Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Xoves, 05 de febreiro de 1998 Páx. 1.128

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 11 de decembro de 1997, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador S-28/96 por infraccións en materia sanitaria.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, cos datos e derradeiro enderezo coñecido, a proposta de resolución do expediente sancionador S-28/96 por infraccións en materia

sanitaria, iniciado na Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Fáiselle saber que, de acordo co artigo 19 do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto polo, que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, dispón do prazo de 15 días, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación, para alegar canto considere necesario na súa defensa.

Para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, expido, asino e selo a presente cédula, en Santiago de Compostela o 11 de decembro de 1997.

Juan Jesús Gestal Otero

Director xeral de Saúde Pública

ANEXO

Expediente: S-28/96.

Denunciado: Cárnicas González, S.L.

Derradeiro enderezo coñecido: Praza da Independencia 5 6ºD, Vigo, Pontevedra.

Feito denunciado: infracción en materia sanitaria.

Precepto infrinxido: L. 14/1986 (Xeral de Sanidade), anexo I do R.D. 1945/1983, Art. 2 apart. 2.4 do R.D.1945/1983, Art. 5 apartado h e i do R.D. 147/1993.

Precepto sancionador: Lei 14/1986 (Xeral de Sanidade), R.D. 1945/1983 (infraccións e sancións).

Sanción proposta: 2.500.001 ptas.

426