Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Mércores, 04 de febreiro de 1998 Páx. 1.059

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (424/1997).

Eu, José Gómez Rey, maxistrado-xuíz de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Conpostela, fago saber que neste xulgado e co nº 424/1997, se segue por instancia de María Delia Landeira López expediente para a declaración de falecemento de Manuel e José Guldrís Lueiro, naturais de Calo, municipio de Teo, de onde foron veciños ata que se ausentaron para a República Arxentina aproximadamente no 1890, e hai máis de setenta anos que se carece de noticias deles e que se ignora o seu paradoiro. O que se fai público para que os que teñan noticias da súa existencia poidan poñelos en coñecemento do xulgado e ser oídos.

Dado en Santiago de Compostela o vintenove de outubro de mil novecentos noventa e sete.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O/A secretario/a

Rubricado

850