Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Venres, 06 de febreiro de 1998 Páx. 1.140

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 14 de xaneiro de 1998 pola que se autoriza o cesamento de actividades no centro privado Colegio Estudio, de Vigo (Pontevedra).

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado Colegio Estudio, de Vigo (Pontevedra), en solicitude de cesamento de actividades no dito centro.

Resultando que o antedito centro privado obtivo, por Orde do 9 de novembro de 1987, a autorización defintiva para dúas unidades de educación preescolar, por Resolución de 20 de agosto de 1992 amplíaselle unha unidade; e por Orde do 27 de novembro de 1980 obtivo a autorización definitiva para oito unidades de educación xeral básica.

Vistos o real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir en ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Autoriza-lo cesamento de actividades do centro privado que se ralciona no anexo da presente orde, quedando nulas e sen ningún efecto as disposicións que autorizan o funcionamento legal do devandito centro.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 1998

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO:

Provincia de Pontevedra

Código do centro: 36015731

Concello: Vigo

Enderezo: Gran Vía, 67

Denominación: Colegio Estudio

Titular: Colegio Estudio, Sociedad Limitada

Autorización do cesamento de actividades do centro.

891