
833Montserrat Abuín Pardo91
840Luís Iglesias Carballo493
843Joaquín Oliveira Almeida214
844Amelia Fernández Cabaleira

Cambio dominio a favor de Mª Álvarez Fer-

nández (DOG nº 13/86)

166
858José Antonio Rodríguez Mollinedo131

Parcela

Concesionario

m

867José Caamaño Garaboa160
875Carmen Teijeiro Núñez149
876Andrés Villanueva Núñez217
877Manuel Moroño Maneiro304
881María Abuín Pardo293
885Ramón Iglesias Gómez83
903Manuel Moroño Maneiro588

2) Orde do 29 de outubro de 1984 pola que se outorga concesión administrativa para instalar un parque de cultivo de ameixas e berberechos, no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, a favor de Dolores Ferreiro Muñiz (DOG nº 235, do 7 de decembro de 1984).

Parcela

Concesionario

m

692Dolores Ferreiros Muñiz (Exp. 5465)1610

3) Orde do 29 de outubro de 1984 pola que se outorga un parque de cultivo de ameixas e berberechos, no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, a favor de María González Bures (DOG nº 232, do 4 de decembro de 1984).

Parcela

Concesionario

m

870-AMaría González Bures784

4) Orde do 17 de setembro de 1984 pola que se outorga concesión administrativa a Rolando Vidal Dios para instalar un parque de cultivo de moluscos no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, cunha ocupación de 1.552,2 m do dominio público (DOG nº 204, do 24 de outubro de 1984).

Parcela

Concesionario

m

3-ARolando Vidal Dios (Exp. 5528)1552