Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Venres, 06 de febreiro de 1998 Páx. 1.141

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Santaz-Censa, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Santaz-Censa, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 17-10-1997, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 15-10-1997, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 22 de outubro de 1997.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa Santaz-Censa, S.A. do Porriño

Capítulo I

Normas xerais

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O ámbito do presente convenio será o da empresa Santaz-Censa, S.A., e afectará á factoría das Gándaras de Prado, O Porriño e, por extensión, a calquera lugar onde o persoal da empresa realice os seus servicios a ela.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O convenio será de aplicación a todo o persoal que preste os seus servicios á empresa durante a súa vixencia. Queda excluído o persoal de alta dirección con relación laboral regulada polo disposto no R.D. 1382/85, do 1 de agosto.

Artigo 3º.-Vixencia.

As normas estipuladas no presente convenio adquirirán vixencia desde o 1 de xaneiro de 1997 ata o 31 de decembro de 1999.

Artigo 4º.-Prórroga e denuncia.

A solicitude de denuncia debe facerse con dous meses de antelación á data de expiración da vixencia mediante comunicación fidedigna da representación que a promova á outra parte.

O presente convenio, aínda esgotado o período de duración, seguirá vixente no seu texto normativo ata que entre en vigor un novo.

Artigo 5º.-Compensación.

Entendendo que as condicións estipuladas e recollidas no presente convenio son, no seu conxunto, máis beneficiosas cás que rexían con anterioridade á data de entrada en vigor, calquera que sexa a súa orixe, compensarán e substituirán a estas na súa totalidade sen máis excepcións cás expresamente contidas no presente convenio.

Artigo 6º.-Absorción.

As posibles e futuras disposicións legais ou voluntarias que impliquen variación na contía de todos ou cada un dos conceptos retribuídos que son obxecto do presente convenio serán absorbidas polas melloras económicas concedidas nel, salvo que, consideradas global e anualmente, superen o nivel destas últimas.

Artigo 7º.-Comisión de vixilancia.

Para a aplicación e interpretación das estipulacións do presente convenio, créase unha comisión mixta composta por dous vocais nomeados pola dirección e outros dous nomeados polo comité de entre os seus membros.

En caso de conflicto actuará como moderador o titular de Relacións Laborais ou persoa que este designe.

A comisión informará e asesorará á dirección e ó comité en relación coa interpretación das cláusulas do convenio en cantas incidencias puidesen producirse co obxecto de que poidan contar cos elementos de xuízo necesarios para a máis acertada solución, sen prexuízo das facultades que de acordo co artigo 91 do E.T. corresponden á xurisprudencia competente.

Artigo 8º.-Ordenanza aplicable.

Para evita-la lagoa legal que a falta dun convenio xeral do metal puidese orixinar, acórdase que a ordenanza de traballo para a industria siderometalúrxica, aprobada pola Orde do 29 de xullo de 1970 e que foi derrogada por Orde do 17 de febreiro de 1988, siga a ser de aplicación naqueles aspectos non regulados polo presente convenio.

Capítulo II

Organización do traballo

Artigo 9º.-Competencia.

A organización do traballo é facultade da dirección da empresa e estará suxeita á lexislación vixente e ó presente convenio colectivo. Os representantes dos traballadores participarán da maneira que se determina neste convenio, tendo a función de velar polo cumprimento do disposto nel.

Artigo 10º.-Comisión técnica.

É unha comisión paritaria composta por 4 membros designados pola dirección da empresa e outros 4 designados polo comité de entre os seus membros, que se reunirán por petición de calquera das partes, podendo ser chamadas as persoas que a xuízo da comisión sexan de utilidade tanto pola implicación dos asuntos que se traten como pola súa calidade de expertos.

Artigo 11º.-Calidade do producto.

A calidade dos productos obtidos ou dos servicios prestados polos traballadores corresponderá ás condicións fixadas pola empresa en normas, planos, croquis, especificacións, etc., que se entregasen para realiza-lo traballo.

Os traballos que non acaden a calidade estipulada e sexa por causa imputada ó traballador non serán computados para efectos de prima e poderán motiva-las accións disciplinarias que procedan, segundo a intencionalidade e gravidade do caso.

Artigo 12º.-Saturación do traballador.

