Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Martes, 17 de febreiro de 1998 Páx. 1.642

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorizacón da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/14-3).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denomiación: L.M.T., C.T. e R.B.T. As Cortes.

Situación: O Barco de Valdeorras.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea de 15 kV, en conductor R.H.V. 12/20, de 45 metros de lonxitude, derivada desde o apoio nº 7 da L.M.T. a C.T. Cooperativa Vinícola e remata no C.T. proxectado en caseta na Rúa Doutor Fleming. C.T. con 250 kVA de potencia e relación de transformación 15000/380-220 V. Rede de baixa tensión de 25 metros con conductor R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 19 de xaneiro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense