Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Venres, 06 de febreiro de 1998 Páx. 1.141

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, pola que se nomean os membros da Comisión de Valoración prevista na Resolución do 20 de xaneiro de 1998 pola que se convoca concurso público para a adxudicación de novas oficinas de farmacia.

Por resolución desta secretaría xeral de data 20 de xaneiro de 1998 foi convocado concurso público para a adxudicación das novas oficinas de farmacia.

Na base IV da referida convocatoria prevíase a constitución dunha Comisión de Valoración cunha composición que se debería facer pública no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude, esta secretaría xeral,

DISPÓN:

Primeiro.-Nomea-los seguintes membros titulares e suplentes da Comisión de Valoración prevista na base IV da resolución desta secretaría xeral, do 20 de xaneiro de 1998, pola que se convocaba concurso público para a adxudicación das novas oficinas de farmacia:

Membros titulares:

Presidente: Enrique Otero Seivane, subdirector xeral de Réxime Administrativo da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Secretario: Carlos Somoza Quinteiro, xefe de sección da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Vocais:

-Mª Jesús Silva Villar, xefa do Servicio de Prestacións Farmacéuticas da División de Farmacia e Productos Sanitarios do Sergas.

-Marcelino Álvarez Ares, xefe do Servicio de Planificación e Ordenación Sanitaria da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais na Coruña.

-Luis Bruzos Pérez, polos Colexios Oficiais de Farmacéuticos de Galicia.

Membros suplentes:

Presidente: José Luis Carbajo Romero, xefe do Servicio Técnico-Xurídico a Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Secretario: Susana Cornado González, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Vocais:

-José Antonio Valcárcel Nogueira, xefe de Sección do Servicio de Prestacións Farmacéuticas da División de Farmacia e Productos Sanitarios do Sergas.

-Ubaldo Álvarez Torres, xefe do Servicio de Planificación e Ordenación Sanitaria da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais en Pontevedra.

-Mª Del Carmen Vázquez Gestal, polos Colexios Oficiais de Farmacéuticos de Galicia.

Segundo.-A presente resolución producirá efectos a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 1998.

Manuel Antonio Silva Romero

Secretario xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais

8383