Todo o persoal estará obrigado a admiti-la saturación completa da súa xeira laboral, aínda con labores distintos ós do seu oficio, se as circunstancias obrigasen a iso, respectándose a súa personalidade e capacidade profesional.

Artigo 13º.-Ingreso.

Cando existan vacantes e sexa preciso cubrilas, serán cubertas dando preferencia ó persoal do cadro,

sempre que este reúna os coñecementos indispensables para o posto que se vaia cubrir, promovendo incluso cursos de formación profesional en caso de seren necesarios. O período de adaptación ó novo posto de traballo non será superior ó fixado polo curso, de acordo cos de F.P.

Se aínda continúan existindo vacantes, cubriranse con persoal externo. Publicaranse por medio de aviso nos taboleiros de anuncios da empresa. Á hora de ingreso en igualdade de condicións para desfacer un posible empate na puntuación terán preferencia os fillos de traballadores do cadro de persoal da antiga CENSA que figuren na relación do préstamo hipotecario.

Os postos cubriranse mediante concurso-oposición, as bases serán determinadas por unha comisión paritaria formada pola dirección e o comité. Para tal efecto a empresa comunicará ó comité os postos que hai que cubrir, as condicións que deberán reuni-los aspirantes e as características das probas de selección.

En todo caso, cando se trate de postos que impliquen exercicio de autoridade e mando sobre terceiras persoas, serán cubertos directamente pola empresa.

A copia básica do contrato así como das súas prórrogas será entregada ó comité de empresa.

Non se admitirán xubilados nin pensionistas.

Artigo 14º.-Ascensos.

A promoción de categorías convocarase nos meses de abril e outubro, de cada 8 prazas convocadas unha proverase por antigüidade e as outras por concurso-oposición, co obxecto de cualifica-lo grao de aptitude dos aspirantes. Poderá presentarse a este concurso-oposición todo o persoal da empresa que se considere con capacidade para aspirar ó posto a cubrir, solicitándoo previamente por escrito.

Convocaranse un mínimo de 15 e un máximo de 25 prazas anuais.

Artigo 15º.-Mobilidade do persoal.

A empresa só poderá desprazar persoal fóra do lugar de traballo no caso de montaxe ou reparación dalgún dos productos fabricados por ela. Para iso a empresa debe comunicarllo ó comité cun mes de antelación e solicitalo no taboleiro de anuncios con carácter voluntario. En caso de que non se cubrisen as prazas con persoal voluntario será obxecto de estudio pola dirección e o comité de empresa coa finalidade de atopar unha solución ó problema.

Artigo 16º.-Cesamentos.

O persoal afectado polo presente convenio que desexe cesar na empresa, comunicarallo coa antelación mínima de:

Persoal obreiro: 10 días.

Persoal empregado: 20 días.

Artigo 17º.-Modalidade de contratación.

A) Contrato de formación.

O contrato de formación terá por obxecto a adquisición de formación teórica e práctica necesaria para o desempeño adecuado dun oficio ou dun posto de traballo que requira un determinado nivel de cualificación.

Non se poderá contratar máis dun 20% do cadro de persoal.

É para traballadores maiores de 16 anos e menores de 20 anos que carezan de titulación académica. Non se aplicará este límite de idade cando se trate de minusválidos.

A duración mínima do contrato será de seis meses e máxima de dous anos. Á finalización do contrato entregaráselle ó traballador un certificado no que conste a duración da formación e o nivel e práctica adquiridos.

A duración da formación non poderá ser inferior ó 15% da xornada (do tempo de presencia).

As retribucións serán os primeiros seis meses, o 110% do SMI para maiores de 18 anos e os demais as que marque o convenio colectivo para a categoría de especialista, incluídos os pluses polo tempo real traballado.

Unha vez superado con éxito o período de formación por permanece-lo tempo máximo pasará a ser fixo de cadro de persoal.

Estes contratos terán as mesmas cotizacións que calquera outro traballador da empresa.

B) Contrato por obra e servicio.

Cando se contrate o traballador para a realización dunha obra ou servicios determinados, con autonomía e substantividade propia, aínda que limitada no tempo, é en principio de duración incerta.

A dirección e a representación social identificarán aqueles traballos e tarefas que se poidan cubrir con contratos desta natureza.

A duración do contrato será a do tempo esixido para a realización da obra ou servicio.

