Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Mércores, 04 de febreiro de 1998 Páx. 1.058

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (276/1993).

Rosa Collazo Lugo, magistrada del Juzgado de Primera Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, fai saber que nos autos de xuízo verbal civil 276/1993-ch, sobre reclamación de cantidade, seguidos por instancia de Juan Antonio Lago Lago, representado pola procuradora Soledad Sánchez Silva, contra Jesús García del Río, se dictou a seguinte sentencia, con encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o vinte de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

Vistos por Rosa Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo verbal civil nº 276/1993, sobre danos causados por imprudencia con motivo da circulación, nos que é demandante Juan Antonio Lago Lago, maior de idade, baixo a representación procesual da procuradora Sánchez Silva, e coa dirección letrada de José López Fernández, aparecendo como parte demandada Jesús García del Río, igualmente maior de idade, baixo a defensa letrada de Ángel Fernández Rodríguez (seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito). Decido: que, desestimando a demanda presentada por Juan Antonio Lago Lago, debo absolver e absolvo a Jesús García del Río da pretensión contra el deducida; con expresa imposición de custas ó demandante. Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Jesús García del Río, demandado, asino e selo o presente edicto en Santiago de Compostela o dezaseis de decembro de mil novecentos noventa e sete.

A maxistrada

Rubricado

98-441