Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Xoves, 05 de febreiro de 1998 Páx. 1.123

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 1998, da Dirección Xeral de Industria, pola que se aproba o proxecto de execución e se autoriza a Enagás, S.A. a instalación da rede de distribución de gas natural para usos industriais en Santiago de Compostela, addenda II (tramo II).

Vistos os escrito e documentación presentados pola empresa Enagás, S.A., con domicilio para efectos de notificacións en Avda. de América, nº 38, 28028 Madrid, esta dirección xeral ten en conta os seguintes feitos

Primeiro.-Con data 12 de marzo de 1993, a Consellería de Industria e Comercio otorgou a Enagás, S.A. a concesión administrativa para a conducción e subministración de gas natural para usos industriais en diversos termos municipais da provincia da Coruña, entre eles o de Santiago de Compostela.

Segundo.-Con data 1 de setembro de 1997 esta dirección xeral aprobou o proxecto de execución e autorizou as instalacións recollidas no proxecto de addenda á

rede de distribución de gas natural para usos industriais en Santiago de Compostela, tramo I.

Terceiro.-Con data 29 de agosto de 1997, a referida empresa solicitou, ó abeiro do establecido na Lei 10/1987, do 15 de xuño, no artigo 9 do Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles e para os efectos previstos no artigo 20 deste en relación co Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, a aprobación do proxecto de execución denominado gasificación de Galicia, rede de Santiago de Compostela: addenda II, e a autorización das instalacións descritas nel, xuntando a dita solicitude o preceptivo proxecto de instalacións, que foi redactado conforme o esixido polo Regulamento de redes e acometidas de combustibles gasosos, aprobado por orde do Ministerio de Industria do 18 de novembro de 1974, modificado por ordes do Ministerio de Industria e Enerxía do 26 de outubro de 1983, do 6 de xullo de 1984 e 9 de marzo de 1994.

As características técnicas básicas das instalacións serán as seguintes:

-A modificación do trazado afecta ó termo municipal de Santiago de Compostela, sendo a lonxitude estimada do tramo afectado de 13.973 m, o que supón un incremento de 803 m respecto ó proxecto original.

-A calidade do aceiro utilizado nas conduccións será do tipo API-5L-Gr.B para as conduccións das redes, con diámetros de 12'' a 2'' en función das condicións da explotación, dotadas de revestimentos externos e dispositivos de protección catódica, sendo a presión máxima do gas natural de 16 bar.

-As conduccións foron deseñadas para transportar un caudal de 7.150 Nm3/h.

O orzamento total do tramo II ascende a 215.890.196 ptas., sufrindo un incremento de orzamento de 10.999.190 ptas.

Carto.-O proxecto, junto coa relación de bens e dereitos afectados, foi sometido a información pública, sendo publicado no Diario Oficial de Galicia do 24 de outubro de 1997, no BOP da Coruña do 10 de outubro de 1997 e no xornal La Voz de Galicia do 3 de outubro de 1997 e exposto, igualmente, nos taboleiros de anuncios da Casa do Concello de Santiago de Compostela e da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña.

Quinto.-Durante o período legalmente establecido recibíeronse as seguintes alegacións:

1) José de la Fuente Martínez, propietario do predio C-SA-1380/57V, manifesta que no predio afectado sitúanse varias edificacións con destino a vivenda habitual, existendo ademais un encanamento subterráneo de auga potable que atraviesa o predio de norte a sur, polo que o trazado proxectado, que cruza o predio de leste a oeste e pola metade, impide, tanto o cultivo do terreo, que actualmente se destina a labores agrícolas de autoconsumo, como a futura edificación do terreo. Neste sentido solicita que se modifique o proxecto presentado co fin de que o encanamento discorra por outro predio que linda ó sur coa anterior e que é tamén da súa propiedade, e na que a servidume de paso cau

saría un menor perxuízo ós seus intereses e ós xerais, por canto se evitaría cruza-las canalizacións por núcleo urbano.

2) Mercedes Salgado Martínez, propietaria dos predios C-SA-1359V e C-SA-1360V, manifesta que o trazado pasa polo medio dos seus predios dividíndoos pola metade, polo que solicita que se modifique o proxecto orixinal co fin de que o encanamento discorra 15 m máis ó norte por un camiño de servidume comunitario.

3) Santiago Anido González, no seu nome e en representación da comunidade hereditaria de Urbano Rosendo Cipriano Anido González e de Carmen Antonio González Sanmartín, manifesta que a comunidade que representa é propietaria dun predio situado no lugar de Volta o Castro-Xesteira que se ve afectada polo trazado do gasoducto quedando dividido en dúas partes iguais, o que impediría a súa explotación industrial ou a través de plantacións, construcción de vivendas ou outros fins, polo que propón que a conducción se desprace ou ben á marxe do predio que linda co leito do río Sar ou ben pola marxe do predio que linda cun camiño de servicio da autovía.