O contrato considerarase indefinido salvo proba en contrario que acredite a natureza temporal da prestación unha vez finalizados a obra ou servicio para que se contratase e continúe prestando os seus servicios na empresa.

As retribucións serán as que marca o convenio colectivo para a súa categoría incluídos os pluses.

O período de proba será de 20 días.

C) Contrato eventual por circunstancias da producción.

Cando as circunstancias do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos así o esixisen.

Terán unha duración máxima de seis meses dentro dun período de 12 meses.

A dirección e a representación social determinarán as actividades nas que poidan contratarse traballadores eventuais, así como o número máximo.

As retribucións serán as que marca o convenio coelctivo para a súa categoría incluídos os pluses.

O período de proba será de 20 días.

Artigo 18º.-Persoal eventual.

Será requisito indispensable o contrato por escrito para a contratación de persoal eventual; sobreenténdese que todo o persoal que ingrese na empresa sen contrato escrito é fixo unha vez superado o período de proba.

O persoal eventual será contratado nas mesmas condicións que teña o persoal fixo do cadro.

Artigo 19º.-Mando.

Ningunha persoa allea ó cadro de persoal da empresa poderá exercer mando directo sobre o persoal dela.

Artigo 20º.-Diminución de aptitudes.

O persoal coa capacidade diminuída por ter perdido aptitudes para o desempeño correcto do seu traballo, ben sexa por idade ou outras circunstancias profesionais, que non fose declarado inválido permanente para o seu traballo habitual, poderá ser trasladado a outro traballo adecuado ás súas condicións a xuízo da dirección da empresa e do comité.

Artigo 21º.-Niveis de cualificación.

Mentres non se consiga consenso no sistema de clasificación profesional, respéctanse en termos xerais e sen prexuízo das innovacións específicas que a peculiaridade da empresa e a súa particular organización aconsella, as cualificacións de persoal recollidas na derrogada ordenanza laboral para a industria siderometalúrxica.

En función dos postos de traballo existentes e da súa xerarquización de acordo coas normas regulamentarias conxugadas coa distribución de funcións no seo da empresa, as distintas categorías profesionais correspóndense cos niveis de cualificación seguintes:

1. Niveis do persoal obreiro.

Oficial de 1ª A 31.

Oficial de 1ª 30.

Oficial de 2ª 28.

Oficial de 3ª 25.

Especialista 24.

2. Niveis do persoal empregado.

2.1. Subalternos.

Almaceneiros 27.

Listeiros 26.

Chofer-comprador 25.

Basculeiro/porteiro/vixilante 23.

Telefonista 23.

Limpadora 21.

2.2. Administrativos.

Xefe de 1ª 50.

Subxefe de 1ª 45.

Xefe de 2ª 40.

Oficial de 1ª 35.

Oficial de 2ª 29.

Auxiliar administrativo 22.

2.3. Técnicos.

2.3.1. Técnicos titulados.

Perito e Enx. técnico de 1ª 50.

Perito e Enx. técnico de 2ª 47.

Perito e Enx. técnico de 3ª 40.

Axudante técnico sanitario 40.

2.3.2. Técnicos de oficina.

Proxectista de grupo 49.

Delineante proxectista 47.

Delineante de 1ª 42.

Delineante de 2ª 33.

Calcador 23.

2.3.3. Técnicos de taller.

Axudante enxeñeiro 1ª 50.

Axudante enxeñeiro 2ª 47.

Axudante enxeñeiro 3ª 40.

Xefe de taller 50.

Mestre de 1ª 45.

Mestre de 2ª 40.

Encargado 37.

2.3.4. Técnicos organización.

Xefe de 1ª 50.

Subxefe de 1ª 46.

Xefe de 2ª 41.

Técnico de organización 1ª 38.

Técnico de organización 2ª 31.

Auxiliar organización 23.

Preparador de 1ª 42.

Preparador de 2ª 34.

Capítulo III

Retribucións directas

Artigo 22º.-Xornais e soldos básicos.

Para as respectivas categorías e niveis de cualificación establécense os xornais e soldos básicos que figuran na táboa 1.

Incremento para 1997: IPC 96+0,8 puntos= 4%.

Incremento para 1998: IPC 97+1 punto.

Incremento para 1999: IPC 98+1 punto.

50% lineal-50% porcentual.

