Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Xoves, 05 de febreiro de 1998 Páx. 1.126

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 10 de novembro de 1997, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se resolve a clasificación dos montes Castro e outros, da parroquia da Canicouva (concello de Pontevedra).

Para os efectos previstos no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise constar que:

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais de Pontevedra dictou a seguinte resolución:

Na cidade de Pontevedra, ás dezasete horas do día tres de novembro de mil novecentos noventa e sete, nos locais da delegación provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, logo da citación para o efecto reúnese o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común coa asistencia das seguintes persoas:

Presidente: José Luis Díez Yáñez.

Vicepresidente: José J. Barreiro Prado.

Vocais:

Teodoro Arribas Serrano.

Luis Mª Muíños Vidueira.

Serafín Quinteiro Blanco.

Vocais representantes da parroquia da Canicouva. Pontevedra.

José Parada Carballo.

José Javier Fernández Sabajanes.

Secretaria: Ramona C. Fernández Álvarez.

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O presidente da Comunidade de Montes da parroquia de San Estevo da Canicouva, do concello de Pontevedra solicitou con data do 14-2-1995, a clasificación como veciñais en man común dos montes Castro, Penduradas e Carballeira das Chans.

Segundo.-O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais na súa reunión con data do 4-4-1995, acordou inicia-los trámites para a clasificación dos referidos montes, así como a remisión do expediente ó Servicio de Montes e Industrias Forestais para o seu estudio e informe.

Terceiro.-Cumprida e observada a tramitación legal e regulamentariamente esixida, ninguén se formulou oposición no presente expediente á cualificación instada polo presidente da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de Santo Estevo da Canicouva e, mesmo o rexistrador da propiedade certificou que as parcelas Monte Castro, Penduradas, e Carballeira das Chans, non aparecen inscritos en dominio nin posesión a nome de ningunha persoa.

Cuarto.-Os montes obxecto do expediente de clasificación obedecen á seguinte descrición:

Concello: Pontevedra.

Parroquia: A Canicouva.

-Nome do monte: Monte Castro.

Cabida: 40.972 m.

Lindes:

Norte: predios particulares.

Leste e sur: parroquia de Pontesampaio e estrada de Castro a Pontesampaio.

Oeste: predios particulares.

-Nome do monte: Penduradas.

Cabida: 42.684 m.

Lindes:

Norte: predios particulares.

Leste: predios particulares e camiño de Santiago.

Sur: predios particulares.

Oeste: concello de Vilaboa.

-Nome do monte: Carballeira das Chans.

Cabida: 18.572 m.

Lindes:

Norte: predios particulares.

Leste: predios particulares e concello de Vilaboa.

Sur: predios particulares e concello de Vilaboa.

Oeste: pedios particulares.

Fundamentos de dereiro.

I. Trátase en realidade de tres parcelas de terreo forestal que veñen sendo aproveitadas polo común dos veciños a xeito de esquilmo, dúas delas rasas e a outra con arboredo xove de eucalipto, da seguinte superficie: Monte Castro, 40.972 m; Penduradas, 42.684 m; e Carballeira das Chans, 18.752 m.

Na derradeira das nomeadas parcelas do monte existe un enclave de case que 0,5 has perfectamente delimitado por un muro de pedra que pertence a diversas persoas.

II. Se ben á vista da planimetría que consta no expediente de clasificación dos montes Pedra Miranda e Saramagoso e que deu lugar á resolución do xurado con data do 11-12-1981 se pode apreciar unha superposición da superficie do monte Pedra Miranda coa do monte Penduradas; esta coincidencia non se produce na realidade física, obedecendo soamente a un erro de situación no plano do monte Pedra Miranda que debería situarse a uns 600 m máis ó norte e alleo ó monte Penduradas.

III. En consideración, pois, a tales antecedentes e consonte o disposto fundamentalmente, tanto no artigo 1 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, como no artigo 1 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, segundo os cales cómpre entender por monte veciñal en man común os terreos radicados na Comunidade de Galicia que, con independencia da súa orixe, a súas posibilidades productivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan ás agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e os veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidades, sen asignación de cotas, os membros daquelas na súa condición de veciños, abofé que procede estimar parcialmente a solicitude que deu orixe á incoación do presente expediente.