4) O Concello de Santiago de Compostela expón que os predios C-SA1210/2V, C-SA1210/3V, C-SA1210/4V, C-SA1210/6V e C-SA1210/7V, que aparecen na relación de bens e dereitos a nome do Consorcio de Santiago, son en realidade da súa propiedade, polo que solicita que sexa recoñecido como tal.

As alegacións foron remitidas á empresa beneficiaria.

Sexto.-Con data 8 de setembro de 1997 a Dirección Xeral de Industria remitiu ós distintos organismos afectados pola construcción do referido proxecto as separatas técnicas correspondentes, co fin de que emitisen o preceptivo informe, significándolles que, de non recibir resposta no prazo de trinta días, contados desde a recepción, entenderíase emitido en sentido favorable.

Sétimo.-A solicitude obxecto deste expediente está informada favorablemente pola Delegación Provincial da Coruña.

Fundamentos de dereito

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente de acordo co Estatuto de autonomía de Galicia, co Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, co Decreto 132/1982, do 4 de novembro e co Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polos Decretos 140/1991, do 2 de maio, 292/1995, do 3 de novembro e 187/1997, do 3 de xullo, en relación coa citada Lei 10/1987, do 15 de xuño, cos Decretos 2913/1973, do 9 de decembro e 1775/1967, do 22 de xuño, e en virtude do establecido no acordo do Consello da Xunta de Galicia do 6 de maio de 1993, polo que se designa a Consellería de Industria e Comercio como órgano por razón da materia para a tramitación da unidade de expediente e resolución única do procedemento.

Segundo.-O proxecto cumpre coas exixencias regulamentarias fixadas no citado Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, así como as normas ou regulamentos que as desenvolven, e o Regulamento de redes e acometidas de combustibles gasosos aprobado pola orde do Ministerio de Industria do 18 de novembro de 1974,

Terceiro.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación a elas por parte da empresa Enagás, S.A. e do resto da documentación que consta no expediente, queda de manifesto que:

1) Non se pode acepta-la alegación presentada por José de la Fuente Martínez, xa que a variación do trazado afectaría a outros propietarios, as edificacións dos cales estarían igualmente próximas. Por outra banda, a servidume de paso que se impón é unicamente do encanamento enterrado, restituíndose posteriormente o terreo ó seu estado inicial e quedando o predio apto para o seu posterior cultivo. Non obstante, no caso de ser necesario, Enagás, S.A. realizará a obra empregando pista invertida co fin de que non se afecte a edificación do alegante.

2) Debemos desestima-las alegacións presentadas por Mercedes Salgado Martínez e por Santiago Anido González, xa que a instalación do encanamento non divide ningún predio, por canto unha vez enterrado, o terreo restitúese ó seu estado inicial quedando apto para o seu posterior cultivo, non xustificándose as variacións de trazado propostas.

3) Procédese a rectifica-la relación de bens e dereitos no sentido sinalado polo Concello de Santiago de Compostela, con quen se entenderán as sucesivas dilixencias.

Terceira.-Enagás procederá a realiza-los cruzamentos e afeccións a organismos públicos de acordo cos condicionados e informes realizados ou, se é o caso, pendentes de realizar.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

-Outorgar a Enagás, S.A. a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución das instalacións que se recollen no proxecto da rede de distribución de gas natural para usos industriais de Santiago de Compostela, addenda II, no tramo delimitado polo vértice VS-24 e o remate desta, de acordo coas seguintes condicións:

Primeira.-As instalacións deberán realizarse conforme ás especificacións e planos do proxecto que se aproba.

Segunda.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten ós datos básicos do proxecto será necesaria a autorización desta Dirección Xeral de Industria. Así mesmo, a Delegación Provincial de Industria e Comercio na Coruña poderá autoriza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultade.

Terceira.-En todo momento deberá cumprirse canto establece o Regulamento de redes e acometidas de com

bustibles gasosos, aprobado por orde do Ministerio de Industria do 18 de novembro de 1974, modificado polas ordes do Ministerio de Industria e Enerxía do 26 de outubro de 1983, 6 de xullo de 1984 e 9 de marzo de 1994, así como as instruccións técnicas complementarias ITC-MIG 5.2. Canalizacións de transporte e distribución de gas en alta presión A e ITC-MIG 6.1. Acometidas de gas en alta presión, aprobadas pola Orde do 26 de outubro de 1983 e modificadas pola do 6 de xullo de 1984, normas UNE e demais normativas e directrices vixentes.

Cuarta.-Os materiais e instalacións eléctricas deberán cumpri-lo disposto no Regulamento electrotécnico de baixa tensión e as súas instruccións técnicas complementarias, así como a norma UNE 20.322-86: Clasificación de localizacións con risco de explosión debido á presencia de gases, vapores e néboas inflamables. A localización de canalizacións deberá realizarse segundo o establecido na norma UNE 60-302. As zonas de seguridade e coeficientes de cálculo estarán de acordo co establecido na norma UNE 60-305, debendo así mesmo establecerse dispositivos que limiten a presión nas canalizacións ós valores máximos de servicio autorizados.