O persoal que traballe na quenda de tarde percibirá, adicionalmente, o 19% do xornal ou soldo básico en 1997 e o 20% en 1998 e 1999, aplicado sobre o número de horas traballadas na dita quenda.

Artigo 23º.-Plus de asistencia.

O plus que se reflicte na táboa 2 aboarase só polos días laborables de presencia na factoría.

Artigo 24º.-Enumeración.

Os respectivos xornais e soldos básicos substitúen a tódalas retribucións ou emolumentos de carácter salarial que viñese percibindo o persoal como con

secuencia de anteriores axustes. Quedan excluídos os seguintes conceptos:

Antigüidade; axudas de custo e locomocións; plus de distancia; plus de xefe de equipo; proteccións á familia; bonificacións do artigo 77 da derrogada ordenanza laboral (tóxicos, penosos e perigosos).

Artigo 25º.-Antigüidade.

De acordo coas categorías e niveis de cualificación do persoal obreiro e empregado, aboaranse aumentos periódicos por ano de servicio consistentes en quinquenios na contía do 5% do xornal ou soldo básico e que se recollen na táboa 3.

Artigo 26º.-Axudas de custo e locomocións.

Será de aplicación nos desprazamentos por razóns de servicio para todo o persoal suxeito a convenio colectivo, viaxe en ferrocarril en 1ª clase e unha axuda de custo de 8.000 ptas. para o ano 1997.

Observacións:

1. Se por circunstancias especiais os gastos orixinados superan o importe das axudas de custo, o exceso será por conta da empresa, unha vez que esta teña coñecemento del e posterior xustificación polos afectados.

2. Nas datas de comezo e finalización de calquera desprazamento devengaranse os importes íntegros dunha axuda de custo, e percibirán ademais polos días que estea desprazado o 12% do seu salario, a partir do 1 de xaneiro de 1998. En caso de non se cubriren as prazas con persoal voluntario, a dirección e o comité reuniranse para intentar resolve-lo problema.

3. Os desprazamentos que permitan pasa-la noite no propio domicilio non devengarán axuda de custo; percibiranse os gastos de desprazamento se se utiliza medio propio de locomoción, a razón de 25 ptas./km e para a comida 1000 ptas.

A empresa asumirá ou formalizará unha póliza de seguro a todo risco para os desprazamentos.

4. Os desprazamentos fóra da provincia que permitan pasa-la noite no propio domicilio devengarán media axuda de custo.

Os desprazamentos na provincia que non orixinen para o persoal gastos por asumilos a empresa na súa totalidade non devengarán axuda de custo nin gastos de locomoción.

5. O importe da axuda de custo non inclúe aqueles gastos de carácter extraordinario que a comisión de servicio faga necesarios, polo que serán aboados pola empresa despois de xustificalos.

Artigo 27º.-Plus de distancia.

A aplicación deste plus rexerase pola lexislación vixente, establecéndose a cantidade de 340 ptas./día.

Artigo 28º.-Plus de xefe de equipo.

O plus de xefe de equipo fíxase en 150 ptas./día.

Artigo 29º.-Protección á familia.

Para a súa aplicación, rexerase polo previsto na Lei de Seguridade Social e demais lexislacións complementarias.

Artigo 30º.-Traballos excepcionalmente penosos, tóxicos e perigosos.

A falta de acordo entre empresa e representación social respecto a qué traballos deben ser considerados como tóxicos, penosos ou perigosos será resolta polo autoridade laboral.

Establécese unha bonificación do 20%, 25%, 30% do salario base, segundo se dean un, dous ou tres conceptos á vez.

Así mesmo, a empresa procurará pór tódolos medios ó seu alcance para evita-la realización destes traballos; en caso de ser inevitable rotarase ó maior número de persoal posible.

Quedan definidos como traballos penosos:

-Os traballos realizados no interior de recipientes de diámetro inferior a 1 metro, cadrados inferiores a 1 metro e rectangulares con altura inferior a 1 metro e/ou largo inferior a 60 centímetros.

-Soldaduras realizadas no interior de recipientes pechados ou similares con prequentamento dentro das seguintes condicións:

* Recipientes de 1 a 2 metros de diámetro con prequentamento maior ou igual a 100º C.

* Recipientes superiores a 2 metros de diámetro con prequentamento maior ou igual a 150º C.

