Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Mércores, 04 de febreiro de 1998 Páx. 1.059

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (90/1997-08).

María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, certifica: que neste xulgado se seguen autos de xuízo de faltas número 90/1997, sobre lesións e furto, nos cales recaeu sentencia, cun encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

En Santiago de Compostela, dezaoito de decembro de mil novecentos noventa e sete. José Gómez Rey, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis deste partido, pronuncia a seguinte sentencia.

Vistos os presentes autos de xuízo verbal de faltas nº 90/1997, seguidos neste xulgado sobre lesións e furto, nos que son partes, ademais do Ministerio Fiscal, en representación da acción pública, os denunciantes-denunciados Manuel Boo Romero, David Sanjuán Alonso e Cedric Cotos Lindecker.

Fallo que debo condenar e condeno a David Sanjuán Alonso e Cedric Cotos Lindecker como autores dunha falta de furto, á pena de multa dun mes para cada un deles, fixando o importe da cota diaria da pena de multa na contía de duascentas pesetas, e sinalando a responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas. Así mesmo, condénoos ó pagamento pola metade das custas procesuais.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado, para ante a audiencia provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación literal ós autos, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que así conste e lle sirva de notificación a Cedric Cotos Lindecker, en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o dezaoito de decembro de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado

439