Quinta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións será de seis meses contados desde a data en que exista posibilidade legal de ocupación física dos predios afectados, podendo solicitar prórroga, no caso necesario, logo da oportuna xustificación.

Sexta.-A Delegación Provincial de Industria e Comercio na Coruña deberá realizar durante as obras e unha vez rematadas estas, as comprobacións e probas que considere necesarias en relación co cumprimiento das condicións xerais e específicas establecidas.

Séptima.-O peticionario manterá informada á Delegación Provincial de Industria e Comercio na Coruña de calquera incidencia que se poda producir durante a execución das obras e tambén das datas e fases previstas para a realización de probas e controis regulamentarios, todo isto con antelación suficiente, acreditando posteriormente perante a citada delegación provincial que os ensaios previstos foron realizados por entidades ou persoas legalmente facultadas e co resultado satisfactorio.

Ó remata-las obras remitirase á dita delegación provincial o certificado final de dirección de obra, asinado por técnico competente, que acredite que as instalacións cumpren as condicións técnicas e prescricións regulamentarias que lle son de aplicación e que se axustan ó proxecto aprobado e/ou, se é o caso, ás modificacións autorizadas, xuntando as actas e certificacións das probas e controis regulamentarios. A delegación provincial, logo do informe do técnico designado pola dita delegación espedira, se procede, a acta de posta en marcha da instalación.

Octava.-Os cruzamentos especiais ou outras afeccións a bens de dominio público realizaranse de conformidade cos condicionados técnicos impostos polos organismos afectados.

Novena.-O peticionario asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construcción e despois da súa posta en servicio co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Décima.-Para a seguridade das instalacións a que se refire a presente autorización establécense as seguintes afeccións en relación cos elementos que se mencionan:

Un.-Expropiación en pleno dominio dos terreos sobre os que se van construí-las instalacións fixas en superficie.

Dous.-Para as canalizacións:

A) Imposición de servidume permanente de paso nunha franxa de terreo de 4 m de largo para o ramal de transporte e 2 m de largo para as redes de distribución, por onde discorrerá enterrado o encanamento ou encanamentos que se requiran para a conducción do gas. Esta franxa estará suxeita, por razóns de seguridade ás seguintes limitacións de dominio:

1. Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares a unha profundidade superior a 50 cm, así como de plantar árbores ou arbustos, a unha distancia inferior a 2 m, contado desde o eixe do encanamento.

2. Prohibición de realizar calquera tipo de obras ou efectuar ningún acto que puidera danar ou perturba-lo bo funcionamento das instalacións, a unha distancia inferior a 10 m do eixe do trazado para o ramal de transporte e 5 m do eixe do trazado para as redes de distribución, a un e outro lado deste. Esta distancia poderá reducirse sempre que se solicite expresamente e se cumpran as condicións que en cada caso fixe o órgano competente da Administración.

3. Libre acceso do persoal e equipos necesarios para poder manter, reparar ou renova-las instalacións con pagamento, se é o caso, dos danos que se ocasionen.

4. Posibilidade de instala-los fitos de sinalización ou delimitación e os tubos de ventilación, así como as obras superficiais ou subterráneas que sexan necesarias para a execución ou funcionamento das instalacións.

B) Ocupación temporal dos terreos necesarios para a execución das obras, da zona que se reflicte para cada predio nos planos parcelarios de expropiación e na que se fará desaparecer todo obstáculo, así como realiza-las obras necesarias para o tendido e instalación da canalización e elementos anexos, executando as obras ou operacións precisas para os ditos fins.

Décimo primeira.-A compañía operadora deberá ter un programa de vixilancia, inspección e control para observa-las condicións en que se encontran as canalizacións, debendo manter unha central de avisos atendida permanentemente e dispor dun plan de emerxencia escrito que describa a organización e actuación de medios humanos e materiais propios nas situacións de emerxencia. Así mesmo deberá facilitar ós servicios de bombeiros, concello e organismos con competencias en materia de protección civil, copias dos planos de situación das canalizacións e características destas. Esta

documentación será copia da que debe ter actualizada en arquivo a compañía operadora durante o período de explotación, de acordo co establecido no Regulamento de redes e acometidas de combustibles gasosos e demais disposicións complementarias e modificadoras.

Décimo segunda.-A autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias de competencia de outros organismos ou entidades públicas, necesarios para realiza-las instalacións aprobadas.

Decimo terceira.-A Administración reserva para si o dereito a deixar sen efecto a presente autorización por calquera das causas sinaladas polo artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións estipuladas, pola facilitación de datos inexactos, pola extinción da concesión da que dimana ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse, se é o caso, recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da notificación ou publicación, conforme o establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 1998.

Joaquín do Moral Crespo

Director xeral de Industria

436