-Todo tipo de traballos realizados en pezas con temperaturas maiores ou iguais a 550º C.

-Curvado de chapas en quente, con temperatura superior a 550º C.

-Considerarase penoso o traballo de todo o persoal que interveña na operación.

-Considérase penoso o resanado con arco aire.

-Considérase penoso o 50% do tempo da xornada dos operarios que realicen limpeza de servicios hixiénicos e vestiarios.

Quedan definidos como traballos perigosos:

-Considéranse perigosos tódolos traballos realizados en alturas superiores a 4 metros, con excepción dos operadores do guindastre de 150 tm.

Quedan definidos como traballos tóxicos:

-Manexo en interior de recipientes pechados de líquidos penetrantes.

-Manexo en interior de recipientes de líquidos de decapado.

-Preparación de tratamentos térmicos locais con mantas de fibra de vidro sen protección na súa superficie.

Estes son mencionados con carácter de mínimos. Pendente de ampliación pola Comisión de Seguridade en Hixiene.

Artigo 31º.-Liquidación mensual.

A totalidade das retribucións do persoal da empresa será obxecto de liquidación por períodos mensuais e faranse efectivos o penúltimo día hábil de cada mes.

O traballador poderá solicitar anticipos a conta dos seus haberes devengados, dos que a contía non superará o 90%. O aboamento destes anticipos efectuarase os días 10 e 20 de cada mes.

Capítulo IV

Xornada de traballo e horas extraordinarias

Artigo 32º.-Modalidade e horario.

A xornada para 1997 será de luns a venres e 3,75 horas os días 24 e 31 de decembro.

Para o ano 1998 serán 1.785 horas en xornadas normais de luns a venres e 3,75 horas os días 24 e 31 de decembro.

Para o ano 1999 serán 1.785 horas en xornadas normais de luns a venres e 3,75 horas os días 24 e 31 de decembro.

Quenda de mañá: de 6.30 horas a 14.15 horas de luns a venres.

Quenda de tarde: de 14.15 horas a 22 horas de luns a venres.

Entre final dunha xornada e o comezo da seguinte mediarán como mínimo 12 horas (artigo 34.3º parágrafo 1 do ET).

O calendario laboral confeccionarase en reunión conxunta da dirección e o comité de empresa no mes de novembro do ano anterior ó que deba aplicarse.

O comité participará coa empresa na distribución das dúas quendas equilibradas de acordo coas necesidades.

A empresa garante que dará o máximo de facilidades para o intercambio de quenda entre traballadores, cando estes o soliciten, mantendo o equilibrio.

Artigo 33º.-Horas extraordinarias.

Non se poderán realizar habitualmente horas extraordinarias.

A realización de horas extraordinarias será sempre voluntaria por parte do traballador salvo que se trate de previr ou reparar sinistros, neste caso a empresa consensuará co comité o número de horas extras que realizará o departamento ou sección con antelación. As horas extras estructurais aquí establecidas ou que se poidan pactar seranlle notificadas mensualmente á autoridade laboral conxuntamente pola empresa e o comité e así obte-la reducción de recargo nas cotizacións á Seguridade Social a que se refiren os reais decretos 1858/1981, do 20 de agosto, e 1/1985, do 5 de xaneiro.

Artigo 43º.-Valor.

Durante a vixencia do presente convenio colectivo o valor das horas extras será o que se recolle na táboa 4.

Polo menos o 50% das horas extras que se realicen desfrutaranse como descanso a razón de 1,5 horas por cada hora traballada e a razón de 2,5 horas se se trata de horas extras realizadas en festivos.

As horas extras que se realicen en sábado, domingo ou festivo aboaranse cun recargo do 70%.

Ó persoal que voluntariamente estea na quenda de noite e realiza a súa xornada entre as 22 horas e as 6.30 horas do día seguinte aboaráselle un plus de nocturnidade de 2.500 ptas. por xornada para o ano 1997 e 2.700 por xornada para o ano 1998 e 1999.

Nota: as cantidades dos artigos 23, 26, 27, 28 e 34 sufrirán nos anos 1998 e 1999 os mesmos incrementos que o salario base.

Capítulo V

Pagas extras, vacacións e licencias

Artigo 35º.-Pagas extras.

