Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Xoves, 05 de febreiro de 1998 Páx. 1.123

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/427-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Ada. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. O Marco.

Situación: Carral.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV de 0,467 km con orixe na L.M.T. San Marcos-Sigras-Carral, e final no C.T. O Marco, en conductor LA-56/54,6 mm sobre apoios de formigón. C.T. intemperie de 50 kVA 15.000/380-220 V no Marco. L.B.T. aérea de 0,25 km con orixe no C.T. O Marco, en conductor R.Z. sobre apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 26 de decembro de 1997.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

98-671