Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Mércores, 04 de febreiro de 1998 Páx. 1.059

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 1998 pola que se anuncia concurso aberto para a contratación, en réxime de concesión, do servicio de cafetería no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo.

Obxecto: contratación, en réxime de concesión, da xestión e explotación do servicio de cafetería no edificio administrativo da Xunta de Galicia, situado na Ronda da Muralla, 70, na cidade de Lugo.

Duración do contrato: un ano.

Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá solicitarse na Subdirección de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, sita na 2ª planta do edificio central do complexo administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela.

Fianza provisional: 600.000 pesetas.

Fianza definitiva: 1.200.000 pesetas.

Garantía complementaria: 1.200.000 pesetas.

Modelo proposición: o que figura como anexo ó prego de cláusulas administrativas.

Lugar e data límite de presentación de proposicións: no rexistro xeral da Xunta de Galicia, sito na planta baixa do edificio central do complexo administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, en sobre pechado, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, antes das 14 horas do día 2 de marzo de 1998.

Apertura de proposicións: en acto público, ás 10 horas do día 5 de marzo de 1998, na sala B de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública (semisoto do edificio administrativo central de San Caetano, Santiago de Compostela).

O importe dos anuncios será por conta do adxudicatario, debendo aboalo con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 1998.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública

98-454