Para todo o persoal afectado polo presente convenio serán:

Verán: 30 días.

Nadal: 30 días.

O seu aboamento efectuarase conforme os xornais e soldos básicos. A de verán farase efectiva o 30 de xuño e a de Nadal o 20 de decembro.

Ós traballadores que se atopen en ILT por accidente de traballo aboaránselle-las gratificacións como se estivesen traballando.

Artigo 36º.-Vacacións.

As vacacións teranse no período de 20 de xuño a 15 de setembro. A duración será de 30 días, non substituíbles por compensación económica. Desfrutaranse ininterrompidamente, salvo que se acorde entre o traballador e a empresa dividilas ou desfrutalas noutras datas. En caso de que o traballador acepte non ter máis de 15 días no dito período (20 de xuño-15 de setembro), terá dous días de libre disposición.

Artigo 37º.-Lincencias retribuídas.

A empresa considera licencias retribuídas logo da solicitude:

1. Dunha xornada de traballo:

-Matrimonio de pais, fillos e irmáns.

-Falecemento de tíos e sobriños, incluso políticos.

2. De dúas xornadas de traballo:

-Enfermidade grave de avós e irmáns, incluso políticos.

-Enfermidade grave de pais e pais políticos.

-Traslado do domicilio habitual.

3. De tres xornadas de traballo:

-Falecemento de pais, irmáns, avós, netos, incluso políticos.

-Parto de esposa (ampliables en caso grave).

-Enfermidade grave de esposa e fillos.

4. De catro xornadas de traballo:

-Falecemento de cónxuxe e fillos, incluso políticos.

5. De quince días naturais:

-Matrimonio.

Se a licencia supón ter que se desprazar fóra da provincia, incrementarase nun día.

Entenderase por enfermidade sempre que exista necesidade de hospitalización, intervención cirúrxica, necesidade de acompañante ou cando así sexa cualificada polo facultativo correspondente.

Aqueles traballadores que tivesen diminuídos psiquica-fisicamente, os días necesarios para asistir a consulta médica.

Exames:

Os días necesarios, con xustificación previa, así como preferencia a elixir quenda de traballo cando cursen estudios con regularidade. Artigo 22 ET.

Accidente laboral:

Falecemento como consecuencia de accidente laboral ou dentro das 24 horas seguintes. Desde que o feito ocorra, darase por rematada a xornada e concederase permiso a todo o persoal ata a inhumación do cadáver.

Os días de licencia serán aboados de conformidade co salario base.

No prazo máximo de 48 horas despois da incorporación, o traballador beneficiario dalgunha das licencias indicadas deberá xustifica-la existencia do motivo que alegase para a obtención dela atopándose neste mesmo caso o que por causas imprevistas non puidese solicita-lo permiso previamente.

Para o caso de matrimonio, ademais dos quince días poderase ampliar, sempre que o solicite o interesado, sen ningunha retribución.

Polo tempo necesario nos casos de asistencia a consulta médica de especialistas da Seguridade Social, cando coincida o horario de consulta co de traballo, prescriba a dita consulta un facultativo de medicina xeral ou médico de empresa, debendo presenta-lo traballador o volante xustificativo da dita cita médica.

Artigo 38º.-Recoñecemento médico.

A empresa está obrigada a realizar a través da mutua de accidentes un recoñecemento médico anual, como mínimo para todo o persoal.

Artigo 39º.-Roupa de traballo de entrega anual.

Anualmente a empresa fará entrega das seguintes pezas de roupa:

Persoal obreiro e mandos de taller 3 fundas (2 en xaneiro+1 en xuño).

Persoal empregado que debido ó seu traballo teña que estar presente no taller: 1 funda.

Limpadoras de oficina: 2 batas (xaneiro).

Porteiros-vixilantes: 2 traxes de traballo.

Botas de seguridade: 2 pares (xaneiro e xuño).

En caso de non se cumpri-la entrega pasado un mes, a empresa aboará o importe da peza de roupa non entregada mediante factura.

A empresa disporá dunha reserva de fundas para seren usadas en traballos que pola súa natureza dean lugar a unha deterioración moi acusada delas.

A empresa achegará o 30% do custo para todo o persoal que utilice lentes graduados de seguridade na compra dos cristais.

Capítulo VI

Acción asistencial

Artigo 40º.-Bolsas.