Vistos os preceptos legais e regulamentarios de xenérica e específica aplicación ó caso examinado, este xurado provincial por unanimidade acorda:

Clasificar como veciñal en man común o Monte Castro, Monte Penduradas e Monte Carballeira das Chans, sitos todos eles na parroquia da Canicouva, do concello de Pontevedra correspondéndose coa planimetría elaborada para o efecto polo Servicio de Montes e Industrias Forestais e que forma parte inseparable da presente resolución, e de acordo coa seguinte descrición:

-Nome do monte: Monte Castro.

Cabida: 35.742 m.

Lindes:

Norte: predios particulares.

Sur: parroquia de Pontesampaio.

Leste: parroquia de Pontesampaio e propiedades particulares.

Oeste: predios particulares.

Descrición do perímetro.

Comezando polo extremo máis oriental nun camiño de subida ó monte situado a 30 metros por debaixo dun depósito de augas, punto de intersección coa liña parroquial de Pontesampaio, e continuando en dirección oeste, lindando coas propiedades de José Cal González e María Conde Currás, ata que se encontra coa propiedade de María Pazos Rodiño, onde o límite se dirixe en dirección sur, lindando coas propiedades de María Pazos Rodiño, Manuel Conde Míguez e Argentina Noval Taboada; alí atópase co límite parroquial de Pontesampaio, onde o límite toma dirección noreste, subindo e pasando polo pico alto do castro e baixando polos laterais do antedito depósito, ata concluír no punto de partida.

-Nome do monte: Penduradas.

Cabida: 42.684 m.

Lindes:

Norte: predios particulares.

Leste: predios particulares e Camiño de Santiago.

Sur: predios particulares.

Oeste: concello de Vilaboa.

Descrición do perímetro.

Comezamos no punto situado máis ó norte que está definido pola integración dun muro co límite do concello de Vilaboa. Desde este punto dirixímonos ó sur todo polo límite de concellos ata tocar coa propiedade de José Ramón Conce Naval, onde nos diriximos cara ó leste seguindo esta propiedade e a de María Pazos Rodiño, continuando o límite polo lindeiro do monte de Pontesampaio ata un camiño denominado Camiño de Santiago, onde toma dirección norte ata atopa-las propieades de Argentina Noval Taboada, Manuel Conde Míguez e María Pazos Rodiño, finalizando no punto de partida.

-Nome do monte: Carballeira das Chans.

Cabida: 13.572 m.

Lindes:

Norte: predios particulares.

Este: predios particulares e concello de Vilaboa.

Sur: predios particulares e concello de Vilaboa.

Oeste: predios particulares.

Descrición do perímetro.

Comezamos no punto situado máis ó norte que é un marco do límite co concello de Vilaboa. De alí

dirixímonos en dirección SO ata o muro do predio de José Manuel Ríos Sabajanes e seguindo con este ata atopar novamente o límite de concellos, y seguindo esta liña ata que toma dirección sur polo muro do predio de Carmen Parada Carballo e Asunción Portela Carballo, torcendo posteriormente en dirección oeste polo muro do predio de María Inés González Ríos; posteriormente toma dirección norte polo muro do predio de José Manuel Ríos Sabajanes e María Inés González Ríos ata chegar o punto de partida.

Así mesmo, os membros do xurado acordan de xeito unánime excluír da clasificación como monte veciñal en man común, dentro do monte Castro, a superficie comprendida entre a estrada de Castro a Pontesampaio, ata o punto de intersección do camiño de subida ó depósito coa liña parroquial, así como o resto da superficie situada na parroquia de Pontesampaio nunha extensión de 5.230 m.

E igualmente os membros do xurado acordan de maneira unánime excluír da clasificación como monte veciñal en man común o enclavado de case 0,5 has que co seu correspondente acceso existe dentro da parcela denominada Carballeira das Chans.

Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, desde a notificación desta ante a Sala do Contensioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 58 da Lei reguladora da antedita xurisdicción en relación co artigo 12 da Lei 13/1989, do Parlamento de Galicia, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común e o artigo 28 do seu regulamento aprobado por Decreto 260/1992, do 4 de setembro, modificados ámbolos preceptos pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 10 de novembro de 1997.

José Luis Díez Yáñez

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra

98-452