Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Mércores, 04 de febreiro de 1998 Páx. 1.058

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (96/1997).

Eu, María Manuela García-Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela.

Dou fe: que no xuízo de menor contía que se segue neste xulgado co número 96/1997, se dictou sentencia, cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

Sentencia: en Santiago de Compostela o 9 de xaneiro de 1998, Ángel Pantín Reigada, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade, dictou a presente resolución no procedemento civil de menor contía seguido neste xulgado co nº 96/1997, no que actuaron como demandante Manuel Montes Pena, maior de idade e veciño de Teo, representado pola procuradora dos tribunais Soledad Sánchez Silva e asistido polo letrado Alberto Torreiro e, como demandados, José Manuel Liste Valdés e Concepción Blanco Codavid, con domicilio descoñecido, non comparecidos nas actuacións, en reclamación de cantidade.

Decido que, estimando a demanda presentada, debo condenar e condeno ós demandados a lle aboaren ó demandante a suma de 1.735.660 pesetas, e xuros dela desde a data do emprazamento, con

imposición das custas ós demandados. Contra esta resolución poderá interporse recurso de apelación perante a audiencia provincial neste xulgado polo prazo de cinco días desde a notificación.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Asinado. Rubricado.

E para que conste e lle sirva de notificación ós demandados rebeldes José Manuel Liste Valdés e Concepción Blanco Codavid, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o catorce de xaneiro de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

274