A empresa manterá un fondo para a concesión de bolsas de 600.000 ptas. anuais, ás cales poderán opta-los traballadores para si ou para os seus fillos.

A contía, distribución e administración destas bolsas axustarase ó estipulado pola Comisión do Fondo Social.

Artigo 41º.-Fondo Social Asistencial.

A empresa achegará a cantidade de 95.000 ptas. mensuais ó dito fondo.

Artigo 42º.-Seguro de accidentes.

A empresa concertará unha póliza de seguro ou asumirá este risco para que, en caso de morte por accidente de traballo, os herdeiros do falecido perciban 1.500.000 ptas. independentemente das demais indemnizacións a que puidesen ter dereito e 2.000.000 de ptas. que se aboarán ó traballador que sufrise un accidente de traballo e como consecuencia del se lle recoñeza unha invalidez permanente no grao de total ou absoluta para todo traballo. Para o ano 1998 incrementaranse a 2.000.000 e 3.000.000 respectivamente.

Artigo 43º.-Préstamos a longo prazo.

Como contribución á solución de urxentes necesidades de índole económica referida á situación familiar dos traballadores, a empresa manterá un sistema de préstamos a longo prazo con cargo a un fondo específico, cunha dotación de 2.500.000 ptas.

A contía, distribución e administración deste fondo axustarase ó que ó respecto estableza a comisión do fondo social.

Artigo 44º.-Premios de seguridade e hixiene.

A empresa mantén a cantidade de 200.000 ptas. anuais para premiar aquel traballador ou traballadores que se distinguisen no cumprimento das normas de seguridade e hixiene no traballo. A distribución será realizada polo comité de seguridade e hixiene no mes de decembro.

Artigo 45º.-Dereitos sindicales.

En materia sindical a empresa estará de acordo co previsto no Estatuto dos traballadores e na Lei orgánica de liberdade sindical.

Descontará por nómina a cota sindical logo de petición escrita do traballador.

Artigo 46º.-Aplicación automática da norma máis favorable.

Serán de aplicación automática e consideraranse parte integrante do presente convenio os decretos do Goberno ou os acordos asinados a nivel nacional ou autonómico entre a patronal e as centrais sindicais, en tanto en canto a súa aplicación supoña uns niveis retribuídos globais superiores ós que resulten de aplicación do presente convenio ou no número anual de horas inferior ás que figuran no presente convenio.

Artigo 47º.-Xubilación anticipada.

O persoal que reúna os requisitos esixidos para percibi-la pensión de xubilación e estea acollido ó convenio colectivo poderá pasar voluntariamente á situación de xubilación definitiva, a partir dos 60 anos feitos, sendo por conta da empresa a diferencia entre a pensión e o 100% dos salarios líquidos do traballador en xornada diaria, con carácter irreversible, vitalicio ou inabsorbible.

O persoal que se acolla á xubilación definitiva nas condicións recollidas no parágrafo anterior, que faleza antes de face-los 65 anos, xerará a favor da súa viúva ou compañeira e por conta da empresa a diferencia entre o 31 e o 45% dunha base composta pola base reguladora inicial da pensión de xubilación da mutualidade aumentada nun 8% cada ano que ó seu falecemento lle faltase para face-los 65 anos e a pensión de viuvez que lle asigne a mutualidade.

Para a xubilación voluntaria a partir dos 60 anos teranse en conta os salarios computables posibles do ano da xubilación.

Artigo 48º.-Ausencias por cumprimento do servicio militar ou prestación social substitutoria.

O traballador que se incorpore ó servicio militar ou realice a prestación social substitutoria terá reservado o seu posto de traballo durante o tempo mínimo que permaneza en cumprimento de calquera dos dous servicios e un mes máis, computándose todo este tempo para efectos de antigüidade na empresa.

Durante este tempo o traballador terá dereito a percibi-las gratificacións extraordinarias recollidas no artigo 38 deste convenio colectivo.

A non incorporación do traballador dentro do prazo de reserva do seu posto de traballo dará lugar á rescisión do seu contrato de traballo.

Táboas convenio colectivo números 1, 2 e 3

Categoría

Nivel

Ano 1996

Soldo base

Ano 1997

Soldo base

Ano 1997

Tarde

Ano 1997

Asistencia

Ano 1997

Antigüidade

-Persoal obreiro
Oficial de 1ª A4.4754.648883,12213232
Oficial de 1ª4.3844.555865,45209228
Oficial de 2ª4.2334.401836,19198220
Oficial de 3ª4.0184.182794,58189209
Especialista3.9364.098778,62182205

-Persoal empregado
50151.037156.571991,622667.828
49149.670155.177982,792637.758
47146.931152.383965,092577.619
46144.353149.753948,442557.487
45141.438146.780929,612497.339
42137.876143.147906,602437.157
41135.494140.717891,212407.036
40133.659138.846879,362346.942
38129.245134.343850,842296.717
37128.582133.667846,562256.683
35124.734129.742821,702176.487
34123.600128.585814,372146.429
33121.296126.235799,492126.312
31118.497123.380781,412056.169
29114.521119.325755,731975.966
27111.386116.127735,471915.806
26109.936114.648726,101895.732
25106.853111.503706,191825.575
23104.038108.632688,001785.431
22102.075106.630675,321735.331
21100.764105.293666,861705.264

-Nocturnidade: con horas 2.029 ptas. noite.

sen horas 2.500 ptas. noite.

Táboa número 4 do convenio colectivo

Departamento persoal

Valor hora extra normalValor hora extra festiva

CategoríaNivel0Q1Q2Q3Q4Q5Q6Q0Q1Q2Q3Q4Q5Q6Q

-Persoal obreiro
Oficial 1ª A319811.0241.0681.1121.1561.2081.2691.5771.6541.7281.8031.8781.9662.064
Oficial 1ª309591.0041.0471.0911.1371.1881.2471.5461.6201.6941.7701.8451.9322.029
Oficial 2ª289169571.0001.0401.0841.1331.1891.4751.5471.6201.6861.7631.8461.938
Oficial 3ª258608999389791.0171.0621.1151.3881.4541.5211.5891.6541.7321.819
Especialista248408789189579931.0391.0911.3551.4211.4881.5551.6171.6931.778
Peón218118508899299651.0091.0601.3171.3811.4481.5151.5781.6511.734

-Persoal empregado
501.3061.3751.4441.5131.5671.6451.7282.2212.3372.4562.5732.6642.7972.937
491.2911.3601.4261.4971.5541.6321.7132.1952.3112.4242.5452.6412.7732.912
471.2591.3241.3891.4581.5301.6071.6872.1402.2522.3622.4782.6022.7332.869
461.2591.3241.3891.4581.5301.6071.6872.1402.2522.3622.4782.6022.7332.869
451.2271.2921.3601.4231.4871.5611.6392.0862.1962.3112.4172.5282.6552.787
421.1831.2451.3081.3721.4441.5171.5922.0132.1182.2232.3332.4562.5792.708
411.1501.2111.2731.3311.3931.4641.5371.9562.0592.1632.2642.3692.4872.612
401.1461.2061.2671.3261.3881.4581.5311.9482.0512.1542.2552.3602.4772.601
381.1081.1651.2251.2821.3391.4061.4761.8821.9812.0822.1782.2762.3902.510
371.1011.1581.2181.2751.3321.3991.4691.8701.9702.0702.1682.2662.3792.498
351.0631.1191.1751.2331.2941.3601.4281.8071.9021.9982.0962.2002.3102.425
341.0431.0981.1551.2111.2881.3531.4201.7731.8671.9632.0592.1892.2992.414
331.0271.0801.1361.1911.2521.3141.3801.7461.8381.9312.0262.1292.2352.347
319931.0451.1011.1571.2181.2791.3431.6881.7771.8711.9682.0702.1742.283
299661.0171.0721.1091.1891.2491.3111.6431.7291.8241.8852.0212.1212.227
279399891.0441.0751.1621.2191.2801.5971.6801.7741.8271.9742.0742.177
269279751.0301.0571.1471.2041.2641.5751.6581.7511.7971.9492.0472.149
259009461.0011.0221.1191.1751.2341.5291.6091.7031.7371.9021.9972.097
238559019449851.0411.0941.1491.4531.5301.6041.6771.7701.8591.952
228438879309671.0271.0781.1321.4331.5081.5821.6451.7451.8321.924
218308729179521.0141.0651.1181.4091.4831.5581.6171.7221.8091.900

79